Premio Esquío de poesía
O Premio Esquío de poesía é un premio de poesía organizado pola Sociedad de Cultura Valle-Inclán de Ferrol desde 1981. Até o ano 2007 foi apoiado economicamente pola Caixa Galicia a través da Fundación Caixa Galicia, contando cun dos maiores premios económicos do Estado español para certames de poesía. Dende a edición de 1985 conta con dúas convocatorias diferentes, unha en galego e outra en español, cada unha dotada cun premio en metálico e a publicación da obra na Colección Esquío de poesía. Poucos anos despois da primeira convocatoria instituíron un accésit en cada un dos apartados. No ano 2007 a Fundación Caixa Galicia retirou o apoio económico ao premio, impedindo que puidese ser convocado. A Sociedad de Cultura Valle-Inclán consegue, a finais dese mesmo ano, involucrar ao Concello de Ferrol, e sacar as bases para a edición de 2008, aumentando tamén levemente o premio económico.
Gañadores do Premio Esquío de poesía[editar | editar a fonte]
- 2008
- Melancolía líquida da idade das vacas, Xavier Lama
- Accésit: Amebas, Xosé Luís Mosquera Camba
- En castelán: El lamento de las praderas, Miguel García-Posada
- Accésit: La mirada secuestrada, Eugenio Maqueda Cuenca
- 2006
- Casa pechada, Luz Pichel
- Accésit: Tigres como Fausto con ollos de brumas, Xavier Lama
- En castelán: Veintiocho cantos augurales, José Luís Giménez-Frontín
- 2005
- Ollos de ámbar, Martín Veiga
- Accésit: Sete vagas, Rafael Lema
- En castelán: Un libro difícil, Miguel Ángel Curiel
- 2004
- Días no imperio, Daniel Salgado
- Accésit: O que ardeu nos espellos, Carlos Penela
- En castelán: Fragmentos de un diario desconocido, Noni Benegas
- Accésit: Desecación de la alegría, Miguel Sánchez Robles
- 2003
- Desilencios, Maite Dono
- Accésit: A última bengala, Óliver Escobar
- En castelán: El hombre de cristal y otros poemas, Luis Artigue
- 2002
- Fálame, Antón Lopo
- En castelán: Mercuriales, Ana Sofía Pérez-Bustamante
- 2001
- Lámpada e medusa, Manuel Forcadela
- Accésit: (nós, as inadaptadas), María do Cebreiro
- En castelán: Si alguien no escribe un verso, Adolfo Zutel
- 2000
- O rumor do distante, Cesáreo Sánchez Iglesias
- Accésit: Luces de N. Y., Rafael Lema
- En castelán: Entrada para la vida, Fermín Heredero
- 1999
- Pan (Libro de ler e desler), Estíbaliz Espinosa
- Accésit: En atalaia alerta, Marta Dacosta
- En castelán: Del color de los ríos, Juana Castro
- 1998
- Catálogo de velenos, Marilar Aleixandre
- Accésit: Colección de cinza, Beatriz Quintela
- En castelán: Como un árbol, Leonardo Hernández Cala
- 1997
- Corazón de segundas partes, Ignacio Chao
- Accésit: Equinoccio de primavera, Miro Villar
- En castelán: Donde no cabemos, Javier González
- 1996
- Permiso para o corso, Xosé Miranda
- Accésit: Ardora, Lino Braxe
- En castelán: Quebrada Luz, Manuel Rico
- 1995
- Umbral de Vida, Xavier Seoane
- Accésit:Sonetosfera, Xosé Miranda
- En castelán: Ensayo general, Francisca Aguirre
- 1994
- Rigorosamanete humano, Manuel Álvarez Torneiro
- Accésit: Varias, Ana Baliñas
- En castelán: El cantor de boleros, Manuel Jurado López
- 1993
- Poldros de música, Xesús Rábade Paredes
- Cartografía, Arturo Regueiro
- En castelán: Diario de la lluvia, François Davó
- 1992
- Abandono da noite, Manuel Xosé Neira López
- Accésit: Fuxidíos, Eva Veiga
- En castelán: Del tiempo herido, Gonzalo Alonso-Bartol
- 1991
- A porta de lume, Xesús Manuel Valcárcel
- Accésit: Este é o tempo do sal, Xosé Manuel Millán Otero
- En castelán: Vuelta de hoja, Antonio Cáceres
- 1990
- Adeus norte, Ramiro Fonte
- En castelán: Dolor a solas, Joaquín Benito de Lucas
- 1989
- No corazón mancado, Xosé Vázquez Pintor
- Accésit: Lapidario dos heterodoxos, Miguel Anxo Murado
- En castelán: Exposición, Olvido García Valdés
- 1988
- Celebración do gozo, Xavier Rodríguez Barrio
- Accésit: Val de Ramirás, Anxo Angueira
- En castelán: Cuaderno de ejercicicos, Joaquín Sánchez Vallés
- 1987
- Da muda primavera, Román Raña
- Accésit: Baleas e baleas Luisa Castro
- En castelán: El espíritu de Rembrandt, Carlos Casanova
- 1986
- Luminoso lugar de abatimento, Xosé María Álvarez Cáccamo
- Accésit: Os aposentos silenciados, Xavier Rodríguez Barrio
- En castelán: Traición del tiempo, Miguel Machalski
- 1985
- A caneiro cheo, Luís González Tosar
- Accésit: Fértil corpo do soño, Manuel Álvarez Torneiro
- En castelán: Atlántico, Ana Liste
- 1984
- Memorial de brancura, Miguel Anxo Fernán-Vello
- 1983
- Sétima soidade, Pilar Pallarés
- 1982
- A sombra dos pavillóns, Anxo Quintela
- 1981
- Camiño de Antioquía, Vítor Vaqueiro
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- A grande aventura do libro, contada por el mesmo, Deputación de Ourense, Santiago de Compostela, 2013, ISBN 978-84-941165-1-3.