Shenzhen
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 22°32′N 114°6′E / 22.533°N 114.1°E
Shenzhen é unha cidade de China que linda polo sur con Hong Kong, na beira oriental do Delta do Río das Perlas. Esa estratéxica situación foi a causa de que en 1979 fose escollida coma primeira Zona Económica Especial, coa que as autoridades chinesas comezaron a abrir a economía do país ao capitalismo.
O éxito ten sido tal que, dunha pequena poboación pesqueira, en trinta anos converteuse nunha das maiores metrópoles do mundo, cunha poboación real estimada de máis de doce millóns de habitantes.