Lista de escuderías de Fórmula 1
Esta é unha lista de escudarías de Fórmula 1. Están as que algunha vez competiron, o fan actualmente ou o farán nun futuro próximo no Campionato Mundial de Fórmula 1.
Actualizada a día 29 de febreiro de 2024.
Terminoloxía: construtores - equipos
[editar | editar a fonte]Nas carreiras de Fórmula Un os termos "construtor" e "participante" teñen significados específicos e diferentes. Un participante é a persoa ou entidade corporativa que rexistra un coche e un piloto para unha carreira, e é o responsable de preparar e manter ese coche durante a fin de semana. Como resultado deste papel de preparación e participación activa no funcionamento da carreira, o termo "equipo" aplícase comunmente a unha organización participante.
Construtores
[editar | editar a fonte]En virtude do artigo 6.3 do Regulamento Deportivo da FIA, "o construtor dun motor ou chasis é a persoa (incluíndo calquera persoa física ou xurídica) que posúe os dereitos intelectuais sobre devandito motor ou chasis."[1] O título de campión mundial de construtores de Fórmula Un outórgase ao coche que logra máis puntos durante o transcurso da tempada, un construtor está formado pola escudaría fabricante do chasis e polo fabricante do motor que esta usa. Polo tanto, si o chasis e o motor do coche son construídos pola mesma entidade (por exemplo, Ferrari, Toyota, BRM etc.), a denominación é simplemente o nome do construtor. Pero, cando o chasis e o motor constrúense por diferentes entidades a denominación do coche comprende ambos (por exemplo, McLaren-Mercedes, Lotus - Climax etc.), o nome do construtor do chasis colócase antes que a do fabricante do motor. Como o motor e o chasis están incluídos no nome da escudaría, se un chasis participa con motores diferentes (por exemplo, Lotus - Ford, Lotus-BRM) son considerados dúas escudarías diferente e os puntos conséguense por separado. O título do Campionato Mundial de Construtores outórgase ao construtor do chasis da escudaría que logra máis puntos. Por esta razón, esta lista só ten en conta os construtores de chasis. Para obter máis información sobre os motores, véxase Motores de Fórmula 1.
Equipos
[editar | editar a fonte]Desde principios da década de 1980 a FIA require que as escudarías participantes na Fórmula Un sexan propietarias dos dereitos intelectuais dos chasis cos que participan, polo que os termos "escudaría" e "construtor", e xa que logo tamén "equipo", convertéronse en sinónimos.
Antes desta época, os construtores eran libres de vender os seus chasis a outros equipos que os quixesen. Brabham e o chasis Lotus foron utilizados amplamente por outros equipos durante os anos 1960 e 1970 e varios equipos moi competitivos nunca construíron o seu propio chasis. Rob Walker Racing Team foi o exemplo máis exitoso, sendo responsable das primeiras vitorias en Fórmula Un de Cooper e Lotus.
Houbo algunhas excepcións recentes nas que unha empresa especialista, que non participaba como tal no campionato, foi a encargada de deseñar e construír chasis para diferentes equipos; por exemplo os coches Lola construídos para Larrousse e Scuderia Italia a finais da década de 1980 e principios de 1990. A Larousse quitáronlle os puntos acadados na tempada 1990 logo de que a FIA decidira que nomearanse falsamente como construtores do chasis e non Lola. En 1978, o novo equipo Arrows que fora fundado por expersoal de Shadow, foi demandado por Shadow sobre a base de que o coche Arrows FA/1 era unha copia do Shadow DN9, unha visión compartida polo Tribunal Superior do Reino Unido, que prohibiu a Arrows competir co FA/1. Déronse casos máis recentes con Ligier (1995), Sauber (2004), Scuderia Toro Rosso (2006 e 2007) e Super Aguri (2007 e 2008), estes equipos foron acusados de utilizar un chasis producido por outro construtor (respectivamente Benetton, Ferrari, Red Bull Racing e Honda). Non se tomaron medidas contra ningún destes equipos, as autoridades deportivas deron por probado en cada caso de que o equipo era dono da propiedade intelectual do chasis co que correron.
Construtores na actualidade
[editar | editar a fonte]Correcto ata o Gran Premio de Abu Zabi de 2024 Clave: Carreiras = Número de carreiras participadas; Pilotos = Número de pilotos; Salidas = Número total de salidas ; Vitorias = Número de carreiras gañadas; Pts. = Número de Puntos do campionato de construtores anotados; PP = Número de pole positions; VR = Número de volta rápida; Pod. = Número de podios; CMC = Campionatos de Construtores gañados; CMP = Campionato de pilotos gañados.
Construtor | Motor | País | Base | Tempadas | Carreiras | Saídas | Pil. | Total saídas | Vitorias | Pts. | PP | VR | Pod. | CMC | CMP | Primeiro Gran Premio | Antes coñecido como |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alpine | Renault | 2021-presente | 90 | 90 | 4 | 180 | 1 | 513 | 0 | 1 | 6 | 0 | 0 | Toleman (1981–1985), / Benetton (1986–2001), Lotus (2012–2015), / Renault (2002-2011, 2016-2020) | |||
Aston Martin | Mercedes | 1959–1960, 2021-presente |
96 | 95 | 7 | 191 | 0 | 506 | 0 | 3 | 9 | 0 | 0 | Países Baixos 1959 | Jordan (1991–2005), Midland (2006), Spyker (2007), Force India (2008–2018), Force India (2018), Racing Point (2019–2020) | ||
Ferrari | Ferrari | 1950–presente | 1100 | 1098 | 82 | 2326 | 248 | 10.324 | 253 | 263 | 829 | 16 | 15 | Mónaco 1950 | |||
Haas | Ferrari | 2016–presente | 190 | 190 | 8 | 380 | 0 | 307 | 1 | 3 | 0 | 0 | 0 | Australia 2016 | |||
McLaren | Mercedes | 1966–presente | 974 | 970 | 52 | 2017 | 189 | 6957´5 | 164 | 171 | 524 | 9 | 12 | Mónaco 1966 | |||
Mercedes | Mercedes | [a] |
1954–1955, 2010–presente |
317 | 317 | 12 | 646 | 129 | 7690´5 | 141 | 109 | 298 | 8 | 9 | Francia 1954 | Tyrrell (1970–1998), BAR (1999–2005), Honda (2006–2008), Brawn (2009) | |
RB | Honda | 2024 | 24 | 24 | 3 | 48 | 0 | 46 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | Austria 2020 | Minardi (1985–2005), Toro Rosso (2006–2019), alpha Tauri (2021-2023) | ||
Red Bull | Honda | [b] | 2005–presente | 394 | 393 | 11 | 784 | 122 | 7837 | 103 | 99 | 282 | 6 | 8 | Australia 2005 | Stewart (1997–1999), Jaguar (2000–2004) | |
Sauber/ BMW Sauber/ Kick Sauber[c] |
Ferrari | [d] | 1993–2018, 2024 | 489 | 486 | 32 | 950 | 1 | 869 | 1 | 5 | 26 | 0 | 0 | Suráfrica de 1993 | Sauber (1993–2005, 2011–2018), / BMW Sauber (2006–2010), Alfa Romeo (2019–2023) | |
Williams | Mercedes | 1978–presente | 827 | 826 | 48 | 1571 | 114 | 3.637 | 128 | 133 | 313 | 9 | 7 | Arxentina 1978 |
Construtores que xa non compiten
[editar | editar a fonte]A nacionalidade de Eagle, Penske, Shadow e Wolf está en disputa.
Só 500 millas de Indianápolis
[editar | editar a fonte]Construtores, que só participaron no Campionato Mundial nas 500 Millas de Indianápolis de 1950 a 1960. Todos eles tiñan sede nos Estados Unidos.
Equipos Privados
[editar | editar a fonte]As seguintes escuderías nunca contruíron o seu propio chasis, polo que non son "construtores" como tal:
- AE Moss (1954)
- Bernard White Racing (1966–1968)
- BMS Scuderia Italia (1988–1993) Usou chasis de Dallara e de Lola
- British F1 Racing (1977)
- BS Fabrications (1976–1978)
- Camoradi International (1959–1961)
- DW Racing Enterprises (1963–1967)
- Écurie Belge (1950–1953)
- Écurie Bleue (1950, 1959–1960)
- Écurie Bonnier (1957–1958, 1966–1971)
- Écurie Ecosse (1952–1954)
- Écurie Espadon (1950–1952)
- Écurie Lutetia (1950)
- Écurie Maarsbergen (1957–1964)
- Écurie Rosier (1950–1956)
- Enrico Platé[g] (1950–1953)
- Equipe Gordini
- Equipe Moss (1954)
- Escuderia Bandeirantes (1952)
- FISA (1961)
- FR Gerard Cars (1950–1951, 1953–1954, 1956–1957)
- Frank Williams Racing Cars
- Goldie Hexagon Racing (1974)
- John Willment Automobiles (1964–1965)
- Juan Manuel Fangio (1958)
- Matra International (1968–1969)
- Mecom Racing Team (1962)
- North American Racing Team (1964–1965, 1969)
- Officine Alfieri Maserati
- Otelle Nucci (1962–1963, 1965)
- Reg Parnell Racing (1959, 1961–1969)
- Rob Walker Racing Team (1953–1955, 1957–1970)
- Scuderia Achille Varzi (1950)
- Scuderia Ambrosiana (1950–1951, 1954)
- Scuderia Centro Sud (1957–1961, 1963–1965)
- Scuderia Filipinetti (1962–1963)
- Scuderia Milano
- Scuderia Sant'Ambroeus (1961)
- Scuderia Sud Americana (1958)
- Silvio Moser Racing Team (1966, 1969–1970)
- T.A.S.O. Mathieson (1953)
- Team Gunston (1962–1963, 1965, 1967–1972, 1974–1975)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Force India anteriormente Jordan, Midland and Spyker; posteriormente Racing Point Force India.
- ↑ Racing Point Force India anteriormente Jordan, Midland, Spyker e Force India, posteriormente converteuse en Racing Point.
- ↑ Entre 1954–1955.
- ↑ Red Bull tivo licenza británica en 2005 e 2006.
- ↑ From 1993 a 2005 e de 2011 a 2018 como Sauber; de 2006 a 2010 como BMW Sauber; en 2024 como Kick Sauber.[2]
- ↑ From 1993 a 2005, de 2010 a 2018 e de 2024 Sauber tivo licenza Suíza (en 2010 como BMW Sauber e desde 2024 como Kick Sauber); desde 2006 hasta 2009, licencia alemana (como BMW Sauber).
- ↑ Alfa Romeo tivo licenza italiana en 1950–1951 e 1979–1985.
- ↑ Renault tivo licenza británica en 2011.
- ↑ In 1952 and 1953 Scuderia Platé built their own engines for the Maserati-Platé 4CLT.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "2007 Formula One Sporting Regulations" (PDF). FIA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de agosto de 2011. Consultado o 2008-04-11. (.pdf)
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeTeamNameChanges
- ↑ En 1949 e 1950 AFM participou no Campionato de Alemaña de Fórmula 2.
- ↑ Dende 1948 até 1957 Alta foi tamén o fabricante de motores dos equipos HWM, Cooper e Connaught.
- ↑ Arrows era coñecido como Footwork de 1991 a 1996
- ↑ En 1964 e 1967, ATS foi o fabricante de motores para as escuderías Derrington-Francis e Cooper, correu no Gran Premio de Italia de 1964 e no Gran Premio do Reino Unido de 1967 con Mário de Araújo Cabral e Silvio Moser.
- ↑ BAR antes Tyrrell, posteriormente Honda, logo, Brawn, e a continuación, Mercedes GP.
- ↑ Benetton antes Toleman, posteriormente Renault F1.
- ↑ De 1986 a 1995 Benetton F1 Team tivo unha licenza de Reino Unido, desde 1996 a 2001, unha italiana.
- ↑ Coloni converteuse en Andrea Moda.
- ↑ Non se conceden puntos antes de 1958.
- ↑ Frank Williams Racing Cars inclue Politoys (1972), Iso Marlboro (1973-1974) e Wolf-Williams (1976). Posteriormente converteuse en Wolf. Williams Grand Prix Engineering, agora Williams F1, foi o novo construtor creado por Frank Williams e Patrick Head, despois de que Williams deixara Wolf-Williams.
- ↑ Jaguar anteriormente Stewart Grand Prix. Posteriormente converteuse en Red Bull Racing.
- ↑ Jordan converteuse en Midland F1 Racing, a continuación, Spyker, despois Force India.
- ↑ Non inclue a participacións Indianápolis Kurtis 500 (1950-1960).
- ↑ Leyton House antes March Engineering.
- ↑ Ligier posteriormente converteuse en Prost Grand Prix.
- ↑ Lola inclue Larrousse 1990 e Mastercard Lola 1997.
- ↑ March converteuse en Leyton House Racing, máis tarde reaparece como March para o final da tempada.
- ↑ Midland antes Jordan Grand Prix, posteriormente Spyker F1, logo Force India.
- ↑ Minardi converteuse en Scuderia Toro Rosso.
- ↑ Osella converteuse en Fondmetal.
- ↑ Prost antes Ligier.
- ↑ http://www.racingsportscars.com/covers/_Watkins_Glen-1973-10-07e.jpg
- ↑ http://www.racingsportscars.com/covers/_Watkins_Glen-1978-10-01e.jpg
- ↑ Spyker antigo equipo Jordan Grand Prix e Midland F1 Racing, converteuse posteriormente en Force India.
- ↑ Stewart converteuse posteriormente en Jaguar Racing.
- ↑ Toleman posteriormente converteuse en Benetton Formula.
- ↑ Tyrrell converteuse en British American Racing.
- ↑ "F1 Marussia Virgin Racing team to compete under Russian flag". RIA Novosti. 3 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 3 de febreiro de 2011.
- ↑ Wolf anteriormente Frank Williams Racing Cars.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lista de escuderías de Fórmula 1 |