Shadow Racing Cars
| Shadow Racing Cars | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
| Datas | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
Shadow Racing Cars foi un equipo de Fórmula 1, fundado e baseado inicialmente nos Estados Unidos aínda que posteriormente trasladouse a Reino Unido. O equipo foi titular dunha licenza estadounidense desde 1973 a 1975 e dunha licenza británica desde 1976 ata 1980, converténdose así no primeiro construtor en cambiar oficialmente a súa nacionalidade. A súa única vitoria en F1 logrouna como equipo británico.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]1971-1972 : Os primeiros anos da serie CanAm
[editar | editar a fonte]A compañía foi fundada por Don Nichols en 1971 como Advanced Vehicle Systems, os coches foron chamados Shadows (sombras), deseñados por Trevor Harris participaron baixo o nome de Shadow Racing Inc. O primeiro Shadow, o Mk I, foi presentado nas CanAm series con George Follmer e Vic Elford como pilotos. O Mk.1 contou cun deseño innovador, con rodas moi pequenas de fricción baixa, aínda que o coche era rápido, non era o coche máis fiable na pista.
O equipo fíxose máis competitivo o ano seguinte, susbtituíron o coche de Harris por un deseño de Peter Bryant, foi o Ti22 "coche de titanio" debido algúns elementos do coche, con Jackie Oliver terminou oitavo no campionato CanAm. O equipo tamén atopou algo de apoio financeiro na Universal Oil Products (UOP).
Shadow chegou a dominar a serie de 1974, aínda que a estas alturas estaban competindo en gran medida contra os privados, os equipos oficialesde McLaren e Porsche abandonaran a serie.
1973-1974 : Comezo na Fórmula Un
[editar | editar a fonte]
Cara ao final de 1972, Nichols anunciou que entraría co seu equipo na Fórmula 1 co patrocinio de UOP e os coches deseñados por, Tony Southgate, quen deseñara o BRM que deu a Jean-Pierre Beltoise a vitoria no Gran Premio de Mónaco do ano anterior.
O equipo debutou na Fórmula Un no Gran Premio de Suráfrica de 1973 co chasis Shadow DN1. Estaban dispoñibles dous coches para os pilotos Jackie Oliver e George Follmer, así como un para o equipo privado de Graham Hill que pilotaba o seu coche baixo o nome Embassy Hill.
Para a tempada 1974, o equipo contratou a dous dos pilotos máis prometedores do momento, o americano Peter Revson e o francés Jean-Pierre Jarier. Durante unha práctica para o Gran Premio de Suráfrica, Revson morreu por un fallo na suspensión do seu DN3. Foi substituído por Tom Pryce.
1975-1977: Máximo éxito
[editar | editar a fonte]

O novo DN5 pilotado por Jean-Pierre Jarier logrou a pole position nos dous primeiros Grandes Premios da tempada 1975 pero sufriu un fallo mecánico en ambas carreiras. O Shadow DN5 e a maioría dos coches de Fórmula 1 usaban motores Ford Cosworth DFV, que producían ao redor de 490 bhp. Pero, en 1975 Jarier pilotou outro coche, o DN7, e estaba equipado cun Matra V12 que producía ao redor de 550 bhp. A distancia entre eixes alargouse considerablemente para acomodar o motor francés moito máis grande e máis caro, aínda que debido a cuestións presupuestarias, o motor Matra do DN7 foi condenado a ser un feito illado. O novo compañeiro de equipo de Jarier, Tom Pryce, mostrou o seu talento ao gañar a carreira non de campionato, a Carreira de Campións ese mesmo ano. Pero Pryce, morreu nun estraño accidente que implicou un comisario no Gran Premio de Suráfrica de 1977.
O equipo substituíu a Pryce por Alan Jones, que só gañou un Gran Premio co equipo o Gran Premio de Austria do mesmo ano.
1978-1980: Declive
[editar | editar a fonte]Logo da tempada 1977 Shadow entrou nun forte declive. Alan Jones abandonou para unirse a Williams en 1978. Nese mesmo período, a maioría do seu persoal e o seu patrocinador Franco Ambrosio abandonaron para formar o seu propio equipo, Arrows, fichando ao talentoso mozo Riccardo Patrese. Malia o patrocinio da tabaqueira Villiger e a fichaxe dos experimentados pilotos Clay Regazzoni e Hans Stuck para a tempada de 1978, os resultados foron pobres. En 1980 foron absorbidos por Theodore Racing, pero o primeiro chasis Shadow con efecto terra era desesperadamente non competitivo, só cualificou unha vez un coche en sete carreiras. O patrocinador abandonou e logo da sétima das 14 carreiras da tempada o equipo Shadow desapareceu.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Puntos | Pos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1973 | Shadow DN1 | Ford V8 | G | ARX | BRA | RSA | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR | NED | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | 9 | 8º | |||
| Ret | Ret | Ret | 10 | Ret | Ret | Ret | Ret | 8 | Ret | 11 | 3 | 15 | |||||||||||
| 6 | 3 | Ret | NTS | 14 | Ret | Ret | 10 | Ret | Ret | 10 | 17 | 14 | |||||||||||
| DSC | |||||||||||||||||||||||
| 1974 | Shadow DN1 Shadow DN3 |
Ford V8 | G | ARX | BRA | RSA | ESP | BEL | MON | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | 7 | 8º | |||
| Ret | Ret | DNP | |||||||||||||||||||||
| 7 | 18 | Ret | |||||||||||||||||||||
| Ret | |||||||||||||||||||||||
| Ret | Ret | 8 | 6 | Ret | 10 | Ret | NC | ||||||||||||||||
| Ret | Ret | DNP | NC | 13 | 3 | 5 | Ret | 12 | Ret | 8 | 8 | Ret | Ret | 10 | |||||||||
| 1975 | Shadow DN3 Shadow DN5 Shadow DN7 |
Ford V8 Matra V12 |
G | ARX | BRA | RSA | ESP | MON | BEL | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | USA | 9´5 | 6º | ||||
| 12 | Ret | 9 | Ret | Ret | 6 | Ret | 6 | Ret | Ret | 4 | 3 | 6 | NC | ||||||||||
| NTS | Ret | Ret | 4 | Ret | Ret | Ret | Ret | 8 | 14 | Ret | Ret | Ret | Ret | ||||||||||
| 1976 | Shadow DN5 Shadow DN5B Shadow DN8 |
Ford V8 | G | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | XPN | 10 | 8º | ||
| 3 | 7 | Ret | 8 | 10 | 7 | 9 | 8 | 4 | 8 | Ret | 4 | 8 | 11 | Ret | Ret | ||||||||
| Ret | Ret | 7 | Ret | 9 | 8 | 12 | 12 | 9 | 11 | Ret | 10 | 19 | 18 | 10 | 10 | ||||||||
| 1977 | Shadow DN5B Shadow DN8 |
Ford V8 | G | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | MON | BEL | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | XPN | 23 | 7º | |
| NC | Ret | Ret | |||||||||||||||||||||
| Ret | Ret | 6 | 5 | 17 | Ret | 7 | Ret | 1 | Ret | 3 | Ret | 4 | 4 | ||||||||||
| Ret | 6 | Ret | Ret | Ret | |||||||||||||||||||
| 9 | Ret | Ret | Ret | 10 | 13 | Ret | 10 | 6 | |||||||||||||||
| 9 | |||||||||||||||||||||||
| Ret | |||||||||||||||||||||||
| 9 | |||||||||||||||||||||||
| 1978 | Shadow DN8 Snadow DN9 |
Ford V8 | G | ARX | BRA | RSA | USW | MON | BEL | ESP | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | 6 | 11º | ||
| 17 | Ret | NSC | NTS | Ret | Ret | Ret | 11 | 11 | 5 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | ||||||||
| 15 | 5 | NSC | 10 | NSC | Ret | 15 | 5 | Ret | Ret | NSC | NC | NSC | NC | 14 | NSC | ||||||||
| 1979 | Shadow DN9 | Ford V8 | G | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | 3 | 10º | |||
| Ret | 14 | Ret | Ret | 12 | 10 | NSC | 18 | 11 | 10 | Ret | Ret | NSC | 9 | NSC | |||||||||
| 7 | 12 | Ret | 7 | Ret | Ret | NSC | 16 | 12 | 11 | Ret | Ret | Ret | Ret | 4 | |||||||||
| 1980 | Shadow DN11 Shadow DN12 |
Ford V8 | G | ARX | BRA | RSA | USW | BEL | MON | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | 0 | NC | ||||
| NSC | NSC | ||||||||||||||||||||||
| 13 | NSC | NSC | NSC | NSC | |||||||||||||||||||
| NSC | NSC | NSC | NSC | NSC | NSC | NSC |
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shadow Racing Cars |
| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
