Gilby Engineering

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gilby
Nome completo Gilby Engineering
Bandeira Reino Unido Reino Unido
Baseada en Inglaterra
Tempadas en activo 8 (1954-1957, 1959-1962)
Número de pilotos Flag of the United Kingdom.svg Roy Salvadori
Flag of the United Kingdom.svg Ivor Bueb
Flag of the United Kingdom.svg Keith Greene
Debut Gran Premio de Francia de 1954
Carreiras 12
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1962


Gilby Engineering foi un equipo de carreiras de motor e máis tarde construtor de coches de carreiras do Reino Unido. O equipo competiu en 12 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, incluíndo 6 cos coches de construción propia, pero non anotou ningún punto do campionato do mundo. Os coches de Gilby foron construídos por Syd Greene para que os pilotase o seu fillo Keith. Previamente correran cun Maserati 250F para Roy Salvadori e Ivor Bueb e tamén cun Cooper para Greene Jr.. Keith Greene máis tarde fíxose famoso como xerente dun equipo de Fórmula Un e nas carreiras de autos deportivos. Gilby fixo o seu debut no Gran Premio de Francia de 1954 co Maserati, para Salvadori, quen tamén pilotou para o equipo en 1955 e 1956, e a última carreira do equipo foi o Gran Premio de Italia de 1962. Despois de que o equipo deixou de competir na Fórmula Un, o último coche de Gilby comprouno o piloto privado Ian Raby e participou en tres carreiras en 1963.[1] Keith Greene logrou un terceiro lugar na clasificación na carreira fora de campionato do Gran Premio de Nápoles de 1962, cun coche con motor BRM, detrás dos Ferrari oficiais de Willy Mairesse e Lorenzo Bandini.[2]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Puntos Pos.
1954 Maserati 250F Maserati I6 P ARX 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP -[3] n/a[3]
Roy Salvadori Ret Ret
1955 Maserati 250F Maserati I6 P ARx MON 500 BEL NED GBR ITA -[3] n/a[3]
Roy Salvadori Ret
1956 Maserati 250F Maserati I6 P ARX MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA -[3] n/a[3]
Roy Salvadori Ret Ret 11
1957 Maserati 250F Maserati I6 P ARX MON 500 FRA GBR ALE PES ITA -[3] n/a[3]
Ivor Bueb NC
1959 Cooper T43 Climax L4 ? MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA -[3] n/a[3]
Keith Greene NSC
1960 Cooper T45 Maserati L4 ? ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA -[3] n/a[3]
Keith Greene Ret
1961 Gilby 1961 Climax L4 D MON NED BEL FRA GBR ALE ITA USA 0 NC
Keith Greene 15
1962 Gilby 1962 BRM V8 D NED MON BEL FRA GBR ALE ITA USA RSA 0 NC
Keith Greene Ret NSC

Outros coches Gilby[editar | editar a fonte]

(key)

Ano Equipo Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
1963 Ian Raby Gilby BRM V8 D MON BEL NED FRA GBR ALE ITA USA MEX RSA
Ian Raby Ret NSC NSC

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 307. ISBN 0851127029. 
  2. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 165. ISBN 0851127029. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 Gilby non competíu como construtor