Ao redor de 1960, a fábrica de Trojan foi vendida a Peter Agg que vendía scooters Lambretta no mercado británico. En 1962, adquiriu o dereito a fabricar o micrococheHeinkel e a liña de produción trasladouse de Dundalk, Irlanda a Croydon, Surrey. A produción continuou ata 1965, producindo preto de 6.000 coches. Tamén en 1962, Trojan adquiriu o negocio de autos deportivos Elva e empezou a facer o Mk IV Elva Courier.
Isto á súa vez levou á fabricación de coches de carreiras do equipo McLaren ata que a produción de vehículos, finalmente cesou na década de 1970. Trojan limitada segue existindo como unha compañía independente, aínda que a fábrica foi vendida na década de 1970.
Participou en oito grandes premios, entrando nun total de 8 coches. En 1974 David Purley gañou o Brighton Speed Trials pilotando un Trojan-Chevrolet T101. O McLaren M1 produciuno Peter Agg's Lambretta Trojan Group en Rye, Sussex. Construíron 200 McLaren durante dez anos.