Os tres Augustos e os cinco Emperadores
Historia de China |
|
|---|---|
| Os Tres Augustos e os Cinco Emperadores | |
| -2205 | Dinastía Xia |
| -1570 | Dinastía Shang |
| -1046 | Dinastía Zhou |
| -722 | Primaveras e Outonos |
| -453 | Reinos combatentes |
| -221 | Dinastía Qin |
| -206 | Dinastía Han occidentais |
| 9 | Dinastía Xin |
| 25 | Dinastía Han orientais |
| 220 | Tres Reinos |
| 265 | Dinastía Jin e |
| 304 | Dezaseis Reinos |
| 420 | Dinastías do Norte e do Sur |
| 581 | Dinastía Sui |
| 618 | Dinastía Tang |
| 690 | Dinastía Zhou |
| 907 | As Cinco Dinastías e os Dez Reinos |
| 960 | Dinastía Song |
| 907 | Dinastía Liao |
| 1032 | Dinastía Xixia |
| 1115 | Segunda dinastía Jin |
| 1234 | Dinastía Yuan |
| 1368 | Dinastía Ming |
| 1644 | Dinastía Qing |
| 1912 | República de China |
| 1949 | República popular |
| Taiwan | |
Os tres augustos e os cinco emperadores (chinés: 三皇五帝, pinyin: sān huáng wǔ dì) son os gobernantes mitolóxicos da China anteriores á primeira dinastía Xia.
Índice |
Historia e tradición [editar]
A tradición china atribúe a estes personaxes mitolóxicos a fundación da civilización china e a invención das institucións sociais, culturais e económicas, como a familia, a agricultura, a escritura, etc. A pesar do carácter lendario das historias que se contan sobre estes personaxes, que viviran centos de anos e foran responsábeis de feitos milagrosos, é posíbel que na orixe de estas lendas se atopen personaxes reais, xefes tribais do III milenio a. C. que lograran vitorias militares previas á unificación da posibelmente lendaria dinastía Xia.
As fontes históricas chinas coinciden no número de tres augustos e cinco emperadores, pero as identidades de estes varían segundo as fontes, existindo versións diversas tanto para os augustos como para os emperadores.
Tres augustos [editar]
Existen varias versións das identidades dos tres augustos (三皇 sān huáng):
- Augusto Celestial (天皇 Tiānhuáng), Augusto Terrenal (地皇 Dìhuáng) e Augusto Qin (泰皇 Qínhuáng), segundo as Memorias históricas de Sima Qian.
- Augusto Celestial, Augusto Terrenal, e Augusto Humano (人皇 Rénhuáng), segundo a obra da dinastía Song Tàipíng Yùlǎn (太平御覽), que cita unha obra da dinastía Han Occidental, o Chūnqiū Wěi (春秋緯). Esta lista diferénciase da anterior só no emprego dun nome lixeiramente diferente para o terceiro augusto.
- Suiren, Fuxi e Shennong, segundo o Shàngshū dàzhuàn (尚書大傳) e o Báihǔ Tōngyì (白虎通義).
- Fuxi, Nüwa e Shennong, segundo o Yùndòu Shū (運斗樞) e o Yuánmìng Bāo (元命苞).
- Fuxi, Shennong e o Emperador Amarelo, segundo o Dìwáng Shìjì (帝王世紀).
- Fuxi, Shennong e Gònggōng (共工), segundo o Tōngjiàn Wàijì (通鑒外紀).
Cinco emperadores [editar]
As identidades máis habituais dos cinco emperadores (五帝 wǔ dì) son as que se mencionan en varios escritos da antigüidade, como as Memorias históricas, o Shìběn (世本) ou o Dàdàijì (大戴記). De acordo con estas obras, os cinco emperadores son os seguintes:
- O Emperador Amarelo.
- Zhuānxù (顓頊).
- Dìkù (帝嚳), ou simplemente Kù (嚳).
- Tángyáo (唐堯), ou simplemente Yáo (堯).
- Yúshùn (虞舜), ou simplemente Shùn (舜).