Yuan Shikai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yuan Shikai

Yuan Shikai (en chinés tradicional: 袁世凱, en chinés simplificado: 袁世凯, en pinyin: Yuán Shìkǎi, en Wade-Giles: Yüan Shih-k'ai), nado o 16 de setembro de 1859, finado o 6 de xuño de 1916, foi un oficial militar e político chinés durante o final da dinastía Qing e a primeira época da República de China.

O seu nome de cortesía (字) foi Weiting (慰亭, a veces escrito tamén como 慰廷 ou 尉亭). O seu seudónimo hào (號) foi Rong'an (容庵).

Naceu na cidade de Zhangying, na provincia de Henan. Destacou na Primeira Guerra sino-xaponesa na que participou como comandante das forzas chinas estacionadas en Corea. En 1902, a Emperatriz Cixi nomeouno Ministro de Beiyang, zona que comprendía as actuais provincias de Hebei, Liaoning e Shandong.

Converteuse en Presidente da República de China no ano 1912, tras negociar con Sun Yat-sen, e impuxo un goberno de corte autoritario, chegando a autoproclamarse emperador o 12 de decembro de 1915, co nome de reinado de Hongxian ("Abundancia constitucional").

O novo Emperador era pai de tres fillos, dos cales só o primoxénito, o Príncipe Yuan Keding, gozaba da consideración de seu pai, mais debido a un accidente ficou inválido. O Emperador non tiña en especial estima aos outros dous, os príncipes Yuan Kewen e Yuan Keliang, aos que consideraba como "un falso erudito" e "un bandido" respectivamente.

Enfrontado cunha forte oposición que non aceptaba a restauración dun réxime monárquico, viuse obrigado a abandonar o trono o 22 de marzo de 1916, aínda que conservou o cargo de Presidente. Morreu dunha afección renal uns meses despois.