Galicia Hoxe
(Redirixido desde "O Correo Galego")
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia (homónimos).
Galicia Hoxe | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1994 |
Empresa editora | Editorial Compostela |
Lingua | lingua galega |
Localidade | Santiago de Compostela |
Galicia Hoxe é un xornal dixital galego que, primeiramente en papel, se publicou en Santiago de Compostela editado pola Editorial Compostela, a mesma que edita El Correo Gallego. Foi o primeiro diario en lingua galega, apareceu o 6 de xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e cunha tirada inicial de 10.000 exemplares[1], e en maio de 2003 cambiou para o seu nome definitivo. O derradeiro número en papel saíu o 28 de xuño de 2011. As razóns do peche da edición en papel hai que buscalas, segundo o propio medio, no recorte de axudas económicas que habitualmente recibía da Xunta de Galicia[2]. Non obstante mantén a súa cabeceira como diario dixital.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Helena Goyanes Vioar et al. A información en galego. Edicións Lea, 1996, páxina 19.
- ↑ "Pecha Galicia Hoxe", 28/6/2011.