Marilar Aleixandre: Diferenzas entre revisións
Recuperando 32 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8 |
m →Ensaio: Libro |
||
Liña 68: | Liña 68: | ||
* ''Terras de Compostela'', [[2009]], AELG-[[Xunta de Galicia]]. |
* ''Terras de Compostela'', [[2009]], AELG-[[Xunta de Galicia]]. |
||
*''Santiago de Compostela desde dentro'' ([[2019]]). Ed. Alvarellos. 108 páxs. <nowiki>ISBN 978-84-16460-62-5</nowiki>. |
*''Santiago de Compostela desde dentro'' ([[2019]]). Ed. Alvarellos. 108 páxs. <nowiki>ISBN 978-84-16460-62-5</nowiki>. |
||
* ''Movendo os marcos do patriarcado'' en coautoría con [[María López Sández]]. 2021<ref>{{Cita nova|título=Marilar Aleixandre e María López reivindican nun libro o feminismo de Pardo Bazán|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/aleixandre-lopez-reivindican-nun-libro-feminismo-pardo-bazan/20210302202103116906.html|xornal=Nós Diario|data-acceso=2021-03-03|lingua=gl|nome=Ana|apelidos=Triñáns}}</ref> |
|||
=== Obras colectivas === |
=== Obras colectivas === |
Revisión como estaba o 3 de marzo de 2021 ás 09:00
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1947 (76 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | tradutora , escritora , escritora de literatura infantil |
Período de actividade | 1989 - |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Participou en | |
11 de xuño de 2018 | manifesto «Renovar el pacte constitucional» (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Ramón López Facal |
Premios
| |
Páxina web | marilar.gal |
María Pilar Jiménez Aleixandre, nada en Madrid o 1 de maio de 1947, é escritora en lingua galega, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega.[1]
Traxectoria
De avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. Di sentir saudade dos sitios nos que viviu, Ceuta, Doña Mencía (Córdoba)[2], e Madrid, pero dende 1973 reside en Galicia, onde adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación Ambiental, dende 1988.
O primeiro relato que escribiu, un conto sobre vampiros, foi o xermolo de Agardando polos morcegos. Logo viñeron A formiga coxa, a súa primeira novela de literatura infantil, e A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995).
Ademais de destacar como autora de literatura infanto-xuvenil tamén escribiu para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos. En 1996 publicou o libro de relatos Lobos nas illas, sobre as difíciles relacións familiares, en 1998 a novela A compañía clandestina de contrapublicidade (Premio Álvaro Cunqueiro dese mesmo ano), e no 2001 Teoría do Caos (Premio Xerais 2001), unha novela ambiciosa e fragmentaria sobre como é posible traizoarse a un mesmo. Boa parte da súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán e vasco. En 2020 gañou o premio Blanco Amor por As malas mulleres.
Traduciu do inglés para o galego o poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter, no 2001, sendo ademais a responsable dos guións dos 14 capítulos da serie de banda deseñada Os Escachapedras, con ilustracións de Fran Bueno.
Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte. En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario Catálogo de velenos. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten así mesmo colaboracións en diversas revistas sobre cultura e literatura: CLIJ, Festa da Palabra Silenciada, Dorna e El Signo del Gorrión. Así mesmo é autora de obras sobre o ensino das Ciencias.
Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 9 de xullo de 2016,[3] pronunciando o 14 de xaneiro de 2017 o discurso de ingreso "Voces termando da paisaxe galega", respostado por Fina Casalderrey.
O 28 de marzo de 2017 foi escollida tesoureira da Real Academia Galega.[4]
Obra en galego
Poesía
- Catálogo de velenos, 1999, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Foi traducida ao portugués.[5]
- Desmentindo a primavera, 2003, Xerais, ISBN 978-84-9782-060-8. [6]
- Abecedario das árbores, 2006, El Correo Gallego.
- Mudanzas, 2007, PEN Clube de Galicia.[7]
- Desescribindo, 2016, Apiario.
Narrativa
- Tránsito dos gramáticos, 1993, Edicións Xerais, ISBN 978-84-7507-721-5.[8] Foi traducida ao castelán.[9]
- Lobos nas illas, 1996, Edicións Xerais, ISBN 9788475079820. Foi traducida ao castelán[10] e ao inglés.[11]
- A compañía clandestina de contrapublicidade, 1998, Galaxia.
- Teoría do caos, 2001, Edicións Xerais, ISBN 978-84-8302-694-6. [12][13]
- Unha presa de terra, 2001, Ir Indo, ISBN 978-8476803677.[14] Ilustracións de Miguelanxo Prado.
- O coitelo en novembro, 2010, Edicións Xerais, ISBN 978-8499141503.[15] Foi traducida ao inglés.[11]
Literatura infanto-xuvenil
- A formiga coxa, 1989, Edicións Xerais (Ilustracións de Fran Jaraba).
- O rescate do peneireiro, 1990, Edicións Xerais, (Ilustracións de Fran Jaraba).
- A expedición do Pacífico, 1994, Edicións Xerais, ISBN 978-84-9782-501-6. [16] Foi traducida ao castelán[17] e ao portugués.[18]
- Nogard, 1994, Ed. Alfaguara, Col. Obradoiro. Foi traducida ao catalán.[19]
- O trasno de Alqueidón, 1996, Edicións Xerais (Ilustracións de Miguelanxo Prado). Foi traducida ao éuscaro.[20]
- O monstro da chuvia, 1998, col. A Maxia das Palabras, Xunta de Galicia, il. F. Bueno. Foi traducida ao castelán.[21]
- A banda sen futuro, 1999, Edicións Xerais, ISBN 978-8483024713.[22] Foi traducida ao castelán,[23] ao catalán,[24] ao éuscaro[25] e ao portugués.[26]
- Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón, 1999, Galaxia, col. Bambán. Foi traducida ao castelán,[27] ao catalán,[28] ao éuscaro,[29] ao asturiano,[30] ao aragonés[31] e ao catalán de Valencia.[32]
- Paxaros de papel, 2001, Edicións Xerais.
- El-Rei Artur e a abominable dama, 2001, Ir Indo Edicións.
- Basilisa, a princesa sapiño, 2002, Galaxia.
- O chápiro verde, 2003, Edicións Xerais. Foi traducida ao castelán,[33] ao éuscaro[34] e ao catalán.[35]
- A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán, 2005, Tambre. Foi traducida ao castelán.[36]
- Rúa Carbón, 2005, Edicións Xerais, Col. Fóra de Xogo. Foi traducida ao castelán[37] e ao catalán.[38]
- Herbalúa, 2006, Ed. Galaxia, Col. Os Duros.
- A cabeza de Medusa, 2008, Edicións Xerais. Foi traducida ao castelán[39] e ao éuscaro.[40]
- Dez abellas na laranxeira, 2008, Edicións Xerais. Foi traducida ao castelán,[41] ao catalán[42] e ao éuscaro.[43]
- Robinson contado polas alimarias, 2011, Oxford. Foi traducida ao castelán.[44]
- A vaca caníbal, 2012, Galaxia.
- Ovella descarreirada, 2014, Xerais.
- O anano máis alto conta a historia de Brancaneves, 2015, Ed. Rodeira, Col. Tucán azul. Foi traducida ao castelán.[45]
- Catro cascarolos, 2016, Xerais.
- Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, 2017, Galaxia, ISBN 978-84-9151-053-6.[46]
- A filla do Minotauro, 2018, Galaxia, ISBN 978-84-9151-189-2.[47]
Ensaio
- Traballando coas ciencias da Terra, 1995, Universidade de Santiago de Compostela, coeditora.
- Dubidar para aprender, 1996, Edicións Xerais.
- Terras de Compostela, 2009, AELG-Xunta de Galicia.
- Santiago de Compostela desde dentro (2019). Ed. Alvarellos. 108 páxs. ISBN 978-84-16460-62-5.
- Movendo os marcos do patriarcado en coautoría con María López Sández. 2021[48]
Obras colectivas
- Neve na Amaía, 1992, Xunta de Galicia.
- Construír a paz, 1996, Xerais.
- Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais.
- E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
- Airadas de palabras, 1998, Laiovento.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal.
- Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
- Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Longa lingua, 2002, Edicións Xerais.
- Materia prima, 2002, Edicións Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais.
- Contos de medo no museo, 2005, Museo Provincial de Lugo.
- Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
- X. Espazo para un signo, 2005, Edicións Xerais.
- Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, 2006, Xerais.
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais.
- Vanakkam. Benvidas, 2007, Implicadas/os no Desenvolvemento.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
- Na frente unha estrela, no bico un cantar, 2008, Fundación Rosalía de Castro.
- De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Quen casa ten de seu: cinco contos na casa de Rosalía, 2009, Fundación Rosalía de Castro. Literatura infanto-xuvenil.
- En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.
- II Encontro Cidade da Coruña. Mulleres na literatura, 2010.
- To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Manuel Lueiro Rey (1916-1990), 2013, Xerais.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
- María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. A canda Fina Casalderrey (2018, Xerais)
- O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "A criatura interpela a creadora".[49]
- Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[50]
Obra en castelán
Ensaio
- Enseñar Ciencias, 2003, Graó (como coordinadora).
Premios
Recibiu os seguintes premios:
- Premio Merlín de literatura infantil 1994, por A expedición do Pacífico.
- Premio da Crítica á creación literaria en galego, 1995, por A expedición do Pacífico.
- Premio Rañolas ó mellor libro infantil/xuvenil en galego 1996 por O Trasno de Alqueidón
- Premio Manuel Murguía de Relato breve 1997 por Desaforados Muños.
- Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 1997 por A Compañía clandestina de contrapublicidade.
- Premio Esquío de poesía en galego 1998 por Catálogo de velenos.
- Lista de honra do IBBY 1997 por A caza do Carbairán (tradución de The Hunting of the Snark) de Lewis Carroll.
- Premio Lazarillo en 1999 por A banda sen futuro.
- Premio Xerais en 2001 por Teoría do caos.
- Premio Novela por entregas de La Voz de Galicia, 2001, por Unha presa de terra.
- Premio de poesía Caixanova en 2006 por Mudanzas.
- Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil en 2008 por A cabeza da medusa.
- XI Premio Raíña Lupa por A filla do Minotauro en 2017[51].
- Premio "Distinguished Contribution to Research" de 2019, concedido pola National Association for Research in Science Teaching (NARST), na área de didáctica das ciencias.[52][53]
- Premio Blanco Amor por As malas mulleres en 2020.[54]
Galería de imaxes
Notas
- ↑ "Marilar Aleixandre ingresará na Academia o 14 xaneiro". Praza Pública. 6 de xaneiro de 2017. Consultado o 7 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Lendo a Marilar Aleixandre". Botóns. Portal Galego de Educación. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ "O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares". Real Academia Galega. Consultado o 9 de xullo de 2016.
- ↑ "Marilar Aleixandre tesoureira da RAG". Consultado o 5 de abril de 2017.
- ↑ "Catálogo de venenos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Desmentindo a primavera". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ Abelenda, Ana. "«Para as mulleres ningún tempo pasado foi mellor»". lavozdegalicia.es. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ Andrade, Marisa (1994). "Tránsito dos gramáticos de Marilar Aleixandre". Festa da palabra silenciada (10): 109–111. ISSN 1139-4854.
- ↑ "Tránsito de los gramáticos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Lobos en las islas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ 11,0 11,1 "Under the trout’s skin". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Teoría do caos". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ Vilavedra, Dolores (2002). "Teoría do caos, de Marilar Aleixandre". Festa da palabra silenciada (17): 77–78. ISSN 1139-4854.
- ↑ "Narrativa". Marilar Aleixandre. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón. "O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre". cadernodacritica. Consultado o 06/11/2018.
- ↑ "A expedición do Pacífico". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ "La expedición del Pacífico". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "A expedição ao Pacífico". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Card". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Alqueidoneko iratxoa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "El monstruo de la lluvia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "A banda sen futuro". EDN IES Félix Muriel. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ "La banda sin futuro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "La banda sense futur". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Etorkizunik ez". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "A banda sem futuro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Tragaldabas, Sacamantecas y Coco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Escuracassoles, Xuclanates y Papu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Akilimarro, Sakarramin eta Mamu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Tragaldabes, Sacaúntu y Coco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Fotronero, Ensundiero y Totón". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Escuracassoles, Xuplanates i Butoni". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "El chápiro verde". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Txapiro berdea". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "El barreter verd". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "La vaca Fisterra y la viga de alquitrán". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Calle carbón". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Carrer del Carbó". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "La cabeza de Medusa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Medusaren burua". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Diez abejas en el naranjal". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Deu abelles al taronger". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Hamar erle laranja-sailean". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Robinson contado por las alimañas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "El Enano más alto cuenta la historia de Blancanieves". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros Marilar Aleixandre". editoriagalaxia.gal. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ "A filla do Minotauro". editorialgalaxia.gal. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ Triñáns, Ana. "Marilar Aleixandre e María López reivindican nun libro o feminismo de Pardo Bazán". Nós Diario. Consultado o 2021-03-03.
- ↑ "O libro dos libros". editorialgalaxia.gal. Consultado o 05/12/2018.
- ↑ Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2021-01-22.
- ↑ "Marilar Aleixandre gaña o Raíña Lupa con ‘A filla do Minotauro’ e convértese na primeira muller en gañar este certame". Sermos Galiza. Consultado o 23 de novembro de 2017.
- ↑ "María Pilar Jiménez Aleixandre recibe o prestixioso premio Distinguished Contribution to Research Award - - USC". xornal.usc.es. Consultado o 2019-04-01.
- ↑ Redacción (20 de marzo de 2019). Sermos Galiza, ed. "Marilar Aleixandre, premio Distinguished Contribution en didáctica das ciencias". Consultado o 21 de marzo de 2019.
- ↑ Región, La (2020-11-28). "Marilar Aleixandre gana el premio Blanco Amor con "As malas mulleres"". La Región (en castelán). Consultado o 2020-11-28.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marilar Aleixandre |
Bibliografía
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. pp. 17–18. ISBN 84-8064-113-4.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
- Tradutores ao galego
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Poetas de Galicia
- Membros de número da Real Academia Galega
- Premios Xerais
- Premio Merlín
- Premio Esquío
- Premio Jules Verne
- Nados en Madrid
- Nados en 1947
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela
- Tradutores do inglés
- Escritores de literatura infantil de Galicia