Banda deseñada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Little Sammy Sneeze (1904-06) por Winsor McCay.

Un cómic, historieta, tira cómica ou banda deseñada[1] é unha forma de arte visual que por medio de viñetas ilustradas forma unha historia secuenciada visualmente.

Profundizando un pouco máis, pódese dicir que normalmente a banda deseñada, que se basea na síntese da linguaxe verbal, icónica e secuencial é un medio principalmente narrativo, aínda que é posible encontrármonos algunhas ligadas coa descrición, ensaio ou mesmo poesía (líricas).

A banda deseñada é denominada tamén literatura de imaxe, narrativa debuxada ou arte secuencial. O papel predominante na narración é o das imaxes; as palabras están subordinadas sendo posible a súa total desaparición.

Orixe[editar | editar a fonte]

A orixe e nacemento da banda deseñada é, ás veces, discutida. Aínda así, para a banda deseñada xaponesa ponse como orixe ao artista Hokkusai, e xeralmente é aceptado que o primeiro cómic foi The Yellow Kid (1894), editado nos EUA. Foi nesta obra onde apareceron os globos da forma na que os coñecemos hoxe. Rápidamente popularizouse esta forma nos xornais dos EEUU, aparecendo obras dunha gran calidade artística como Little Nemo in Slumberland de Windsor McCay, recoñecido por moitos como a primeira obra mestra da BD. Ata os anos 40 houbo un crecemento moi importante, pasando de ser pequenas tiras infantis, a seriais con páxinas completas a todo cor nos xornais más importantes e a aparecer revistas e libros. Aínda que en en principio era considerado infantil ou humorística, a BD creou series como Terry and the pirates que tiñan forza e drama suficiente para sairse desa clasificación. Entre os anos 20 e 60 a BD como forma de contar historias extendeuse por todo o mundo. Unha gran cantidade de países comezaron a producir BD para consumo propio, nacendos series que nos seus países de orixen son consideradas clásicos: O capitán Trueno, O guerreiro do anteface, Mortadelo e Filemón (en España), Astérix en Francia,Tintín en Bélxica, etc.

Denominacións[editar | editar a fonte]

A expresión é un calco do francés bande dessiné, que tamén se usa no portugués. Porén, no Brasil esta denominación é practicamente descoñecida e coñécese coma história a quadrinhos. No castelán é coñecido pola denominación de cómic, igual ca en inglés. Tamén é popular en castelán o nome de tebeo, debido a unha revista de bandas deseñadas moi popular na posguerra chamada TBO. O caso do Brasil é análogo: a expansión da revista [falta cita] tamén levou a que se estendese o seu nome para este tipo de literatura.

Elementos[editar | editar a fonte]

A imaxe[editar | editar a fonte]

A unidade mínima teórica é a viñeta, recadro onde se enmarcan as imaxes. Nela temos o encadramento, a selección que se fai do espazo e a perspectiva, igualiño ca no cinema. Segundo se faga, poden aparecer diversos planos:

  • plano xeral: personaxes, local, edificio, obxectos.
  • plano enteiro: personaxes de corpo enteiro.
  • plano medio: personaxes cortados polo van.
  • primeiro plano: rostro dos personaxes
  • plano detalle: detalles do corpo humano.

Ademais, estes planos están vistos desde unha determinada altura. A isto chámaselle ángulo de visión:

  • normal: á altura dos ollos
  • picado ou vista de paxaro: visto de arriba a abaixo
  • contrapicado ou salto de ra: de abaixo a arriba.

O marco das viñetas pode ser simple, ornado, non existir marco delimitador ou mesmo que a imaxe ocupe toda unha páxina ou un fondo onde se sitúan outras viñetas.

Poden ter forma irregular, e a súa orde e forma inflúen no ritmo narrativo e na percepción tanto directa como en matices sentimentais da acción.

Recursos e convencións gráficas[editar | editar a fonte]

A banda deseñada desenreolou unha serie de efectos visuais que non existen propiamente na realidade ou noutras artes e que a súa interpretación ven da intuición ou da sociedade:

Liñas cinéticas: indican o movemento dos personaxes, o dinamismo. Hainas de moitos tipos, desde liñas simples que indican a traxectoria do movemento ata grandes masas de liñas paralelas que indican que un fondo estase a mover.

Metáforas visuais: debuxos ou signos abstractos que suxiren unha acción ou estado de ánimo. Varían levemente duns estilos a outros e tamén dependen do mercado de orixe da BD en cuestión. Por exemplo: as estrelas ao redor dunha cabeza ponden indicar mareo.

O texto[editar | editar a fonte]

Os textos poden ser:

  • Diálogos: onde aparecen as voces dos personaxes (en castelán, bocadillos).
  • Os globos: espazos para expresións e pensamentos dos personaxes.
  • Textos de apoio: fóra dos globos ou inseridos entre as viñetas. Reforzan o papel do narrador.
  • Onomatopeas: palabras que representan ruídos e acostuman estar fóra dos globos, mais introducidas nas viñetas.

Estilos ao redor do mundo[editar | editar a fonte]

Segundo a súa orixe, os Cómic ou Bandas Deseñadas poden ser clasificados de moitas formas diferentes, pero habitualmente hai tres mercados que teñen predominancia tanto na aplicación de formatos de publicación como nos estilos:

En inglés[editar | editar a fonte]

O mercado anglosaxón está formado polos países de fala inglesa e que ten nos EEUU como o principal produtor. É un mercado que amosa predilección polas series de superheroís e de ciencia ficción. Despois dunha época (ata os anos 70-80) na que as tiras nos periódicos foron formato habitual e máis respetado, na actualidade os formatos habituais son o Comic Book (revista grampada dunhas 24-32 páxinas habitualmente, aínda que hai moitos exemplos de maior cantidade e que é especialmente utilizado para os superheróis), a novela gráfica (que é a adaptación do modelo de álbum europeo e que é habitualmente utilizado para obras independentes), a revista (máis común no Reino Unido, con exemplos como 2000 A.D.). Desde hai algúns anos os países iberoamericanos teñen unha forte dependencia deste mercado e son satélites del. Como autores máis coñecidos están Will Eisner, Jack Kirby, Neal Adamas, Milton Caniff ou os máis modernos Jim Lee.

Francia-Bélxica[editar | editar a fonte]

O mercado franco-belga, tamén coñecido como europeo, xa que estes dous países, que comparten as editoriais e o mercado, son a cabeza da banda deseñada europea a nivel comercial. Exceptuando algún país como Italia (que ten tamén un bo mercado e produción propia estilísticamente recoñecible) os principais autores de BD europea traballan para editoriais franco-belgas. España, Alemaña e outros países xiran estilísticamente arredor de Francia, e aínda que debido á sensibilidade e os movementos propios de cada país hai variacións estilísticas, a banda deseñada europea ten un estilo narrativo e visual común. Aínda que os temas preferentes son a ciencia ficción e as aventuras, a banda deseñada europea mostra unha variedade de xéneros e un aprecio polas obras independentes e de autor moito maior que o mercado anglosaxón. Os formatos habituais son o álbum (libro en aproximadamente A4 de entre 48 e 96 páxinas) e a revista de prepublicación(chamada así porque as series saían por entregas nunha revista antes de ser publicadas en álbum, e que durante moitos anos foi o principal formato e está agora en clara decadencia), aínda que están cada vez máis presentes formatos imitados de outros paises, como o comic book, o tomo recopilatorio xaponés (tankoubon) e dende hai pouco o modelo de revista de prepublicación xaponesa ou zashi. O mercado europeo ten tamén como cualidade o feito de ser moi aberto a cómics de diferente orixe e non só á produción propia. Autores europeus importantes: Franquin, jean Giraud, tamén coñecido como Moebius, Miguelanxo Prado, Hugo Pratt, Hergé ou Enrico Marini.

Xapón[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Manga.

O mercado xaponés é o mellor implantado no seu país de orixe, cunha implantación social sorprendente desde o punto de vista occidental. A súa estética mistura en orixe a arte tradicional xaponesa (visible nos Ukiyo-e) e a estética propia da banda deseñada e animación occidental, dando como produto unha estética propia moi característica. Produce unha cantidade e variedade de series inmensa. Na actualidade, a súa influencia déixase notar nos mercados de Corea e China, onde xurdiron produtos autóctonos cunha estética moi semellante e con formatos na maioría das ocasións idénticos. Os seus formatos son o zashi sou revista de prepublicación, habitualmente en papel moi barato e con moitas series e o tankoubon ou tomo recopilatorio, de menor tamaño. Autores recoñecidos son: Osamu Tezuka, Katsuhiro Otomo, Akira Toriyama, Jiro Taniguchi, Go Nagai, CLAMP.

Outros mercados[editar | editar a fonte]

Aínda que na actualidade o mundo da Bd depende destes tres vértices, estilísticamente e históricamente hai outros:

Arxentina[editar | editar a fonte]

Durante os anos corenta, antes da a aparición da televisión, Arxentina tivo un crecemento moi importante na produción de Bd. Houbo unha gran cantidade de revistas, de diferentes xéneros e apareceron diferentes xeracións de debuxantes de gran recoñecemento internacional. Alberto Breccia, coñecido como un dos máis importantes debuxantes da historia e gran experimentador gráfico, Hugo Pratt, que aínda que era italiano formou o seu estilo na Arxentina, Francisco Solano López, que xunto co guionista Héctor Germán Oesterheld (considerado un dos mellores guinistas de banda deseñada do mundo) creou en 1957 a obra maestra ''El Eternauta''. Esta historia, situada en Bos Aires é o primeiro antecedente da «banda deseñada de autor», desenrolada despois en Europa. As diferentes crises económicas fixeron moito dano ao mercado e á viabilidade economica deste e a ditadura militar asasinou ou obligou a se exiliar a unha grande cantidade de autores, deixando un mercado que é unha sombra do que foi e que depende cada vez máis do mainstream dos EUA.

España[editar | editar a fonte]

España tivo un mercado moi extendido nos anos 40 e 60, con series como Capitán trueno ou Zipi Zape. Non obstante, coa chegada da televisión o mercado comezou a decrecer e debido á ditadura, a época de transición á banda deseñada adulta e experimental, que en Francia, Italia, Xapón e Arxentina chegara nos anos 60 e 70 non chegou ata os anos 80, nos que despois dun gran crecemento da produción o mercado colapsou e case desapareceu a produción nacional. Na actualidade a grande maioría dos produtos son traducións de obras estranxeiras e os autores nacionais traballan habitualmente para editoriais francesas, italianas e norteamericanas.

Italia[editar | editar a fonte]

Italia tivo un mercado moi forte en Europa, con fortes editoriais e series moi populares ligadas aos fumetti (banda desenhada en italiano). O estilo propio dos autores italianos, dentro de Europa, ten unha certa independencia. Nos últimos anos, as similitudes co mercado francés son maiores e moitos dos autores consagrados da BD italiana traballan para editoriais francesas.

China[editar | editar a fonte]

O cómic chinés, quedou dividido na produción que facía a propia China (cunha produción estatalizada e aislada dos produtos de outros países) e a que se facía en Hong Kong e Taiwán, máis libres e fortemente influenciadas por outros países. En Hong Kong e Taiwán tiveron unha forte influencia dos modelos anglosaxóns de BD ata os anos sesenta, nos que os debuxos animados e as BDs do Xapón comezaron a ser traducidos e distribuidos alí. Outra influencia temática foron os filmes de artes marciais dos anos 60 e 70. Unha das series que marcou a estética do cómic chinés foi "Chinese Heroe" nos anos oitenta. A estética habitual da Bd chinesa actual é semellante á xaponesa, pero ten preferencia por un maior detalle e realismo e polo uso da cor (o manga xaponés é case sempre en branco e negro).

Corea[editar | editar a fonte]

O manhwa ou cómic coreano, que na actualidade está moi fortemente influenciado pola produción xaponesa (ata o punto de que as BDs coreanas habitualmente confúndense coas xaponesas).

Iugoslavia[editar | editar a fonte]

Iugoslavia tivo unha época dourada nos anos 30 no que á produción de BD refírese. Houbo unha gran xeración de autores que, atentos á produción que viña dos EEUU produciu series moi populares. Despois da guerra o goberno comunista prohibiu gran cantidade de BDs, pero despois dos anos 60, a diferencia de outros países comunistas, Iugoslavia permitiu a entrada de cómics de outros países. Isto permitiu que coa influencia e coñecemento de obras internacionais xurdira unha nova xeración de prata e unha serie de autores que estaban dentro da innovación da BD en Europa. Despois da guerra dos Balcáns moitos dos seus autores exiliáronse a Francia e EEUU. Nos últimos anos xurdiron novas revistas e o mercado está a crecer.

Banda deseñada na Galiza[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos a banda deseñada galega goza de moi boa saúde acaparando grande aceptación tanto dentro coma fora das nosas fronteiras. Son moitos os autores e colectivos que teñen participado en certames internacionais chegando mesmo a seren premiados en varias ocasións (Salò Internacional del Cómic de Barcelona, Festival de Banda Deseñada de Angoulême, etc.). Neste sentido destaca a figura de Miguelanxo Prado sendo sen dúbida un dos primeiros en destacar xa nos anos 80 participando na fundación da revista galega Xofre e en múltiplas revistas españolas do underground. Xa nos 90 con obras como Trazo de xis coa que optería diversos premios, como o Alph-Art ao mellor álbum estranxeiro do Festival de Angoulême, Prado pasa por ser o autor galego máis recoñecido.

Na década de 1990 terá grande importancia na difusión da banda deseñada no país a denominada explosión manga, avivada polo éxito entre o público infantil e xuvenil de diversas series de animación xaponesas baseadas en BDs. Así na TVG comezaríanse a emitir series coma o Dr Slump ou As bolas máxicas que axiña acadaron unha grande popularidade que non deixaría de medrar ata a aparición do programa Xabarín Club dentro do cal, alén de emitir series baseadas en manga se emitiron filmes baseados en Asterix, a serie do Corto Maltés ou mesmo un espazo adicado especificamente á banda deseñada. Tamén comezan a destacar neste final de século a realización de diferentes xornadas e salóns de exposicións adicados á BD en diferentes vilas e cidades galegas, entre os cales se podería destacar o Viñetas desde o Atlántico que se celebra tódolos anos na Coruña durante o verán.

Xa a finais dos 90 e no comezo do século XXI comezarían a ter grande importancia o desenvolvemento de revistas adicadas ao cómic. Xa en 1999 nace Golfiño a cal, en dúas etapas diferentes, durou ata 2004 e na cal participaron case todos os autores galegos do momento. Pouco despois, en 2001, nace a revista BD Banda en torno á cal se irá xestando un colectivo homónimo adicado activamente á difusión e promoción da novena arte na Galiza. Xa en 2003 nace o fanzine Barsowia cunha orientación estética máis "alternativa" e que é editado polo colectivo Polaqia. Entre os autores a destacar estarían David Rubín, Kiko da Silva, Emma Ríos, etc.

Xéneros[editar | editar a fonte]

Ficción:

Aventuras

  • Misterio e serie negra
  • Romántica

Histórica

Fantástico:

  • Ciencia ficción:
  • Space opera
  • Superheroes
  • Fantasía heroica

Terror

  • Terror clásico
  • Terror moderno

Erotismo e pornografía

  • Erótica
  • Banda deseñada SMBD e Ero-gore
  • Manga erótico (hentai)

Sátira e Humor

  • Animaís falantes
  • Vangarda, underground e alternativa
  • Banda deseñada expresionista

Non ficción:

  • Biografía
  • Crónica e reportaxe
  • Ensaio

Autores destacados[editar | editar a fonte]

Títulos destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Acéptanse tanto cómic, historieta, tira cómica como banda deseñada como equivalentes, se ben, segundo a lingua, prímase máis unha ou outra denominación. Na Galipedia, no seu momento, estaba abondo máis desenvolta a versión de B.D., polo que se pasou o contido da entrada de cómic á de B.D.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Banda deseñada

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]