Jeremy Lin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeremy Lin
Jeremy Lin with the Knicks and reporters.jpg
Los Angeles Lakers – No. 17
Base
Información persoal
Nacemento 23 de agosto de 1988 (26 anos)
California Palo Alto, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso 91 kg (200 lb)
Instituto Palo Alto High School
Información da carreira
Universidade Harvard (2006–2010)
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Golden State Warriors (2010–2011)
Reno Bighorns (D-League)
Dongguan Leopards (2011) (China)
New York Knicks (2011–2012)
Erie BayHawks (D-League) (2012)
Houston Rockets (2012-2014)
Houston Rockets (2014-presente)
Información en nba.com

Jeremy Shu-How Lin (en chinés: 林書豪, pinyin: Lín Shūháo), nado o 23 de agosto de 1988 en Palo Alto, California é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Cunha alzada de 1,91 metros xoga na posición de base.

Despois de non recibir ningunha beca deportiva para continuar os seus estudos despois do instituto, ingresou na Universidade Harvard onde se graduou en económicas con boas notas. Posteriormente chegou a un acordo parcialmente garantido cos Golden State Warriors ao non ser drafteado. Lin é o primeiro xogador de orixe chinesa (República da China) en xogar na NBA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instituto[editar | editar a fonte]

No ano 2006, Lin guiou ao Instituto Palo Alto ao título estatal da División II da Federación Interescolar de California.[1] Foi incluído no mellor quinteto do estado e nomeado mellor xogador da División II do norte de California, finalizando o seu ano senior con medias de 15,1 puntos, 7,1 asistencias, 6,2 rebotes e 5 roubos de balón por partido.

Universidade[editar | editar a fonte]

Lin completou o seu período universitario na Universidade Harvard xogando cos Crimson.[2] Na súa segunda tempada (2007-08) fixo unha media de 12,6 puntos e foi incluído no segundo quinteto da Ivy League. No seu terceiro ano universitario, Lin foi o único xogador da División I da NCAA en manterse entre o dez primeiros da súa conferencia en anotación (17,8), rebotes (5,5), asistencias (4,3), roubos (2,4), tapóns (0,6), porcentaxe en tiros de campo (50,2), porcentaxe de tiros libres (74,4) e porcentaxe de triplas (40,0), e foi incluído no mellor quinteto da Ivy League.

Xa na súa última campaña (2009-10),[3][4] Lin consegiu unha media de 16,4 puntos, 4,4 rebotes, 4,5 asistencias, 2,4 roubos e 1,1 tapóns por partido, e formou parte de novo do mellor quinteto da Ivy League. Lin foi un dos trinta candidatos a metade de tempada do Premio John R. Wooden e un dos once finalistas para o Premio Bob Cousy. Tamén foi convidado ao Portsmouth Invitational Tournament. Lin recibiu unha gran atencion nacional pola súa actuación ante os Connecticut Huskies, contra quen anotou 30 puntos e recolleu 9 rebotes. Tralo partido, o adestrador de Connecticut e membro do Hall of Fame Jim Calhoun dixo de Lin:

Vin a moitos equipos aquí e podería xogar en todos eles. Ten unha gran compostura na cancha. Sabe como xogar.

Profesional[editar | editar a fonte]

Jeremy Lin.

Tras graduarse na Universidade Harvard, Lin non foi seleccionado por ningún equipo no Draft da NBA de 2010;[5] porén, uniuse posteriormente aos Dallas Mavericks para un minicampus, formando parte do equipo dos Mavericks na Liga de Verán da NBA en Las Vegas. Donnie Nelson, dos Mavericks, foi o único director deportivo que lle ofreceu unha invitación para xogar a Liga de Verán, polo que Lin declarou:

Donnie coidou de min, ten un tipo de visión diferente á maioría da xente.

En cinco partidos na liga de Verán, xogando tanto de base como de escolta,[6] Lin fixo unha media de 9,8 puntos, 3,2 rebotes, 1,8 asistencias e 1,2 roubos en 18,6 minutos e liderou ao equipo en porcentaxe de tiros de campo cun 54,5%. Lin recibiu ofertas para fichar polos Mavericks, Los Angeles Lakers e un equipo da Conferencia Leste que non transcendeu públicamente. Os Golden State Warriors unironse á poxa, fichando finalmente ao xogador por dous anos.

O 9 de decembro de 2011, os Warriors cortaron a Lin, e ao día seguinte fichou por Houston Rockets,[7] aínda que foi despedido antes de que comezase a tempada para facer un oco no seu cadro de xogadores para incorporar a Samuel Dalembert. O 27 de decembro de 2011, Lin asinou con New York Knicks.

Tras un comezo discreto en New York Knicks, comeza a destacar no equipo a comezos de 2012 tralas lesións de Carmelo Anthony e Amar'e Stoudemire, asinandotres bos partidos en tres vitorias consecutivas do seu equipo ante New Jersey Nets (25 puntos, 7 asistencias e 5 rebotes), Utah Jazz (28 puntos e 8 asistencias) e Washington Wizards (23 puntos, 10 asistencias e 4 rebotes) pasando a xogar de media 39 minutos por partido, fronte aos dous min que xogaba inicios de campaña. O 10 de febreiro de 2012, pon en pé ao Madison Square Garden tras unha exhibición ante Los Angeles Lakers de Kobe Bryant tras conseguir 38 puntos, 7 asistencias e 4 rebotes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]