Doenza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
Unha enfermidade ou doenza é calquera condición anormal do corpo ou da mente que causa malestar, disfunción ou angustia, ben nunha persoa (máis en xeral, nun ser vivo) afectada ou ben incluso en persoas (seres vivos) en contacto con ela. Ás veces úsase este termo máis amplamente, incluíndo feridas, discapacidades, síndromes, síntomas, comportamentos desviados e calquera variación atípica da estrutura ou función do corpo ou da mente.
O estudo das enfermidades denomínase patoloxía, mentres que a medicina é un corpus do coñecemento máis amplo, abranguendo tanto o coñecemento das enfermidades como o seu tratamento.
[editar] Enfermidade vs. Síndrome
Na terminoloxía médica distínguese entre enfermidade, da que se coñece especificamente a causa ou causas (a "etioloxía" ), e síndrome, que consiste nun conxunto de síntomas que ocorren xuntos. Así e todo, hai enfermidades que se seguen a chamar síndrome aínda despois de se coñecer as causas; tamén ocorre o contrario: ás veces chámaselle "enfermidades" sen se coñecer a etioloxía (as causas).
[editar] Exemplos
Como exemplos de enfermidades poden citarse:
- Varíola
- Pneumonía
- Acondroplasia
- Herpes
- Escarlatina
- Malaria ou paludismo
- Febre amarela
- Peste e peste negra
- Lepra
- SIDA
- cancro
- esquizofrenia
- Alzhéimer
- Párkinson
[editar] Respiración
- Bronquite: enfermidade inflamatoria dos bronquios por bacterias (conleva dificultade ó respirar);
- Asma: estreitamento temporal dos condutos respiratorios (déficit de osíxeno);
- Tuberculose: enfermidade contaxiosa por bacterias que destrúen o tecido dos pulmóns;
- Arrefriado e gripe: infeccións moi contaxiosas das vías respiratorias producidas por virus e que sanan soas.
As doenzas físicas poden ser causadas por unha lesión, infección ou proceso dexenerativo do organismo. As doenzas infecciosas pódense contraer a través do aire, por obxectos contaminados, por contacto físico ou por inxestión dun alimento contaminado.
Causantes:
- fungos, (pé de atleta, candidiase);
- protozoos (malaria, toxoplasmose, amebiase);
- bacterias (tétano, pneumonía, diferia, salmonelose);
- virus (gripe, catarro, xarampón, rubéola, sida, hepatite)
Transmisión:
- Microorganismos habituais e oportunistas
- Habituais: acompáñannos sempre e son inofensivos
- Oportunistas: os que ocupan os mortos e poden provocar infeccións (patóxenos)
- Organismos vectores: pódenos chegar a través do aire, dun obxecto compartido, por contacto físico ou por medio dun animal. O vector será o que transmite a enfermidade.
- Contaxio epidemias e pandemias:
- Contaxio: proceso polo que os axentes patóxenos pasan dun individuo a outro.
- Epidemia: enfermidade infecciosa que se estende por unha zoa afectando cada vez a máis persoas.
- Pandemia: cando unha epidemia se estende a todo o mundo.
- Enfermidades de transmisión sexual
- Candidiase: mucosas vaxina
- Gonorrea: tecidos do aparato reprodutor e excretor
- Sífilis: aparello reprodutor (úlceras externas e lesións internas)
- Herpes xenital: chagas e ampollas no pene e vaxina
- Hepatite B e C: células do fígado
- Sida: células do sistema inmunitario
Tratamento:
- Fungos-funxicidas
- Bacterias-antibióticos
- Protozoos-sustancias químicas específicas
- Virus-anticorpos
- Prevención (vacinas). Para enfermidades víricas moi perigosas. E un preparado que contén os virus ou as bacterias causantes da infección, pero inactivados.
• Defensa
• Barreiras físicas: pel e mucosas principalmente
• Resposta inmunitaria inespecífica: fagocitos que poden saír do sangue
• Resposta inmunitaria específica: linfocitos recoñecen sustancias extrañas no noso corpo (linfocitos), o que fai que fabriquen anticorpos.
*Non infecciosas
• Metabólicas: defectos do organismo (falta, exceso…)
• Xenéticas (erros na información xenética)
• Dexenerativas (morte progresiva das células dun órgano)
• Autoinmunes (cando o organismo actúa contra si mesmo)
• De proliferación celular (as células reprodúcense en exceso, tumor.)
*Lesións
• Morte celular por
o Deficiencias metabólicas
o Falta de osíxeno
*Enfermidades mentais
*Enfermidades sociais
Prevención de enfermidades:
o Evitar infeccións (medidas profilácticas)
o Lavar ben as feridas e queimaduras e aplicar desinfectantes
o Non compartir utensilios propios
o Utilizar preservativos
o Evitar contacto con obxectos sucios
o Utilizar zapatillas de goma e o traxe de baño para a praia
o Evitar factores de risco:
o Evitar dietas desequilibradas
o Evitar o consumo de sustancias nocivas
o Adoptar hábitos saudables:
o Utilizar a luz axeitada
o Protexerse da radiación solar
o Seguir unha dieta variada
o Realizar exercicio físico que nos guste e que estea dentro das nosas posibilidades.
o Descansar o tempo necesario, cousa que non fago o elaborar estes p…….os resumes.
Accidentes, primeiros auxilios
o Respectar as normas de circulación vial
o Non manipular aparellos eléctricos estando descalzo
o Ser prudente ó utilizar ferramentas
o Empelar lentes protectoras
o Utilizar escaleiras en boas condicións
Que se debe facer ante…
o Queimaduras: mollar con auga fría, untar con crema ou aceite e tapar cunha gasa
o Feridas con hemorraxia: desinfectante, tapar con gasa, se non para apretar forte.
o Golpes e traumatismos: inmobilizar o membro e acudir ó médico
o Insolación: levala a unha zoa fresca e de sombra, mollarlle a cabeza sentala ou deitala de lado e hidratala.
Doazóns:
o Autotrasplante: cando se utilizan tecidos ou células do mesmo paciente
o Xenotrasplante: cando estes son de orixe animal.
• Células: espermatozoides e óvulos
• Tecidos: sangue (transfusións), médula ósea, epitelial…
• Órganos: corazón, fígado, riles, pulmóns, páncreas…
• ONT- coordina a doazón e transplante de órganos en España.
Problemas: rexeitamentos, cando confunde o transplante como axente infeccioso e contaxio de enfermidades que veñen no transplante.
Sen seren enfermidades senón disfuncións atópanse:
- A cegueira ou a xordeira conxénitas
- As amputacións
- Calquera enfermidade mental (tic, psicose, neurose, dobre personalidade, esquizofrenia, trastorno bipolar, manía)
- As disfuncións mentais (idiocia, imbecilidade, síndrome de Down, alexia, dislexia, afasia, disfasia, apraxia) ou sociais