Ramón López Facal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaRamón López Facal
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Toba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (2010–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de xuño de 2018manifesto «Renovar el pacte constitucional» (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarilar Aleixandre Editar o valor em Wikidata
IrmánsXan López Facal e Javier López Facal Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 121370

Ramón Vicente López Facal, nado en Toba (Cee) en 1952, é un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor de ensino medio durante 35 anos e profesor asociado no departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Despois foi profesor de Didáctica das Ciencias Sociais na USC.

É membro da asociación Sine Nomine, promotora da renovación dos métodos de ensino das Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, e coautor de diversas publicacións sobre historia contemporánea e didáctica da historia.

Forma parte dos consellos das revistas Enseñanza de las Ciencias Sociales, Revista de Investigación; Revista de Educación (MEC); Íber; Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales; Educatio Siglo XXI; Revista Galega de Educación; Le Cartable de Clio (Suíza); Clío & Asociados (Arxentina).

Obras[editar | editar a fonte]

  • De la idea a la identidad: estudios sobre nacionalismos y procesos de nacionalización, con M. Cabo (2012).
  • “Los «conflictos candentes» en el aula”, Íber, 69, con V. Santidrián (2011)
  • “Nacionalismos y europeísmos en los libros de texto: Identificación e identidad nacional”, Clío & Asociados, 14, Non V. Santidrián (2010).
  • “Identities, social representations and critical thinking”, Cultural Studies of Science Education, 4, con M. P. Jiménez (2009).