Jilin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jilin
Provincia de China
China Jilin.svg
Capital Changchun (3,341.000 hab.)
Área 187.400 km²
Poboación 27,462.297 hab.
Densidade 146 hab./km²

zh-Jilin.ogg Jilin é unha provincia da República Popular da China situada ao noreste do país del país, limita con Corea do Norte e Rusia ao leste, Heilongjiang ao norte, Liaoning ao sur, e Mongolia Interior ao oeste. No ano 2010 tiña unha pobación de 27.462.297 habitantes.

O topónimo "Jilin" podería vir de Girin ula, un termo manchú que se traduce como "ao longo do río", transcrito como Jilin wula (T: 吉林烏拉 / S: 吉林乌拉) ao chinés, e simplificado como Jilin, que literalmente en chinés é "bosque auspicioso".

Xeografía[editar | editar a fonte]

A zona de maior altitude de Jilin atópase no sueste, descendendo lenemente cara ao noroeste. Nas Montañas Changbai, na zona suroriental, sitúase o cumio máis alto da provincia, o monte Baiyun (2.691 metros). Outras cadeas montañosas son Jilinhada, Zhang Guangcai e Longgang. En Jilin hai diversas concas fluvials: as dos ríos Yalu e Tume (que forman a fronteira entre China e Corea do Norte no suoeste, as de diversos afluentes do río Liao na fronteira meridional e dos ríos Songhua e Nen, que desembocan no río Amur. El clima é continental monzónico con invernos longos e moi fríos e veráns curtos e cálidos. A temperatura media do mes de xaneiro obscila entre -20 °C e -14 °C. As precipitacións son escasas, cunha media de 350-1000 mm

División Administrativa[editar | editar a fonte]

Jilin divídese en 8 prefecturas e 1 prefectura autónoma.

Demografía[editar | editar a fonte]

Grups étnicos de Jilin, censo de 2000
Nacionalidade Poboación Percentaxe
Chineses han 24,348,815 90.85%
coreanos 1,145,688 4.27%
Manxús 993,112 3.71%
Mongois 172,026 0.642%
Hui 125,620 0.469%

Excluídos militares en servizo activo.


Historia[editar | editar a fonte]

Na antigüídade habitaban Jilin diversos pobos, como os Mohe e os Wuji. O reino de Balhae establecuse na zona o ano 698 e perdurou ata o 926, caendo sucesivamente nas mans da dinastía Liao dos Khitan, a Jin dos Jurchen e a Yuan dos mongois. Durante a dinastía Qing gran parte da zona estaba baixo o control do xeneral de Jilin, que gobernaba ata o Mar do Xapón. Nesta época a inmigración han estaba estrictamente controlada, o que vai mudar despois da cesión a Rusia de Primorie. O goberno Qing comezou a abrir a zona aos inmigrantes han, a maioría procedentes de Shandong, e ao comezar o século XX eran a etnia dominante na rexión. En 1932, Jilin incorporouse ao estado do Manchukuo que tiña como capital Changchun. Despois da derrota do Xapón en 1945 a rexión foi liberada polos soviéticos para os comunistas chineses, que a utilizaron como plataforma para ocupar o resto da China.

En 1949, a provincia de Jilin era moito máis pequena, abranguendo tan só os arredores de Changchun e a cidade de Jilin, onde estaba a capital. Nos anos cincuenta ampliouse ata a súa extensión actual. Durante a Revolución Cultural ampliouse de novo para incluír parte da Mongolia Interior, ata a fronteira con Mongolia, aínda que este cambio non durou moito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jilin

`