Mongolia - Монгол Улс
| Mongolia Монгол улс Mongol uls Mongγol ulus |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A República de Mongolia é un país de Asia, encravado entre Rusia e mais China. A súa capital é Ulán Bátor (Ulaanbaatar), a lingua oficial é o khalkha e a moeda o tugrik. Posúe unha extensión de 1.565.000 km² e unha poboación estimada no 2006 de 2.832.224 habitantes. Fai parte da rexión de Mongolia.
Índice |
Historia [editar]
No século XIII, Xenxis Khan unifica as tribos mongois e crea un imperio, obra seguida polos seus sucesores Ögödei, Güyük, Mönkh e Khubilai. Este imperio comeza a recuar no 1386, coa perda da China. No século XV, baixo o reino de Altan Khan, os Mongois convértense ao budismo tibetano. Un século máis tarde, caen baixo a dominación dos Manchús, que conquistan tamén China. O seu país foi transformado en dúas provincias chinesas, a Mongolia interior e a Mongolia exterior. A independencia de Mongolia exterior foi declarada no 1921 á calor dunha revolución liderada por Sukhbaatar; mais tivo goberno independente ata 1924, cando se declarou a República popular mongol co sostén da URSS.
Durante a Segunda Guerra Mundial, os aliados sovieticos defenden Mongolia fronte ao Xapón. O 20 de outubro de 1945, por referendo, os mongois votan pola independencia de China (97,8 % de si; 98,4 % de participación).
A República popular mongol foi recoñecida á vez pola República de China e maila República Popular China. O país achégase porén aos soviéticos no 1958 e ten numerosas bases soviéticas durante a Guerra fría. Mongolia entra na ONU no 1961.
En 1990, o partido comunista relaxa o seu control sobre o goberno. No 1992, a República Popular é substituída por un estado mixto, entre sistema parlamentario e sistema presidencial.
Xeografía [editar]
A máis grande parte do país está constituída por estepas. Porén, o Deserto do Gobi recobre unha parte do sur do país, mentres que ao norte e ao oeste, atópanse as rexións montañosas de bosques frondosos.
O clima presenta unha acusada oscilación térmica estacional, con moita calor en verán e extremadamente frío no inverno, con temperaturas baixando ata os -30 °C.
Política [editar]
O partido dominante en Mongolia é o Partido revolucionario do pobo mongol formado polos antigos comunistas mongois despois da Guerra fría. O principal partido de oposición é o Partido democrático que controlou unha coalición no poder entre o 1996 e 2000. Esta coalición non logrou nin manter a súa cohesión, nin arranxar os problemas económicos do país, polo que foi moi fortemente sancionada polos electores no 2000, que deron a vitoria ao PRPM cunha esmagante maioría. Durante as eleccións lexislativas do 2004, o PRPM e o Partido democrático obtiveron un número igual de cadeiras. A fin de que o desenvolvemento da Mongolia non sexa trabado por crises políticas, decidiron elaborar un programa común e formar un goberno de unión nacional.
Este estado ten un executivo bicéfalo, á cabeza do Estado hai un Presidente elixido e á cabeza do goberno un Primeiro ministro. O Parlamento chámase o Gran Hural, unha cámara composta de 76 asentos.
Nas eleccións de 22 de maio de 2005, o antigo Primeiro ministro Nambaryn Enkhbayar, candidato do PRPM, foi elixido presidente de República co 53,4 % dos sufraxios. O seu principal adversario, Mandsaikhanin Enkhsaikhan, candidato do Partido demócrata, obtivo o 20 %. Enkhbayar comezou o seu mandato á fin do mes de xuño do 2005 e substitúe ao presidente Natsagiyn Bagabandi, tamén do PRPM.
Demografía [editar]
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía de Mongolia.
A economía mongol está esencialmente centrada no petróleo, o carbón e o cobre. Atopase tamén un débil tecido de pequenas industrias do molibdeno, do tungsteno, e minas de fosfato. Despois de anos de economía de estado, o país ten encamiñado unha difícil transición cara a o economía de mercado. A maior parte das empresas sitúanse na cidade: fóra delas, a maior parte dos Mongois son nómades.
Mongolia entrou na Organización Mundial do Comercio no 1997. Exporta cachemir e dá alimentos a Rusia, a China, ao Xapón e a outros países.
Cultura [editar]
O canto difónico é propio da zona. Require do cantor que xere dúas notas á vez, unha máis alta ca outra.
Mapas e imaxes [editar]
-
Diagrama climático de Ulán Bátor
|
||||||||