Homo erectus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homo erectus
Homo erectus tautavelensis.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Prehistórica
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Homínidos
Xénero: Homo
Nome científico
Homo erectus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O Homo erectus foi unha especie homínida, probablemente antecesor dos modernos humanos, que se atopa desde o Plistoceno en diante.

Descubriuna Eugène Dubois en 1891, en Xava. O primeiro en propoñer o nome foi Ernst Mayr para unificar a clasificación dos fósiles asiáticos. Tiña feituras dun humano moderno, cunha capacidade cranial maior ca do Homo habilis. A fronte era menos prominente e presentaba protuberancias óseas enriba das órbitas dos ollos, coñecidos como arcos superciliares, e os dentes máis pequenos, deseñados para mastigar materiais vexetais duros e carne. O cerebro era o 74% do dos humanos modernos, e de altura alta (1,79 m de media).

O Homo erectus tamén empregou utensilios máis diversos e sofisticados que os seus predecesores. Unha teoría é que o Homo erectus primeiro usou útiles do estilo da cultura de Olduvai e posteriormente usounos da cultura achelense. Os útiles que conservamos de ambos os dous períodos son de pedra. Os útiles de Olduvai son os útiles coñecidos máis antigos e teñen unha antigüidade de 2,4 millóns de anos. A cultura achelense comezou hai 1,2 millóns de anos e finalizou hai 500.000 anos. A innovación máis importante está asociada cos machados achelenses, nos que se traballaba a pedra nos dous lados para poder cortar obxectos.

O Homo erectus foi, xunto o Homo ergaster, o primeiro homínido que tivo como actividade principal a caza, permanecendo a busca de presas como actividade secundaria. Foi a primeira especie humana en saír de África: dende o Gran Val do Rift migrou ata o Mar Vermello e Asia e Europa, aprendendo a dominar a súa contorna por primeira vez e creando posibelmente os rudimentos da linguaxe.

Hai dúbidas sobre se foi capaz de controlar o lume. A evidencia máis antiga de control do lume data de hai 300.000 anos no asentamento de Terra Amata (na costa mediterránea francesa) e o sitio semella estar ocupado por Homo erectus. Semella que houbo outros lugares onde tamén houbo control do lume, datados entre 500.000 e 1.5000.000 en Francia, China e outras áreas, pero dubídase da súa veracidade.

Franz Weidenreich descubriu o asentamento máis importante de Homo erectus en Zhoukoudian, preto de Beijing, que recibiu primeiro o nome de Sinanthropus pekinensis ou Home de Pekín, aínda que máis tarde clasificouse como H. erectus. O cranio da táboa taxonómica procede do sitio de Tautavel, no sur de Francia, escavado por Henry de Lumley.

Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens