Auga potable
Denomínase auga potábel á auga que pode ser consumida por persoas e animais sen risco de contraeren enfermidades. O termo aplícase á auga que foi tratada para o seu consumo humano segundo unhas normas de calidade promulgadas polas autoridades locais e internacionais.
Índice |
Estado Español [editar]
En España, a normativa que regula as características e controis da auga potábel e da súa subministración é o Real decreto 140/2003[1], que estabelece valores máximos e mínimos para o contido en minerais, diferentes ións como cloruros, nitratos, nitritos, amonio, calcio, magnesio, fosfato, arsénico, etc., ademais dos límites máximos dos xermes patóxenos. O pH da auga potábel debe de estar entre 6,5 e 8,5. Os controis sobre a auga potábel adoitan ser máis severos ca os controis aplicados sobre as augas minerais embotelladas.
Notas [editar]
- ↑ Esta norma traslada ó dereito español a Directiva Europea 98/83/CE, de 3 de novembro de 1998.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro, polo que se estabelecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 45, de 21.02.2003) [1]