Shanghai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 31°12′N 121°30′E / 31.200°N 121.500°E / 31.200; 121.500

Shanghai
上海 (en chinés)
Shanghai montage.png
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
China Shanghai.svg
País Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China
División administrativa 16 distritos, 1 condado
Vila 210 vilas e subdistritos
Xeografía
Altitude 4 msnm
Superficie 6.340,5 km²
Poboación
Poboación 23.710.000 hab. (2012)
Densidade 3.700 hab/km²
Información
Código postal 200000–202100
Alcalde Yang Xiong
Páxina web Páxina oficial de Shanghai
Vista do Bund dende a torre Jing Mao.

Shanghai (chinés:上海 Shànghǎi "sobre o mar") é a maior cidade da República Popular da China[1][2] e a maior cidade do mundo por poboación.[3] É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro,[4] e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.[5]. Está situada no litoral do Océano Pacífico, na boca do delta do , a beira dun brazo deste, o río Huangpu.

Localizada no delta do río Yangtzé na China oriental, Shanghai sitúase na boca do río Yangtzé na parte media da costa chinesa. O concello fai fronteira coas provincias de Jiangsu e Zhejiang polo norte, sur e oeste, e polo leste limita co Mar da China Oriental.[6]

Durante séculos, foi unha vila administrativa, de pesca e de comercio. A súa importancia medrou no século XIX debido ó recoñecemento europeo do seu potencial económico e da localización estratéxica do seu porto. A cidade foi aberta en numerosas ocasións ó comercio cos estranxeiros após da vitoria británica na Primeira Guerra do Opio e o subsecuente Tratado de Nanjing de 1842, que permitiu o establecemento da "Concesión Internacional de Shanghai". A cidade floreceu como centro do comercio entre oriente e occidente, e converteuse o indiscutible motor financeiro da Asia do pacífico durante os anos 1930.[7] Porén, coa chegada ó poder do Partido Comunista en 1949, o comercio foi reorientado cara os países socialista, e influencia global da cidade minguou. Na década de 1990, as reformas económicas introducidas por Deng Xiaoping deviron nun intenso crecemento da cidade, que permitiu o retorno de investimentos foráneos á cidade.[8]

Shanghai é un popular destino turístico, famoso polo seu patrimonio histórico como o Bund, o Templo Cidade de Deus e o Xardín Yu, así como a arquitectura de Lujiazui, o Museo de Shanghai e o Museo de Arte da China. Foi descrita como a "obra mestra" da puxante economía da China.[9][10]

Política[editar | editar a fonte]

Administrativamente, o municipio de Shanghai é un dos catro na China que ten estatuto de provincia. É gobernada directamente dende o executivo estatal.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia urbana de Shanghai.

A historia de Shanghai pode ser trazada ata o século XI. Tornouse un centro económico importante en 1842, coa abertura do porto aos estranxeiros. Foi criada unha zona internacional que funcionou á parte do resto da cidade ata 1941, data da ocupación xaponesa.

A súa importancia comezou a mediados do dezanove, ao abrirse China ao comercio exterior a través do seu porto, elixido pola súa estratéxica posición no Mar do Leste de China cara ao Pacífico.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Shanghai está irmandada coas seguintes cidades:

Puntos de interese[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chan, Kam Wing (2007). "Misconceptions and Complexities in the Study of China's Cities: Definitions, Statistics, and Implications". Eurasian Geography and Economics 48 (4): pp. 383–412. DOI:10.2747/1538-7216.48.4.383. http://courses.washington.edu/chinageo/ChanCityDefinitionsEGE2007.pdf. Consultado o 13 de setembro de 2011., p. 395.
  2. "What are China's largest and richest cities?". University of Southern California. http://china.usc.edu/(S(swqn0p55xbqmsu45cwso5lzy)A(IEcheuFczAEkAAAAODRlNTk2OTMtMDViMC00Yjk5LWFmZTgtODc1OTA1YWYxMDM4e9e8O7-g5_HYhuft0Huy7h2GlGg1))/ShowAverageDay.aspx?articleID=910.
  3. "Cities: largest (without surrounding suburban areas)". Geohive. http://www.geohive.com/earth/cy_notagg.aspx. Consultado o 13 de setembro 2011.
  4. "The Competitive Position of London as a Global Financial Centre". http://www.zyen.com/PDF/LCGFC.pdf.
  5. "Top 50 World Container Ports". http://www.worldshipping.org/about-the-industry/global-trade/top-50-world-container-ports/.
  6. "Geographic Location". Basic Facts. Shanghai Municipal Government. http://www.shanghai.gov.cn/shanghai/node23919/node24059/node24061/userobject22ai36489.html. Consultado o 14 de setembro de 2011.
  7. Scott Tong (outubro de 2009). "Shanghai: Global financial center? Aspirations and reality, and implications for Hong Kong". Hong Kong Journal. http://www.hkjournal.org/PDF/2009_winter/3.pdf. Consultado o 17 de outubro de 2011.
  8. "Historic Transformation". Shanghai.gov.cn. 27 de maio de 1949. http://www.shanghai.gov.cn/shanghai/node17256/node17432/node17433/userobject22ai24.html. Consultado o 11 de decembro de 2011.
  9. "Shanghai: China's capitalist showpiece". BBC News. 21 de maio de 2008. http://news.bbc.co.uk/2/hi/business/7373394.stm. Consultado o 7 de agosto de 2008.
  10. "Of Shanghai... and Suzhou". The Hindu Business Line. 27 de xaneiro de 2003. Arquivado do orixinal o 23 de maio de 2009. http://web.archive.org/web/20050819054503/http://www.thehindubusinessline.com/life/2003/01/27/stories/2003012700170300.htm. Consultado o 20 de marzo de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shanghai

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Danielson, Eric N. (2010). Discover Shanghai. Singapur: Marshall Cavendish.
  • Danielson, Eric N. (2004). Shanghai and the Yangzi Delta. Singapur: Marshall Cavendish/Times Editions. ISBN 981–232–597–2.
  • Elvin, Mark (1977). "Market Towns and Waterways: The County of Shanghai from 1480 to 1910," in The City in Late Imperial China, ed. by G. William Skinner. Stanford: Stanford University Press.
  • Johnson, Linda Cooke (1995). Shanghai: From Market Town to Treaty Port. Stanford: Stanford University Press.
  • Johnson, Linda Cooke (1993). Cities of Jiangnan in Late Imperial China. Albany: State University of New York (SUNY). ISBN 0-7914-1424-8.
  • Horesh, Niv (2009). Shanghai's Bund and Beyond. New Haven: Yale University Press.
  • Erh,Deke and Johnston, Tess (2007). Shanghai Art Deco. Hong Kong: Old China Hand Press.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]