Lingua chinesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Chinés
汉语/漢語 Hànyǔ, 中文 Zhōngwén'
Falado en: China Hong Kong, Macao, Singapur

Recoñecida coma lingua rexional en:

Illa Mauricio
Canadá
(Estatuto oficial na cidade de Vancouver, Columbia Británica)
Rexións: (maioritarias): Asia Oriental
(minoritarias): Sueste de Asia, e outras rexións con comunidades chinesas
Total de falantes: approx 1.176 millóns (1 millardo 176 mil millóns
Posición: Chinés: 1

Mandarín: 1
Wu: 12
Cantonés: 18
Min: 22
Hakka: 33
Gan: 42

Familia: Sino-tibetana
 Chinés
Códigos de lingua
ISO 639-1: zh
ISO 639-2: chi (B) zho (T)
ISO 639-3: varios:
zho — Chinés (xenérico)
cdo — Min Dong
cjy — Jinyu
cmn — Mandarín
cpx — Pu Xian
czh — Huizhou
czo — Min Zhong
gan — Gan
hak — Hakka
hsn — Xiang
mnp — Min Bei
nan — Min Nan
wuu — Wu
yue — Cantonés

O chinés (chinés simplificado: 汉语 / chinés tradicional: 漢語 /Pinyin: Hànyǔ; 华语/華語 / Huáyǔ; ou 中文 / Zhōngwén) é a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo Sino-tibetano[1]. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, principalmente debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual, o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden entre si. A principal e oficial na República de China é o mandarín estándar (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra de China é o cantonés.

As distintas linguas chinesas da China e Taiwán

Arredor dun quinto da poboación mundial, por riba de 1.000 millóns, falan algunha forma de chinés como lingua materna. De acordo cos novos informes de marzo de 2007, un 86% da xente na República Popular de China fala unha variante do chinés.[2] O mesmo informe indica que o 53%, 700 millóns, poden comunicarse eficazmente en mandarín estándar (normalmente chamado "mandarín"), superando a calquera outra lingua do mundo.

Trátase dunha lingua tonal, isto é, na que un mesmo conxunto de fonemas ten distinto significado en función do ton no que se emite. O chinés con caracteres que nalgún caso son ideogramas pero mais comunmente representan pronunciacións e composicións. Unha persoa escolarizada coñece uns 1.000 caracteres e unha culta uns 5.000. A escritura chinesa é a base da escrituras tradicionais coreana e xaponesa. O xaponés actual utiliza uns 2.000 kanji, caracteres chineses co mesmo significado pero distinta pronunciación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. *David Crystal, The Cambridge Encyclopedia of Language (Cambridge: Cambridge University Press, 1987) , p. 312. “A falta de intelixibilidade mutua das variantes é o principal fundamento para referirse a elas como linguas separadas.”
    • Charles N. Li, Sandra A. Thompson. Mandarin Chinese: A Functional Reference Grammar (1989), p 2. “A familia de linguas chinesas clasifícase xeneticamente como unha rama independente da familia de linguas sino-tibetana.”
    • Jerry Norman. Chinese (1988), p.1. “Os dialectos modernos do chinés son en realidade máis ben unha familia de linguas.
  2. http://big5.xinhuanet.com/gate/big5/news.xinhuanet.com/edu/2004-12/27/content_2383853.htm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua chinesa.
Galizionario
Vexa no Galizionario as palabras en Chinés.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

En español[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]