Fuzhou
Coordenadas: 26°04′34″N 119°18′23″E / 26.07611°N 119.30639°E
Fuzhou é unha cidade da República Popular China capital da provincia suroriental de Fujian. Situada na foz do río Min no estreito de Taiwan do Mar do Leste de China é un porto importante dende época antiga. Conta cunha poboación metropolitana de preto de 3.500.000 de habitantes (2010 censo; 7.115.370 na municipalidade de 12.177 km2).
Nun área poboada dende o neolítico e posteriormente polos pobos Yue (Min Yue), foi fundada no 202 antes da nosa era, na época Han, coma cidade amurallada co nome de Ye e renomeada coma Fuzhou no 725. Aberta ao mercado exterior en 1842 despois da primeira guerra do opio converteuse no principal porto da exportación do té. Trala independencia de Taiwan a cidade declinou ata o seu desenrolo industrial despois da conexión ferroviaria co norte do pais (1958). Dende 1984 coa súa declaración coma zona económica aberta as inversións estranxeiras estase a converter nunha moderna metrópole.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |