VG-20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-20
Circunvalación ou Segundo Cinto
de Vigo
Ponto al la terplenigajho, Bouzas, Vigo.JPGViaduto da VG-20 en Bouzas
Tipoloxía Autovía urbana
Rede Rede de estradas do Estado
Lonxitude 13 km
Localización
Inicio Bouzas
Fin  AG-57 
Circulación
Velocidade máxima 120 km/h

A VG-20, tamén coñecida como Circunvalación ou Segundo Cinto de Vigo é unha autoestrada de titularidade estatal que circunda a cidade de Vigo polo sur.

A súa construción comezou canda a prolongación da AP-9 até Tui, en 2001, cun custo estimado de 30.000 millóns de pesetas.[1] Entrou completamente en servizo en novembro de 2005, logo dun investimento duns 122 millóns de euros por parte do Ministerio de Fomento de España.[2][3] Unha década despois, a VG-20 encontrábase cos seus niveis máis baixos de tráfico desde a súa posta en funcionamento.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diego Pérez (2000-05-24). "Fomento eleva a 30.000 millones el coste del nuevo cinturón y la autopista Vigo-Tui". La Voz de Galicia (en español). Consultado o 2017-08-03. 
  2. Juanma Fuentes (2005-11-29). "Vigo estrena su primera circunvalación once años después de ser diseñada". La Voz de Galicia (en español). Consultado o 2017-08-03. 
  3. Ministerio de Fomento de España (28-11-2005). "Fomento pone en servicio el tramo Conexión Castrelos-Bouzas con la Autopista Puxeiros-Val Miñor (AG-57)" (PDF). Consultado o 03-08-2017. 
  4. Teo Andrés, José. "El Cinturón de Vigo, en su nivel más bajo de tráfico al cumplir 10 años". Atlántico (en español). Consultado o 2017-08-03.