Tiangong 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deseño de Shenzhou encaixada en Tiangong 1

Tiangong 1 (chinés tradicional: 天宮一號; chinés simplificado: 天宫一号; pinyin: Tiāngōng yī hào; Templo 1 en chinés) é unha estación espacial desenvolvida pola axencia espacial chinesa CNSA que foi lanzada ao espazo para ser colocada en órbita en 29 de setembro de 2011. Forma parte do Proxecto 921-2 , cuxo obxectivo é a construción dunha estación espacial con varios módulos.

Segundo a CNSA, Tiangong 1 é un laboratorio espacial de 8,5 toneladas que deberá ser visitado polas misións Shenzhou 8, Shenzhou 9 e Shenzhou 10 ao longo da súa vida de preto de dous anos. O 29 de setembro de 2008 Zhang Jianqi, número dous do grupo encargado de deseñar voos tripulados, declarou nunha entrevista a unha televisión chinesa, a CCT que a Tiangong 1 sería lanzada en 2010 ou 2011.