Stebro é un fabricante de sistemas de escapes de aceiro inoxidable de alto rendemento para os coches europeos. Os seus produtos desenvólvense e fabrican no Canadá e envíanse aos clientes de todo o mundo. Tamén foi un construtor de coches de Fórmula Júnior e Fórmula 1.
Stebro fundouse en 1956. Pioneiro no mercado de sistemas de escape de alto rendemento, pronto gañou unha boa reputación. Tamén demostrando o éxito da súa enxeñería de deseño 'Stebro' foi un construtor canadense de coches de carreiras de Fórmula Júnior. O equipo tamén competiu nunha carreira de Fórmula 1, o Gran Premio dos Estados Unidos de 1963, onde o seu coche terminou no sétimo lugar.
Pedro Broeker, o dono e presidente da empresa de fabricación de accesorios para automóbiles, deseñou e construíu o Stebro na súa planta de Montreal,[1] para promover a compañía no mercado canadense.[2] Un chasis Stebro de Fórmula Júnior provisto dun motor Ford 105E competiu nun Gran Premio de Fórmula 1, o Gran Premio dos Estados Unidos de 1963. O motor, que incluía unha caixa de cambios Hewland, era a única alteración, o motor Weber Ford de 1500 cc daba 110hp (82kW).[3] O coche foi pilotado por Broeker, que a pesar de loitar contra os máis potentes coches de Fórmula Un, terminou no sétimo lugar, completando 88 das 110 voltas.[2]
Logo de terminar a súa andaina nas carreiras, Stebro segue sendo un fabricante de sistemas de escape de alto rendemento en aceiro inoxidable para os coches europeos e americanos. Os seus produtos son desenvolvidos e fabricados na súa fábrica en Ottawa, Canadá.[4]