Escarvadentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escarvadentes de madeira.

Un escarvadentes é un obxecto elaborado en madeira, plástico ou metal que se utiliza para retirar restos de comida dos dentes, ademais en restauración utilízase con profusión para servir os petiscos. O habitual é que unha ou as dúas extremidades estean afiadas para mellor inserirse nos dentes. Con probabilidade son as ferramentas de hixiene bucal máis antigas, apareceron escarvadentes de bronce en xacementos arqueolóxicos prehistóricos nos Alpes. A primeira máquina de fabricación de escarvadentes patentouse en 1872.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]