Vladimir Putin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vladimir Vladimirovich Putin
Влади́мир Влади́мирович Пу́тин;
Vladimir Putin

Primeiro ministro de Rusia
Actualmente no cargo
Dende o 8 de abril de 2008
Presidente Dmitry Medvedev
Precedido por Viktor Zubkov

Datos persoais
Nacemento 7 de outubro de 1952 (59 anos)
Leningrado, Unión Soviética Flag of the Soviet Union.svg
Vladimir Putin nunha reunión do G8.

Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado (actual San Petersburgo) o 7 de outubro de 1952, é un político ruso, actual primeiro ministro do seu país.

[editar] Traxectoria

[editar] Inicios coma funcionario

Despois de rematar brillantemente os seus estudos de Dereito na universidade da súa cidade natal, entra no KGB, onde é delegado na dirección principal encargada de asuntos exteriores. De 1985 a 1990 traballa en Dresde na unidade de investigación política e militar. Tras o desmantelamento das oficinas do KGB en Dresde en 1989 retorna a Leningrado en 1990. Durante algún meses atópase sen traballo, polo que contempla a idea de ser condutor de taxi.

Finalmente é nomeado adxunto do reitor da Universidade de Leningrado, onde se ocupa das relacións internacionais. Despois traballa coma conselleiro do alcalde. A partir de xuño de 1991, convértese en presidente do comité de relacións exteriores da cidade, agora chamada San Petersburgo. O seu papel consiste principalmente en achegar inversores e desenvolver a colaboración cos socios estranxeiros.

[editar] Despois do KGB

É soamente o 20 de agosto de 1991 durante o putsch de Moscova, que Putin renuncia oficialmente ó KGB. De 1994 a 1996 é premier adxunto do alcalde Anatolo Sobtchak (mestre seu na facultade de dereito) renunciando ó seu cargo tras a derrota do seu mentor.

En agosto de 1996 é nomeado adxunto do director dos asuntos exteriores do presidente Boris Yeltsin. A partir de marzo de 1997, é un dos adxuntos do xefe da administración presidencial.

En xullo de 1998 é nomeado director do FSB (Servicio Federal de Seguridade) que sucede ó KGB. En 1999 comeza o seu fulgurante ascenso. En agosto é nomeado primer ministro de Yeltsin, que decide facelo o seu sucesor. A comezos de setembro, en reacción a ataques terroristas chechenos, Putin ordea o reinicio das hostilidades con Chechenia. É o comezo da segunda guerra chechena, que o convirte no político máis popular de Rusia.

O 31 de decembro de 1999, tras a renuncia do presidente Boris Yeltsin, Putin convértese en presidente interino. O 26 de marzo de 2000, nas eleccións presidencias adiantadas, Putin é elixido presidente da Federación Rusa na primeira volta co 53 % dos votos. Inicia as súas funcións o 7 de maio.

A súa administración desenvolveu unha política de acercamento a Europa, en particular a Francia e Alemaña.

Tralas eleccións de 2008, nas que foi elixido presidente Dmitri Medvedev, Vladimir Putin pasou a ocupar o cargo de primeiro ministro. Segue a ser o líder do partido Yedínaya Rosíya (Rusia Unida).



Predecesor:
Boris Ieltsin
Standard of the President of the Russian Federation.svg
Presidente da Federación Rusa

1999 - 2008
Sucesor:
Dmitri Medvedev
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas