Hainan
| Hainan - 海南 | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
| Datos | |||||
| Capital | Haikou (Hai-khau) | ||||
| País | China | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2004) | 8.180.000 hab. | ||||
| Superficie | 33,920 km2 | ||||
| Densidade | 241 hab/km² | ||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 19°06′24″N 109°34′03″E / 19.10667°N 109.5675°E | ||||
| Maior Altura | |||||
Hainan (chinés: 海南, pinyin: Hǎinán), provincia insular da República Popular China formada por diferentes illas; a maior delas é a de Hainan. A súa capital é Haikou. Está situada no Mar da China Meridional, na parte máis meridional do país, moi preto de Vietnam.
Características [editar]
A illa de Hainan ten unha extensión de 34.000 quilómetros cadrados e unha poboación de máis de oito millóns de persoas (2003). Na zona habitan maioritariamente membros das etnias Miao e Li, con trazos moi parecidos aos vietnamitas. A relixión maioritaria é o Budismo, seguida do Islam e o cristianismo
Historia [editar]
A illa foi conquistada polas tropas do emperador Qin Shi Huang aínda que o exército pronto a abandonou debido á resistencia dos Li e á falta de atractivos. Hainan foi reconquistada pola dinastía Tang e converteuse en lugar de desterro.
Hainan ten o status de provincia desde o ano 1988; antes dependía da administración de Guangdong. Desde ese mesmo ano considéralla como zona económica especial. É unha das provincias menos industrializadas de todo o país.