Aston Butterworth
| Nome completo | Aston Butterworth |
|---|---|
| Bandeira | |
| Baseada en | Inglaterra |
| Tempadas en activo | 1 (1952) |
| Número de pilotos | |
| Debut | Gran Premio de Bélxica de 1952 |
| Carreiras | 4 |
| Campionatos de Construtores | 0 |
| Campionatos de Pilotos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Pole positions | 0 |
| Voltas Rápidas | 0 |
| Puntos totais | 0 |
| Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1952 |
Aston Butterworth é un construtor de Fórmula 2 do Reino Unido, durante os anos 1952-3, cando o campionato mundial de pilotos disputabase baixo as regulación da Fórmula 2. Participaron en catro Grandes Premios do Campionato do Mundo.
O proxecto foi promovido por Bill Aston, que decidiu construír un coche de Fórmula 2. O chasis era unha copia dun Cooper de Fórmula 2, equipado cun Motor boxer de 4 cilindros ideado por Archie Butterworth. O coche fixo o seu debut en abril de 1952 na Copa de Lavant en Goodwood,[1] terminando oitavo con Aston ao volante. En maio, presentaron un segundo coche, pilotado por Robin Montgomerie-Charrington, que alcanzou o mellor resultado do equipo, un terceiro lugar en Chimay en xuño.
No Gran Premio de Alemaña de 1952 retirouse na segunda volta tras sufrir unha perda de presión de aceite.[2] Aston continuou aparecendo nas carreiras durante a tempada 1953, pero nunca houbo suficiente diñeiro para desenvolver o programa correctamente. Cando se introduciron as novas regulacións da F1 en 1954, Aston-Butterworth deixou de participar.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1952 | Aston NB41 | Butterworth F4 | Dunlop | SUI | 500 | BEL | FRA | RU | ALE | NED | ITA | |
| NP | Ret | NSC | ||||||||||
| Ret |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aston Butterworth |