Matthew Yglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMatthew Yglesias

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard (1999–2003)
Dalton School (pt) Traducir
Grace Church School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, economía e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , blogueiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
7 de xullo de 2020A Letter on Justice and Open Debate (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRafael Yglesias Editar o valor em Wikidata

Facebook: mattyglesias Twitter: mattyglesias Instagram: mattyglesias LinkedIn: matthew-yglesias-6ba5716 Flickr: 93467005@N00 Editar o valor em Wikidata

Matthew Yglesias, nado o 18 de maio de 1981, é un xornalista e blogueiro estadounidense especializado en economía e política, maioritariamente dende unha perspectiva socioliberal e progresista.[1][2] Yglesias escribiu columnas e artigos para medios como The American Prospect, The Atlantic e Slate. É columnista e editor de Vox, páxina web de Vox Media que cofundou en 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, Rafael Yglesias, é guionista e novelista. Os seus avós paternos foron os novelistas José Yglesias e Helen Bassine. O seu avó paterno era de ascendencia galego-cubana; os seus outros tres avós eran xudeus con orixes en Europa Oriental.[3]

Yglesias realizou os seus estudos secundarios na Dalton School de Nova York[4] e os seus estudos universitarios de filosofía en Harvard, onde se graduó magna cum laude. Foi editor en xefe do xornal semanal The Harvard Independent.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Matt Yglesias' $1.2 Million House Stokes Class Envy in Conservatives". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  2. "Matt Yglesias: A Case for Liberal Internationalism". 
  3. "The Myth of Majority-Minority America". slate.com. 22 de maio de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  4. "The Dalton Lacrosse Team". 
  5. "Matthew Yglesias".