Suráfrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
República de Suráfrica1
Bandeira de Suráfrica Escudo de Suráfrica
Bandeira Escudo
Lema: !ke e: ǀxarra ǁke
(ǀXam: Unidos na diversidade)
Himno nacional: Nkosi Sikelel' iAfrika
 
South Africa (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Pretoria (executiva)
Cidade do Cabo (lexislativa)
Bloemfontein (xudicial)
Cidade máis poboada Xohanesburgo
Linguas oficiais
Africáner, inglés, ndebele, sesotho, sesotho sa leboa, setsuana, suazi, tsonga, venda, xhosa e zulú
Forma de goberno Democracia constitucional
Jacob Zuma
Independencia
 • Data
do Reino Unido
31 de maio de 1910
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 25º
1.221.037 km²
Desprezable
4.862 km
2.798 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 25º
51.770.560 (2011)[1]
42,4 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2009)
 • PIB per cápita
Posto 22º
US$ 287.219 millóns
US$ 5.823
PIB (PPA)
 • Total (2009)
 • PIB per cápita
Posto 25º
US$ 505.214 millóns
US$ 10.243
IDH (2009) 0,683 (129º) – Medio
Moeda Rand (ZAR)
Xentilicio Surafricano, surafricana
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+2)
CEST (UTC+3)
Dominio de Internet .za
Prefixo telefónico +27
Prefixo radiofónico S8A-S8Z
Código ISO 710 / ZAF / ZA
Membro de: UA, ONU, Commonwealth

1 Republic of South Africa é o seu nome oficial en inglés. Nas outras linguas oficiais do país o nome do estado é:
Africáner: Republiek van Suid-Afrika
Ndebele: iRiphabliki yeSewula Afrika
Xhosa: iRiphabliki yomZantsi Afrika
Zulú: iRiphabhuliki yaseNingizimu Afrika
Suazi: iRiphabhulikhi yeNingizimu Afrika
N. Sesotho: Repabliki ya Afrika-Borwa
S. Sesotho: Rephaboliki ya Afrika Borwa
Setsuana: Rephaboliki ya Aforika Borwa
Tsonga: Riphabliki ra Afrika Dzonga
Venda: Riphabuḽiki ya Afurika Tshipembe
Tamén en galego: República de África do Sur.

Tódolos países do mundo

Suráfrica ou África do Sur,[2] oficialmente República de Suráfrica, é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Suacilandia; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano.

Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o africáner, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano. Aínda que o inglés é a lingua máis utilizada na vida pública e de negocios, é tan só a quinta lingua máis falada nos fogares.

Ademais das linguas, o país é tamén etnicamente diverso. Ao redor do 79,2% da poboación surafricana é de orixe negra africana, dividida nunha gran variedade de grupos étnicos que falan diferentes linguas bantús, nove das cales teñen carácter oficial. En Suráfrica tamén viven grandes comunidades de europeos, hindús e etnicamante mixtas. Ao redor dunha cuarta parte da poboación carece de emprego e vive con menos de un euro ao día. Sudáfrica é tamén un dos membros fundadores da Unión Africana, da cal posúe a economía máis grande de tódolos membros. Tamén foi membro fundador das Nacións Unidas e é membro entre outras organizacións da Commonwealth de Nacións, da Organización Mundial do Comercio ou do Fondo Monetario Internacional.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome "Sudáfrica" provén da situación xeográfica do país no extremo sur do continente africano. Trala constitución do país chamouse Unión Surafricana, reflectindo así a súa orixe pola unión de catro antigas colonias británicas. Dende 1961 a forma longa do nome é "República de Sudáfrica". En inglés coñécese como Republic of South Africa, mentres que en neerlandés chamouse Republiek van Zuid-Afrika até 1983, cando foi reemprazada pola forma en africáner Republiek van Suid-Afrika. Dende 1994 a "República de Sudáfrica" ten nome oficial en cada unha das súas 11 linguas oficiais, que son os seguintes:

Lingua Forma longa Forma curta
Africáner Republiek van Suid-Afrika Suid-Afrika
Inglés Republic of South Africa South Africa
Sotho do norte Repabliki ya Afrika-Borwa Afrika Borwa
Ndebele IRiphabliki yeSewula Afrika iSewula Afrika
Sotho Rephaboliki ya Afrika Borwa Afrika Borwa
Swazi iRiphabhulikhi yeNingizimu Afrika iNingizimu Afrika
Tsonga Riphabliki ra Afrika Dzonga Afrika-Dzonga
Tswana Rephaboliki ya Aforika Borwa Aforika Borwa
Venda Riphabuḽiki ya Afurika Tshipembe Afurika Tshipembe
Xhosa iRiphabliki yomZantsi Afrika uMzantsi Afrika
Zulú iRiphabhuliki yaseNingizimu Afrika iNingizimu Afrika

Mzansi, que deriva do termo xhosa uMzantsi e significa "sur", é un nome coloquial para Sudáfrica.[3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Sudáfrica.

África do Sur é un dos estados-nacións máis antigos de África. Cando os primeiros colonos neerlandeses chegaron a ela no 1652, África do Sur estaba habitada por tribos africanas como os khoi, os san, os xhosa e os zulú. Inglaterra foi conquistando progresivamente o poder aos neerlandeses, contra os cales trabaron tres guerras: a guerra Anglo-Holandesa e mailas dúas guerras dos Boers. No 1910 as catro repúblicas da rexión uníronse para formar a Unión da África do Sur. No 1931 África do Sur tornouse un Dominio británico totalmente soberano. No 1961 tornouse nunha república.

Véxase tamén a historia do Apartheid

Política[editar | editar a fonte]

O goberno surafricano funciona segundo un sistema parlamentario, aínda que o Presidente de Sudáfrica é ó mesmo tempo xefe de estado e xefe de goberno. O presidente é electo nunha sesión conxunta do parlamento bicameral, que consta dunha Asemblea Nacional (National Assembly), ou cámara baixa, e un Consello Nacional de Provincias (National Council of Provinces), ou cámara alta.

A Asemblea Nacional ten 400 membros, electos en representación proporcional. O Consello Nacional de Provincias, que substituíu ao Senado no 1997, está composto por 90 membros representando cada unha das nove provincias de África do Sur, alén das grandes cidades.

Cada provincia de África do Sur ten unha Lexislatura Provincial unicameral e un Consello Executivo liderado por un primeiro-ministro (premier).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa da Sudáfrica.

África do Sur ten unha paisaxe variada. Na parte occidental, esténdese unha gran meseta composta en parte por deserto e en parte por pastos e sabanas, cortada polo curso do río Orange e do seu principal afluente, o Vaal. Ao sur, érguense as cordilleiras do Karroo e, ao leste o Drakensberg, a maior cadea montañosa da África meridional. Ao norte, o curso do río Limpopo serve de fronteira con Botswana e Zimbabwe.

O clima varía entre unha pequena zona de clima mediterráneo, no extremo sur, na rexión do Cabo, a desértico ao noroeste. No Drakensberg hai áreas con clima de montaña.

A maior cidade é Xohanesburgo. A Cidade do Cabo, Durban e Pretoria son outras cidades importantes.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Mapa das provincias e distritos da Sudáfrica.
     Cabo Setentrional      Noroeste      Gauteng      Limpopo      Mpumalanga      KwaZulu-Natal      Cabo Oriental      Estado Libre      Cabo Occidental

Cando o apartheid rematou no 1994, o goberno surafricano tivo que integrar aos antigos ¨Bantustans¨ semi ou independentes na estrutura política de Sudáfrica. Para acabaren con isto, aboliron ás catro antigas provincias de Sudáfrica (Provincia do Cabo, Provincia de Natal, Estado Libre de Orange e Transvaal) e substituíronas por outras nove. As novas provincias son moito máis pequenas cás antigas, teoricamente para darlle unha mellor facilidade ao goberno de cada unha sobre os distintos municipios.

As nove provincias están dividas en 52 distritos, seis dos cales son áreas metropolitanas ou concellos de clase A e os 46 restantes distritos municipais ou concellos de clase C, á súa vez estes 46 distritos municipais divídense en 231 concellos locais ou concellos de clase B. As novas provincias son:

Provincia Antigas provincias Capital Área (km²) Área (mi²) Poboación (2001)
O Cabo Oriental Provincia do Cabo, Transkei, Ciskei Bisho 169 580 65 475 6 436 761
Estado Libre Estado Libre de Orange, QwaQwa Bloemfontein 129 480 49 992 2 706 776
Gauteng Transvaal Xohanesburgo 17 010 6 568 8 837 172
KwaZulu-Natal Natal, KwaZulu Pietermaritzburg 92 100 35 560 9 426 018
Limpopo Transvaal, Venda, Lebowa, Gazankulu Polokwane 123 900 47 838 5 273 637
Mpumalanga Transvaal, KwaNdebele, KaNgwane, Bophuthatswana, Lebowa Mbombela 79 490 30 691 3 122 994
O Cabo Setentrional Provincia do Cabo Kimberley 361 830 139 703 822 726
Noroeste Transvaal, Provincia do Cabo, Bophuthatswana Mafikeng 116 320 44 911 3 669 349
O Cabo Occidental Provincia do Cabo Cidade do Cabo 129 370 49 950 4 524 335
Total 1 219 080 470 688 44 819 768

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Sudáfrica.
A Bolsa de Xohanesburgo é a meirande bolsa de valores de todo o continente africano.

Sudáfrica posúe unha economía mixta que é a segunda máis grande de África despois de Nixeria. Tamén ten un Produto Interior Bruto elevado se se compara con outros países da África subsahariana. A pesares disto, Sudáfrica aínda padece unha alta taxa de pobreza e desemprego, situándose como un dos dez países do mundo con maior desigualdade económica,[5] segundo o Coeficiente de Gini.

Ao contrario que a maioría dos países pobres do mundo, Sudáfrica non ten unha economía informal importante, xa que segundo as estimacións da OCDE, só un 15% dos empregos de Sudáfrica pertencen ao sector informal, unha porcentaxe moi baixa cando se compara co 50% de Brasil e a India ou o 75% de Indonesia. A OCDE atribúe esta diferenza a que Sudáfrica ten un sistema de benestar máis xeralizado.[6] As investigacións do Banco Mundial amosan que Sudáfrica ten unha das maiores diferenzas entre o Produto Nacional Bruto per capita e o Índice de Desenvolvemento Humano, fenda só superada por Botswana.[7]

Despois de 1994, as políticas do goberno reduciron a inflación, estabilizaron as finanzas públicas e atraeuse capital estranxeiro, aínda que o crecemento económico estivo por debaixo da media.[8] Dende o 2004 a economía repuntou significativamente, cun consecuente incremento do emprego.[8] Porén, os inmigrantes ilegais están implicados principalmente no comercio informal e a economía sumerxida, polo que moitos seguen a vivir en malas condicións. Ademais, as políticas migratorias tornaron máis restritivas a partir de 1994.[9]

Sudáfrica tamén é un destino turístico popular e unha boa parte dos ingresos do país proveñen do turismo.[10] Os principais países cos que comercia Sudáfrica sen contar outros países africanos son Alemaña, os Estados Unidos, China, Xapón, o Reino Unido e España.[11]

A agricultura contribúe ao 10% do emprego formal do país, sendo esta unha porcentaxe relativamente baixa en comparanza a outras partes de África. Non obstante, tamén dá traballo a moitos temporeiros e supón o 2,6% do PIB do país.[12] Por mor do clima árido, só o 13,5% do solo pode ser empregado para cultivos e tan só o 3% da terra ten alto potencial de cultivo.[13]

En agosto de 2013 Sudáfrica foi posicionado como o mellor país africano para o futuro segundo a revista FDi, tendo en conta o seu potencial económico, o entorno laboral, a rendibilidade, as infraestruturas e as estratexias de inversión estranxeira directa.[14] O Índice de Opacidade Financieira sitúa a Sudáfrica como 36º paraíso fiscal máis seguro do mundo, por diante das Filipinas e por detrás das Bahamas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Sudáfrica.
Migracións que formaron a actual Sudáfrica.
Mapa de densidade de poboación de Sudáfrica segundo o censo de 2011.
     <1 /km2      1–3 /km2      3–10 /km2      10–30 /km2      30–100 /km2      100–300 /km2      300–1000 /km2      1000–3000 /km2      >3000 /km2

Segundo o último censo de poboación de 2011, Sudáfrica contaba con preto de 52 millóns de habitantes con diferentes orixes, culturas, linguas e relixións. Nunha estimación realizada en 2014 o número ascendía a 54 millóns.[15]

Sudáfrica tamén é fogar duns 5 millóns de inmigrantes ilegais, dos que arredor de 3 millóns son do veciño Cimbabue.[16] O 11 de maio de 2008 producíronse unha serie de disturbios violentos contra os inmigrantes, sendo o foco a cidade de Alexandra, preto de Xohanesburgo. Nas seguintes semanas a violencia espallouse pola provincia de Gauteng e nas cidades costeiras de Durban e Cidade do Cabo.[17][18]

Na elaboración do censo, o Servizo Nacional de Estatística de Sudáfrica pregunta á poboación que se describa a si mesma segundo cinco grupos raciais.[19] No censo de 2011, os datos amosaron unha composición da poboación na que o 79,2% da poboación era de orixe negra africana, o 8,9% de orixe europea, outro 8,9% de orixe mixta, o 2,5% da India ou do sueste asiático e un 0,5% que se definiu como Outro/Sen especificar.[1] O primeiro censo que se realizou en Sudáfrica foi en 1911, e nel amosábase que a poboación de ascendencia europea ascendía ao 22%, baixando até un 16% en 1980.[20]

Sudáfrica tamén acolle un número importante de refuxiados e persoas que precisan asilo político. Segundo o World Refugee Survey 2008, publicado polo Comité dos Estados Unidos de América para refuxiados e inmigrantes, está poboación ascendía a 144.700 persoas en 2007.[21] Os diferentes grupos de refuxiados e solicitantes de asilo ascenden a máis de 10.000 persoas, nos que se inclúen 48.400 de Cimbabue, 24.800 da República Democrático do Congo e 12.900 de Somalia.[21] A meirande parte viven en Xohanesburgo, Pretoria, Durban, Cidade do Cabo e Porto Elizabeth.[21] Algúns refuxiados tamén comezaron a establecerse e vivir en zonas rurais como Mpumalanga, KwaZulu-Natal e Cabo Oriental.

Cultura[editar | editar a fonte]

Linguas[editar | editar a fonte]

Sudáfrica ten 11 linguas oficiais : inglés, afrikaans, zulú, swati, ndebele, linguas sesotho do norte e do sur, Tsonga, tswana , venda e xhosa.

O país recoñece ademais oito non oficiais: fanagalo, lobedu, ndebele, phuthi, lingua de signos surafricana, khoe, nama e san. Estas pódense usar en certos usos oficiais en áreas limitadas onde se determinou que estas linguas prevalecen.

Educación[editar | editar a fonte]

Escolares en Mitchells Plain.

Sudáfrica posúe un sistema educativo que se estrutura en tres etapas diferentes. A primeira delas e a educación primaria, seguida da educación secundaria e a educación universitaria. Hai doce cursos na educación obrigatoria, que van dende o grao 1 até o 12. O Grao R é previo á educación primaria.[22] A educación primaria posúe sete cursos[23] e a secundaria cinco.

As universidades públicas de Sudáfrica están divididas en tres tipos: as universidades tradicionais, que ofrecen graos universitarios orientados á teoría; as universidades tecnolóxicas, que ofrecen diplomas e graos vocacionais; e universidades integrais, que ofrecen ámbolos dous tipos de cualificación. Hai 23 universidades públicas en Sudáfrica: 11 tradicionais, 6 tecnolóxicas e 6 integrais.

Durante o apartheid, as escolas para os negros eran suxeito de discriminación por medio de financiamentos insuficientes e un programa de estudos chamado Acta de Educación Bantú, que estaba deseñado para ofrecerlles aos estudantes unha formación como traballadores.[24]

No ano 2004 o país comezou a reformar a súa educación superior, incorporando pequenas universidades en institucións meirandes e renomeando todas as institucións de ensino superior como "universidade" para corrixir estes desequilibrios.

Entre os anos 2002 e 2005 Sudáfrica destinou o 5,4% do seu PIB á educación[25] e a taxa de alfabetización en adultos era do 88,7% en 2007.[26]

Saúde[editar | editar a fonte]

Caída da esperanza de vida por causa da SIDA.

Segundo o Instituto Surafricano de Relacións Raciais, a esperanza de vida no 2009 era de 71 anos para os surafricanos brancos e de 48 para os surafricanos negros. A inversión en sanidade no país supón o 9% do PIB e, aínda así, só o 16% da poboación está cuberta nos plans de saúde.[27] Un 20% da poboación recorre á sanidade privada e o resto paga do seu peto ou utiliza plans de caixa hospitalaria.[28] Os tres grupos hospitalarios dominantes, Mediclinic, Life Healthcare e Netcare, controlan en conxunto o 75% do mercado e un 84% da poboación depende do sistema público de saúde, que está condicionado por unha escaseza crónica de recursos humanos e materiais.[29]

VIH/SIDA[editar | editar a fonte]

De acordo co informe de 2013 da ONUSIDA, Sudáfrica tiña uns 6,3 millóns de habitantes afectados polo VIH, moitos máis que calquera outro país no mundo.[30] Do total de afectados, uns 360.000 eran menores de 14 anos.

Por outra banda, un estudio realizado no 2008 amosou que a infección de VIH/SIDA na poboación surafricana estaba moi diferenciada en liñas raciais: o 13,6% do surafricanos negros tiña VIH positivo, mentres que tan só o 0,3% dos surafricanos brancos o tiñan.[31] A maioría das mortes danse en persoas en idade laboral, o que supón que moitos orfos da SIDA dependan do estado para subsistir.[32]

A relación entre o VIH, un virus espallado principalmente por contacto sexual, e a SIDA foi negada durante moito tempo polo agora expresidente Thabo Mbeki e pola súa ministra de saúde Manto Tshabalala-Msimang, quen insistía en que moitas das mortes do país se producían por mor da malnutrición e a pobreza, e non polo VIH.[33]

Foi no 2007 cando o goberno comezou a facer esforzos para combater a SIDA, principalmente grazas á presión internacional.[34] Tralas Eleccións Xerais en Sudáfrica de 2009, o presidente Jacob Zuma nomeou ao doutor Aaron Motsoaledi como o novo ministro de saúde e comprometeuse a aumentar o financiamento e ampliar o tratamento da SIDA.[35]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Statistics South Africa, ed. (2012). Census 2011: Census in brief (PDF). Pretoria. ISBN 9780621413885. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para surafricano.
  3. «Mzansi DiToloki». Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  4. Cia.gov (ed.). «Distribution of family income – Gini index». Consultado o 26 de xuño de 2013. 
  5. «South Africa's economy: How it could do even better». The Economist. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  6. «DEPWeb: Beyond Economic Growth». Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  7. 8,0 8,1 «Economic Assessment of South Africa 2008: Achieving Accelerated and Shared Growth for South Africa». Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  8. Mattes, Robert; Crush, Jonathan e Richmond, Wayne. «The Brain Gain: Skilled Migrants and Immigration Policy in Post-Apartheid South Africa». Southern African Migration Project, Queens College, Canada. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  9. «SA Economic Research – Tourism Update» (PDF). Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  10. «South Africa». The World Factbook. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  11. Human Rights Watch, ed. (2001). Unequal protection the state response to violent crime on South African farms. ISBN 1-56432-263-7. 
  12. Mohamed, Najma (2000). Ben Cousins, ed. At the Crossroads: Land and Agrarian Reform in South Africa Into the 21st Century. ISBN 978-1-86808-467-8. 
  13. fDiIntelligence.com (ed.). «African Countries of the Future 2013/14». Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  14. Statistics South Africa (ed.). «"Mid-year population estimates 2014"» (PDF). Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  15. Hurd, Emma. SkyNews, ed. «Escape From Mugabe: Zimbabwe's Exodus». Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  16. «South African mob kills migrants». BBC. 12 de maio de 2008. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  17. Bearak, Barry (23 de maio de 2008). «Immigrants Fleeing Fury of South African Mobs». The New York Times. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  18. Lehohla, Pali (5 de maio de 2005). «Debate over race and censuses not peculiar to SA». Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  19. =Study Commission on U.S. Policy toward Southern Africa (U.S.) (1981). South Africa: time running out: the report of the Study Commission on U.S. Policy Toward Southern Africa. p. 42. ISBN 0-520-04547-5. 
  20. 21,0 21,1 21,2 «World Refugee Survey 2008». 19 de xuño de 2008. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  21. «A parent's guide to schooling». Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  22. «Education in South Africa». Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  23. «Bantu Education Act». Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  24. Hdrstats.undp.org (ed.). «Human Development Report 2009– South Africa». Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  25. UNESCO Institute for Statistics (ed.). «National adult literacy rates (15+), youth literacy rates (15–24) and elderly literacy rates (65+)». Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  26. «What does the demand for healthcare look like in SA?» (PDF). Mediclinic Southern Africa. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  27. «Motsoaledi to reform private health care». Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  28. ICAP at Columbia University (ed.). «South Africa». Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  29. ONUSIDA (ed.). «HIV and AIDS estimates (2013)». Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  30. AVERT.org (ed.). «South Africa HIV & AIDS Statistics». Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  31. «AIDS orphans». Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  32. «Sack SA Health Minister – world's AIDS experts». Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  33. «Situation Analysis. HIV & AIDS and STI Strategic Plan 2007–2011» (PDF). Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  34. «Zuma announces AIDS reforms». Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suráfrica Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]