Guangxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Guangxi é unha provincia do sur de China limitando con Vietnam (concretamente coa rexión vietnamita de Tonkín). En 1958, converteuse na Rexión Autónoma de Guangxi Zhuang, un territorio con privilexios especiais creados especificamente para os habitantes da rexión, de etnia Zhuang.

A súa situación, nas áreas montañosas do sur de China, constituíu o límite da cultura e da civilización chinesas ó longo da historia.