Tsung-Dao Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tsung-Dao Lee
Nacemento24 de novembro de 1926 e 25 de novembro de 1926
Lugar de nacementoShanghai County
NacionalidadeEstados Unidos de América, República da China e Taiwán
Alma máterUniversidade de Chequião, National Southwestern Associated University, Universidade de Chicago, Universidade Tsinghua, Universidade de Pequim e Nankai University
Ocupaciónfísico, profesor universitario e físico teórico
PaiTsing Kong Lee
FillosStephen Lee e James Lee
IrmánsRobert C. T. Lee
PremiosPremio Nobel de Física, Bolsa de estudos Guggenheim, Medalha Oskar Klein, Medalla Matteucci, Fellow of the American Physical Society, honorary doctor of the Peking University, honorary doctor of the Chinese University of Hong Kong e Great Immigrants Award
Na rede
http://tdlee.ccast.ac.cn/eindex.html
editar datos en Wikidata ]

Tsung-Dao Le (en mandarín: 李政道, nado en Xangai, China en 1926, é un físico norteamericano de orixe chinesa galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1957.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade chinesa de Xangai o 24 de novembro de 1926. Iniciou os seus estudos de física na Universidade de Zhejiang continuándoos na Universidade Nacional Asociada do Suroeste en Kunming. En 1946 realizou o doutoramento na Universidade norteamericana de Chicago, traballando en Enrico Fermi e Chen Ning Yang.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Xunto a Chen Ning Yang realizou investigacións ao redor da física nuclear, atopando incoherencias no principio de simetría e iniciando o desenvolvemento dunha teoría unificadora da natureza das partículas subatómicas e sobre as interaccións débiles. En 1957 recibiron o Premio Nobel de Física por estas investigacións, sendo os primeiros chineses en conseguir este galardón.

Posteriormente traballou en transicións da fase da mecánica estatística, na física condensada da materia así como na ecuación de Schrödinger.

Co establecemento de relacións entre os Estados Unidos e a República Popular da China Dao-Le puido viaxar até o seu país de nacemento, onde realizou unha serie de conferencias, creando o ano 1998 a Fundación Chun-Tsung Endowment Fund (en mandarín: 秦惠莙—李政道中国大学生见习基金) para promover bolsas para novos estudantes chineses.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.