Río Amarelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Río Amarelo | |
|---|---|
{{{lenda}}} |
|
| Nacemento: | {{{nace}}} |
| Altitude da fonte: | {{{altitude da fonte}}} |
| Lonxitude: | 4.845km |
| Caudal medio: | |
| Conca: | {{{conca}}} |
| País: | China |
| Desemboca: | Mar de Bohai |
O Río Amarelo, tamén coñecido coma Huang He, é o segundo máis longo río da China, medindo 5.464 km, e ocupa unha conca de 752.000 km².
É de grande importancia para a economía chinesa pois o seu val ten terras fértiles, bos pastos e importantes xacementos minerais.
Foi nese río onde a civilización chinesa comezou. O nome Río Amarelo foi dado por causa do luor amarelo que lle dá.
[editar] Inicio da Civilización Chinesa
Os primeiros chineses probábelmente emigraron do sur, do val do Rio Mekong para o norte, establecéndose nas terras fértiles das proximidades do Río Amarelo. Nesta terra irrigada, os antigos chineses cultivaron painço, hortalizas e froitas nativas, sobretodo ao longo dos cursos alto e medio do río. No setor baixo do Río Amarelo, cultivábase arroz. Durante o terceiro milenio antes de Cristo, o excedente de produción favoreceu o establecemento de vilas permanentes, como Banpo e Erlitou, e logo a mediados daquel milenio había case que un continuo poboamento ao longo do río, asentando as bases da civilización.