Praza Tian'anmen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°54′16″N 116°23′29″L / 39.904567, 116.391392 A Praza de Tian'anmen (chinés: 天安门广场; pinyin: Tiān'ānmén Guǎngchǎng; galego: "Praza da paz celestial") de Pequín (China), foi construída e ideada dentro do plan urbanístico da capital realizado en 1949, converténdose no símbolo da nova China. Coa súa construción pretendeuse crear unha grande explanada na que se puideran celebrar actos masivos de adhesión política, as cales non eran tradición na China, ó modelo dos que se realizaban na Praza Vermella de Moscova na Unión Soviética. A Praza Tian'anmen é a meirande praza do mundo.

Vista Panorámica

A praza está construída seguindo o eixe sur-norte da Cidade Prohibida. No centro elévase un obelisco de pedra, o Monumento ós Heroes do Pobo, de 38 metros de altura, e unha inscrición realizada polo presidente Mao Zedong, na que se le: Os heroes do pobo son inmortais.

Monumento no Mausoleo de Mao

A esquerda e dereita construíronse dous importantes edificios, de estilo soviético. Un deles é a Asemblea Nacional, e o outro é o Museo Nacional de Historia e da Revolución. Na praza encóntrase tamén o Mausoleo de Mao Zedong, precedido nas súas dúas frontes por grupos escultóricos de campesiños, soldados, obreiros e estudantes.

Nesta praza, o exército popular, enviado polo Partido Comunista Chinés (PCCh), reprimiu unha protesta pacífica para pedir a democratización da República Popular da China, no ano 1989.

Monumento ós Heroes do Pobo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]