Boeing
| Tipo | pública |
|---|---|
| Fundación | 1916 |
| Localización | Chicago, Illinois |
| Fundador | William E. Boeing |
| Persoas clave | James McNerney (presidente e CEO) |
| Industria | aeroespacial, defensa |
| Produtos | Avións |
| Número de empregados | 174.225 (28 de xuño de 2012) |
| Páxina web | boeing.com |
The Boeing Company é un dos principais fabricantes de avións e equipos aeroespaciais do mundo. O seu nome completo é Boeing Commercial Airplanes Co. e a súa sede central atópase na cidade de Chicago. As súas maiores fábricas están situadas nos arredores da cidade de Seattle, no estado de Washington.
Índice |
Historia [editar]
Inicios [editar]
A compañía, orixinalmente chamada "B&W", foi fundada por William Edward Boeing e George Conrad Westervelt en 1916. Ao ano seguinte xa adquiriu o nombre de "Boeing Airplane Company". William E. Boeing estudara na universidade de Yale e traballara inicialmente no sector da madeira, onde se converteu nun hombre adiñeirado, e onde adquiriu coñecementos sobre estruturas de madeira que máis tarde lle resultarían de utilidade para a construción de avións. A compañía fundouse nun vello celeiro en Seattle feito de madeira, denominado Red Barn (celeiro vermello).
William Boeing fundou a súa compañía un mes despois do primeiro voo dun dos seus dous hidroavións "B&W", que na súa construción contou coa axuda de George Conrad Westervelt, que era enxeñeiro da armada estadounidense. Boeing e Westervelt decidiron construír o avión despois de voar nun hidroavión Curtiss e decatarse de que poderían construír un aparello mellor, e moitos dos primeiros modelos de Boeing foron hidroavións.
En 1934 Boeing xa era unha compañía moi grande, e William E. Boeing optou por vender todas as súas participacións a raíz da lei que se promulgara despois da gran depresión, que obrigaba ás empresas de certa dimensión a dividirse en varias unidades máis pequenas e independentes.
Pouco despois a compañía estableceu un acordo coa Pan American World Airways para desenvolver e construír un hidroavión civil, capaz de transportar pasaxeiros en rutas transoceánicas e deseñado para utilizar a auga como pista de aterraxe. En xuño de 1938 o novo avión, denominado Boeing 314 Clipper, realizou o seu primeiro voo. Foi o maior avión da súa época, no que tiñan cabida 90 pasaxeiros en voos de día e 40 en voos nocturnos. Un ano máis tarde inaugurouse o primeiro servizo regular entre a costa leste dos Estados Unidos e Inglaterra. A partir de entón foron establecéndose outras rutas de longo alcance co Clipper, ata que Pan American dispuxo de voos a destinos en todo o mundo.
Boeing na Segunda Guerra Mundial [editar]
Durante a Segunda Guerra Mundial Boeing construíu unha cantidade xigantesca de bombardeiros. Moitos dos seus traballadores foron mulleres de homes que foran á guerra. Nos comezos de marzo de 1944 a produción incrementárase de tal xeito que cada mes saían da fábrica 350 avións. Para previr un ataque dende o aire, os edificios das fábricas foron cubertos con vexetación e elementos do campo a modo de camuflaxe.
Durante os anos de guerra, as principais compañías estadounidenses fabricantes de avións colaboraron estreitamente, de modo que o bombardeiro B-17 Flying Fortress de Boeing foi ensamblado tamén por Lockheed e por Douglas; mentres que o B-29 Superfortress foi ensamblado por Bell e por Martin.
Finalizada a guerra foron cancelados todos os pedidos de bombardeiros e 70.000 traballadores de Boeing atopáronse sen emprego. A compañía fixo todo o posible para xerar novas vendas, para o cal fabricou o Stratocruiser, un avión de pasaxeiros baseado nun avión militar. Non obstante, este modelo non tivo o éxito agardado, polo que Boeing tivo que buscar outras alternativas para superar a crise. Conseguíuno en boa medida mediante a venda de avións militares deseñados para o transporte de tropas e como avións nodriza que permitían a outros avións repostar no aire.
O motor de reacción [editar]
A mediados dos anos 50 a tecnoloxía avanzou significativamente, o cal permitiu a Boeing desenvolver produtos totalmente novos e innovadores. Un dos primeiros foi un mísil teledirixido de curto alcance, deseñado para respostar a ataques de avións inimigos. Nestes anos a Guerra Fría xa era un feito, e Boeing utilizou os seus coñecementos de mísiles de curto alcance para desenvolver un intercontinental.
Boeing introduciu en 1955 o primeiro avión comercial de reacción dos Estados Unidos. Previamente xa apareceran dous avións deste tipo en Europa, o Comet fabricado no Reino Unido, e o Caravelle, fabricado en Francia. Co novo avión, o 707, Boeing converteuse no líder dos fabricantes de reactores para pasaxeiros. Tratábase dun avión cuadrimotor con capacidade para 156 pasaxeiros e destinado a rutas longas. Pouco despois Boeing desenvolveu una segunda versión deste avión, o 720, para rutas máis curtas, e uns anos máis tarde apareceu o 727, un avión de capacidade semellante, pero dotado de tres motores, e concibido para rutas medias e curtas. Este avión tivo de inmediato unha acollida moi positiva polas compañías aéreas, polos pilotos e polos pasaxeiros pola súa comodidade e fiablidade. Aínda que en 1984 deixou de fabricarse, a comenzos do século XXI aínda se atopaban en servizo unhas 1.300 unidades do 727 en todo o mundo.
No ano 1967 a compañía introduxo un novo modelo, o Boeing 737, convertido no avión de pasaxeiros máis vendido na historia da aviación civil. Trátase dun birreactor deseñado para rutas curtas e medias, con capacidades que van dos 110 aos 220 pasaxeiros segundo a versión e a configuración de asentos. O 737 segue fabricándose e é obxecto de continuas melloras tecnolóxicas. Tamén foron aparecendo variantes adicionais, polo xeral versións máis longas para unha maior capacidade de pasaxeiros. Incluso existe un 737 de negocios para grandes empresas, o Boeing Business Jet.
Ao comezar a década dos 70 Boeing tivo que enfrontarse a unha nova crise. O programa espacial Apollo, no que Boeing estivera participando de xeito importante, foi cancelado case por enteiro. Unha vez máis a empresa confiou en poder compensar a perda de vendas cos seus avións comerciais. Porén, naquela época as compañías aéreas de todo o mundo atravesaban á súa vez un mal momento, de xeito que Boeing non recibíu ningún pedido de avións en todo un ano. A súa aposta de futuro, o novo modelo 747, derivado dun proxecto de transporte estratégico para o Exército dos Estados Unidos, estábase retrasando na súa fabricación e orixinaba, ademais, custes máis elevados do previsto. A todo isto sumouse que o Congreso estadounidense desestimou o apoio financieiro ao proxecto de avión civil supersónico de Boeing, a resposta ao avión supersónico franco-británico Concorde, o cal obligou a Boeing a abandonar o desenvolvimento dun avión no que xa invertira moitos cartos. Unha vez máis Boeing víuse na obriga de reducir o seu plantel de traballadores, que pasou de 80.000 persoas a 40.000 só na área de Seattle. Por fin, na ano 1970 o primeiro exemplar do novo avión Boeing 747 foi posto en servizo, un catrimotor de longo alcance con capacidade para 460 pasaxeiro, e con elo o maior avión comercial da historia da aviación durante moito tempo. Este avión tivo un éxito extraordinario dende a súa aparición. Coa chegada do Airbus A380 (que entrou en servizo no ano 2007), un avión de dous pisos con capacidade de asentos superior ao 747, Boeing atópase por vez primeira cun competidor para este avión.
De cara a 1983 a situación económica volveu mellorar, e con elo a das compañías aéreas, e Boeing entregou o exemplar número 1.000 do seu 737. A medida que o tráfico de pasaxeiros medraba en todo o mundo a competencia entre os fabricantes de avións endurecíase. Boeing tivo que enfrontarse tamén a un acabado de chegar, esta vez de Europa, que paso a paso foi introducindo no mercado novos modelos de avións comerciais, o consorcio Airbus. Isto obrigou a Boeing a desenvolver á súa vez novos modelos, que foron o Boeing 757, avión dun corredor central para percorridos medios, o Boeing 767, de cabina ancha e dous corredores, para rutas medias e longas e con licenza para sobrevoar océanos a pesar de ser un bimotor.
Na división espacial Boeing participou neses anos no desenvolvemento e a fabricación da lanzadeira espacial, o Space Shuttle, aproveitando a súa experiencia na produción de motores para mísiles e no programa Apollo. Tamén contribuíu con outros produtos ao plan espacial estadounidense, así como á Estación Espacial Internacional da que se convertíu no principal subministrador. Simultaneamente Boeing fabricou varios aparatos militares, coma o helicóptero de combate RAH-66 Comanche, o sistema de defensa Avenger e unha nova xeración de mísiles de curto alcance.
Notas [editar]
Avións civís [editar]
- Boeing 314 Clipper
- Boeing 377 Stratocruiser
- Boeing 707
- Boeing 717
- Boeing 727
- Boeing 737
- Boeing 747
- Boeing 757
- Boeing 767
- Boeing 777
- Boeing 787
- Boeing 7J7
- Boeing 2707
- Boeing Business Jet
Avións militares [editar]
- Boeing B-29 Superfortress
- Boeing B-47 Stratojet
- Boeing B-50 Superfortress
- B-52 Stratofortress
- Boeing B-52G/H Stratofortress
- Boeing C-17A Globemaster
- Boeing C-97 Stratofreighter
- Boeing E-3 Sentry
- Boeing E-4 Air Force One
- E-6 Mercury
- Boeing EC/RC-135
- Boeing KC-135 Stratotanker
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Páxina de Boeing en España Páxina de Boeing
|
|||||||||||||||||