Tai Chi Chuan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tanka-tsuba-p1010068 Rama 300.jpg


Tai chi chuan (en chinés: 太極拳, Tàijí quán), ás veces abreviado como Tai Chi, é unha arte marcial interna chinesa. Este estilo de arte marcial é recoñecido tamén como unha forma de meditación en movemento.

Principios[editar | editar a fonte]

Tai Chi con abanico

Os principios filosóficos do Tai Chi Chuan remiten ao Taoísmo e á Alquimia Chinesa. A relación de Yin e Yang, os Cinco Elementos, o Ba Gua (Oito Trigramas), o Libro das Mutacións (I Ching) e o Tao Te Ching de Lao Zi son algunhas das principais referencias para a comprensión dos seus fundamentos.

Os textos clásicos escritos polos mestres orientan a:
  • Vencer o movemento a través da quietude (Yi Jing Zhi Dong) 以靜制動
  • Vencer a dureza a través da suavidade (Yi Rou Ke Gang) 以柔克剛
  • Vencer o rápido a través do lento (Yi Man Sheng Kuai) 以慢勝快

A pesar de ter as suas raíces na antiga China, o Tai Chi Chuan é actualmente unha arte practicada en todo o mundo. É apreciado no occidente especialmente pola súa relación coa meditación e coa promoción da saúde, ofrecendo aos que viven no ritmo veloz das grandes cidades unha referencia de tranquilidade e equilibrio, así como de melloras para diversos problemas da saúde.

Os creadores do Tai Chi Chuan basearon a súa arte na observación da Natureza. Non só na observación dos animais, tamén no estudo dos principios da interacción entre os diversos elementos naturais.

Como somos parte desta natureza, o coñecimento destes principios e de como actuan dentro de nós, estudados pola Medicina Tradicional Chinesa, revelan o Tai Chi como unha fonte efectiva de enerxía que se encontra no noso interior, situada na rexión do corpo nomeada polos chineses de Dantian, e que está situada dous dedos por debaixo do embigo.

Maratón de Tai Chi en Barcelona
Mans no Dantian

Notas[editar | editar a fonte]