Compañía de Xesús

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Basilica de San Ignacio en Loyola
Basilica de San Ignacio en Loyola

A Compañía de Xesús (en latín Societatis Jesu S.J.) é unha orde relixiosa católica fundada en 1540 por Ignacio de Loyola, que despois foi canonizado como San Ignacio de Loyola. Os membros desta orde coñécense popularmente como os xesuítas. Con 20.000 membros, é a orde máis grande da Igrexa católica da actualidade. A súa estricta formación de máis de 10 anos (estudan filosofía e teoloxía, ademais de realizar "prácticas" de diversa natureza e estudar diferentes linguas) fixo que se convertiran durante máis de catro séculos nos líderes intelectuais do catolicismo. Os xesuítas realizan os tres votos habituals da vida relixiosa (obediencia, pobreza e castidade), pero ademais, suman outro voto de obediencia ao Papa de Roma. A Compañía de Xesús foi unha organización relixiosa que sempre viviu entre a alabanza e a crítica, mais sempre na polemica.

Ferramentas persoais