Hangzhou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 30°15′N 120°10′E / 30.250°N 120.167°E / 30.250; 120.167

Hangzhou montage.png

Hangzhou é unha cidade da República Popular China capital da provincia de Zhejiang, sitúase 180 km ao suroeste de Shanghai, á beira do río Fuchun xusto antes da súa foz (co nome de río Qiantang) na baía de Hangzhou do Mar do Leste de China. Cidade históricamente importante (considerada unha das sete antigas capitais chinesas) conta cunha poboación de 8.100.000 habitantes (2009; concello de 16.847 km²).

Fundada en tempos da dinastía Qin (215 aC), terminal sur do Gran Canal (609) cando foi amurallada, acadou a súa importancia como capital da dinastía dos Song Meridionais (século XII-XIII) e foi visitada por Marco Polo, xa en tempos dos mongoles da dinastía Yuan, quen relatou o seu esplendor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]