Xenebreiro
| Xenebreiro | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Juniperus communis L. | ||||||||||||
O xenebreiro (Juniperus communis L.), é unha árbore ou un arbusto dioico da familia das cupresáceas.
Índice |
[editar] Características
Dependendo da subespecie ten un porte moi variable, a miúdo sendo un arbusto, mais ás veces pode superar os 10 metros.
Ten un tronco ramoso, copa espesa, follas lineais, verdes, ríxidas, punzantes, con unha única banda de estomas branca na cara (polo inverso e pola marxe é verde) e insértanse verticiladas de tres en tres. As flores femininas dispóñense en conos axilares, escamosas, de cor parda vermella. As flores masculinas, de cor amarela, teñen entre 2 e 3 mm de longo e caen pouco despois de dispersar o pole entre marzo e abril.
Por froitos ten gálbulos con forma de baias elipsoidais ou esféricas de cinco a sete milímetros de diámetro, de cor negro purpúreo cando está maduro e cunha lene cor azulada como consecuencia dunha substancia cerosa, con tres sementes case ovaladas, pero angulosas nos seus extremos. A madeira, que tamén se chama simplemente polo nome da planta, xenebreiro, é avermellada, forte e olorosa.
[editar] Subespecies
- Juniperus communis subsp. communis, normalmente un arbusto ou pequena árbore, cun porte estreito e piramidal. Os verticilos están separados por entrenós xeralmente de maior tamaño cás follas. Atópase en lugares temperados, a baixa ou media altitude, moitas veces en bosques doutras especies, sobre todo caducifolias. É a subespecie de Juniperus communis máis espallada por Europa.
- Juniperus communis subsp. alpina (Suter) Čelak (=Juniperus communis subsp. nana Syme, Juniperus alpina Gray, Juniperus sibirica Burgsd.), é un arbusto de porte rastreiro que non chega a un metro ecuxas ramas van pegadas ó chan. As follas miden de 5 a 15 mm, están curvadas cara ó ápice e reviradas cara a adentro agochando a cara. Os entrenós adoitan ser máis pequenos cás follas. Os gálbulos miden de 6 a 10 mm. É unha planta de zonas alpinas e subalpinas atopada en áreas subárticas e de alta altitude en áreas temperadas. En Galiza áchase nas maiores alturas (os Ancares, Pena Trevinca).
- Juniperus communis subsp. hemisphaerica (J.Presl & C.Presl) Nyman (=Juniperus depressa Steven) é un arbusto de 3 ou 4 metros, aínda que tamén pode ter un porte deitado.
-
Juniperus communis subsp. alpina, Francia.
-
Juniperus communis subsp. hemisphaerica, Estados Unidos de América.
[editar] Usos
O xenebreiro é frecuentemente utilizado na horticultura como ornamental, xa que é demasiado pequeno para ser empregado como madeireiro. Porén, en Escandinavia a súa madeira emprégase na fabricación de caixas para produtos lácteos, coma a manteiga, o queixo e tamén para facer mangos de coitelos.
As súas bagas teñen propiedades astrinxentes mais son demasiado amargas para consumilas crus, polo que se venden secos para condimentar carnes, salsas e recheos. Adóitanse cascar antes de utilizalos para liberar o aroma. Tamén se utiliza para aromatizar a xenebra, de feito o nome desta bebida deriva do nome da árbore.
[editar] Curiosidades
- A denominación da mesma árbore en francés, genévrier foi a que deu lugar ó nome máis coñecido internacionalmente da xenebra, "gin", a través dun apócope da palabra francesa, pero pronunciada á inglesa. (Hai que ter en conta que, se ben o xenebreiro chámase genévrier en francés, en inglés o termo equivalente é juniper, que en ningún modo soaría "gin").
- Sen embargo, o nome da famosa raíña Xenebra (Guenièvre, en francés) da literatura artúrica, non ten nada que ver co nome do xenebreiro.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- García, Xosé Ramón (2008). Guía das plantas de Galicia, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-939-7