Alba Nogueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alba Nogueira
Nacemento7 de agosto de 1968
 Toba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Católica de Louvain
Ocupaciónxurista e profesora
PaiCamilo Nogueira Román
CónxuxeXavier Vence
editar datos en Wikidata ]

María da Alba Nogueira López, nada en Toba o 7 de agosto de 1968, é unha xurista galega, catedrática de dereito administrativo da USC. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2012 [1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Camilo Nogueira e Paz López Facal licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991. Ampliou estudos na Universidade Católica de Lovaina (1992-1993) realizando un Mestrado en Dereito Internacional e Europeo e doutorouse en 1997. Especialista en Dereito Ambiental, intervención administrativa na economía e dereitos lingüísticos é membro dende 2009 da Comisión de Lingua e Comunicación do Consello da Cultura Galega e forma parte do consello científico da revista catalá Llengua i Dret, da Revista Vasca de Administración Pública e da Revista Catalana de Dret Ambiental.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Como estudante participou nos Comités Abertos de Facultade e foi representante no Consello de Goberno da USC. Foi membro da Comisión Xurídica de Nunca Máis e milita en Adega. Contribuiu a organizar ANPAS Galegas e a Federación de Anpas de Compostela. Participou na Mesa Sectorial de Universidades en representación da CIG.

Sen militancia política na actualidade, no pasado colaborou co PSG-Esquerda Galega, Bloque Nacionalista Galego e con En Marea[2]. O seu nome soou en 2006 para se enfrontar a Anxo Quintana para liderar a organización [3] e para encabezar a lista da fronte ás eleccións municipais de 2011[4]. En 2013 entrou no Consello Nacional do BNG[5].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Estatuto xurídico da lingua galega. Xerais, 2005 (con Antonio X. Ferreira, Anxo Tato e Luís Villares)
  • An Alternative Economic Governance for the European Union. Centre Maurits Coppieters, Bruxelas, 2013 (con Alberto Turnes e Xavier Vence)
  • Investigación e lingua. Propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica. Universidade de Vigo, 2014
  • Crisis, derechos sociales e igualdad (dir.), Tirant lo Blanch, 2015.
  • La termita Bolkestein. Mercado único vs. derechos ciudadanos (dir.), Civitas, 2012.
  • Shaping language rights: Commentary on the European Charter for Regional or Minority Languages in light of the Committee of Experts' evaluation (ed.), Council of Europe, 2012
  • Evaluación de impacto ambiental. Evolución normativo-jurisprudencial, cuestiones procedimentales y aplicación sectorial (dir.), Atelier, Barcelona, 2009.
  • Titularidad, competencias y fiscalidad de las aguas minerales y termales. Marco comunitario de protección ambiental (dir.), Ed. Aranzadi, 2009.
  • Régimen jurídico de la selección del profesorado universitario, Atelier, Barcelona, 2004.
  • Ecoauditorías. intervención pública ambiental y autocontrol empresarial, Marcial Pons, 2000.
  • Participación cidadán e lexislación comunitaria ambiental, Escola Galega de Administración Pública, 1997.

Notas[editar | editar a fonte]