Sandra Cisneros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sandra Cisneros
Nacemento20 de decembro de 1954
Lugar de nacementoChicago
NacionalidadeEstados Unidos de América e México
Alma máterLoyola University Chicago, Universidade de Chicago, Universidade de Iowa e University of La Punta
Ocupaciónnovelista, poeta, escritora de contos, escritora, ensaísta, mestra e arts administrator
Coñecida porThe House On Mango Street e Woman Hollering Creek and Other Stories
PremiosBolsa MacArthur, American Book Awards, Prêmio Anisfield-Wolf, National Medal of Arts e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
https://www.sandracisneros.com/
Facebook: sandracisnerosauthor Instagram: officialsandracisneros Bitraga: 910 WikiTree: Cisneros-195 Genius: Sandra-cisneros Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sandra Cisneros, nada en Chicago (Illinois) o 20 de decembro de 1954, é unha escritora estadounidense. Na súa obra ten pegada a cultura mexicana. É coñecida polas novelas A casa de Mango Street e Caramelo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Única muller de seis irmáns, sendo nena a súa familia mudouse con frecuencia, vivindo en varios pisos no South Side de Chicago. En 1976 obtivo o Bacharelato en literatura inglesa na Universidade Loyola Chicago. Matriculouse nun programa de posgrao en escritura creativa na Universidade de Iowa, e gañou un título de mestrado en escritura creativa en 1978. Recibiu unha bolsa do National Endowment for the Arts en 1982, que lle permitiu pasar un ano no Instituto Mihály Károlyi de Vence (Francia). Traballa como directora de literatura no Centro de Artes Culturais Guadalupe de San Antonio (Texas) e en Porto Rico.

Obra[editar | editar a fonte]

  • A casa de Mango Street (The House on Mango Street; novela, 1984; tradución de Alicia Meléndez Sousa)[1]
  • The Rodrigo Poems (poesía, 1985)
  • Woman Hollering Creek and Other Stories (colección de contos, 1981)
  • My Wicked, Wicked Ways (poesía, inclúe "the Rodrigo Poems" e "Bad Boys", 1992)
  • Hairs / Pelitos (adaptación infantil bilingüe de The House on Mango Street, 1994)
  • Muller ceiba (Loose Woman; poesía, 1994; tradución de Marilar Aleixandre)[2]
  • Caramelo (novela, 2002)

Notas[editar | editar a fonte]