Brunei
Brunei é un país ó noroeste da illa de Borneo no sueste de Asia. Comprende dous territorios, separados en gran parte pola cunca do río Limbang e arrodeados polo territorio de Sarawak. Á parte da súa costa no Mar da China Meridional, está completamente arrodeado por Malasia.
Índice |
[editar] Historia
O sultanato de Brunei foi moi poderoso entre os séculos XIV e XVI, extendéndose ó sur de Filipinas, Sarawak e Sabah. A influencia europea foi debilitando gradualmente este poder, ata esvaecelo por completo. Brunei converteuse nun protectorado inglés en 1888.
[editar] Goberno e Política
O sultán de Brunei, que pertence á dinastía que rexe o país dende o século XIV, é a cabeza do estado e do goberno. O sultán Muda Hassanal Bolkiah está asistido por un Consello privado, un Consello de Ministros e un Consello lexislativo de 20 membros. Na actualidade o monarca conta cunha fortuna que acada os 39 mil millóns de dólares, unha das personais máis grandes do mundo. Como lle gustan as excentricidades conta cun palacio de máis de 1.500 habitacións, unha colección de 5 mil vehículos de luxo e 165 Rolls-Royce.
[editar] Organización político-administrativa
Brunei está dividido en catro distritos , chamados daerah.
[editar] Xeografía
Brunei está situado na costa norte da illa de Borneo. Está formado por dous territorios inconexos. O territorio está formado por unha chaira costeira con zonas pantanosas ao oeste e ao nordés e no interior unha zona montañosa. Os ríos discorren en dirección norte sendo o máis importante o río Belait.
O país ten un clima tropical húmido, cunha temperatura media de 27,8 °C. As precipitacións son intensas durante todo o ano, pero aumentan nos meses do monzón de novembro a marzo.
[editar] Economía
Véxase: Economía de Brunei.
[editar] Demografía
En 2002 tiña unha poboación de 308.000 habitantes. Máis do 50% da poboación pertence ó grupo malaio, de relixión musulmana, existe unha minoria de orixe chinesa (arredor do 20%).
[editar] Cultura
| Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
|---|---|---|---|
[editar] Mapas e imaxes
Commons ten imaxes sobre Brunei
[editar] Ver
|
||||||||
