Praza Elíptica (Vigo)
Praza Elíptica | |
---|---|
Localización | |
Localidade | Vigo |
Código postal | 36203 |
Como chegar | |
Bus | 11, 12B, 29, 2F, 5B, 7, XG817AE, 14, N1, 4A, 4C, PSA4, 16 |
A praza de Francisco Fernández del Riego, popularmente coñecida coma praza Elíptica, é unha praza semipeonil, outrora glorieta, da cidade de Vigo. De forma elipsoidea, conecta coas rúas Marqués de Alcedo, Nicaragua, Padre don Rúa e Fernando Conde.
Historia
[editar | editar a fonte]A praza Elíptica comezou sendo apenas un descampado no centro da cidade. Ulteriormente realizáronse diferentes actuacións e humanizacións na praza, e construíuse un centro comercial co mesmo nome (centro comercial Plaza E), un dos primeiros da cidade.
En 2001 edificouse un monumento no centro da praza consistente en varias chemineas metálicas, creadas por Jesús Valmaseda, arquitecto vigués de orixe castelán-manchega. As estruturas con forma de cheminea, de oitro metros de altura e feitas de aluminio, ocupan o centro do que outrora fora unha rotonda.
A praza remodelouse e humanizouse de novo en 2024, cun orzamento de 2,3 millóns de euros, para aumentar un 30 % a peonalización, ademais da creación de espazos verdes, aparcadoiros de bicicletas e paneis solares para facer da praza unha vía autónoma.[1] En dita actuación colocouse un busto de pedra na honra do escritor Francisco Fernández del Riego, homenaxeado en 2023 co Día das Letras Galegas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Centro comercial Plaza E.
-
Monumento Chimeneas (2001)
-
Francisco Fernández del Riego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ P. Currás, Víctor. "Plaza Elíptica estrea o seu novo aspecto humanizado.". Faro de Vigo. Consultado o 3 de xullo de 2024.