Gran Premio do Reino Unido de 1975

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Reino Unido de 1975
Detalles da carreira
Carreira 10 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975.
Trazado do circuíto de Silverstone
Trazado do circuíto de Silverstone
Data 19 de xullo de 1975
Nome oficial XXVIII RAC British Grand Prix
Localización Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Reino Unido
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´718 km
Distancia 56 voltas, 264´264 km
ClimaSeco, asollado
Pole position
Piloto Tom Pryce Shadow-Ford
Tempo 1:19.36[1]
Volta rápida
Piloto Suíza Clay Regazzoni Ferrari
Tempo 1:20.9 na volta 16[2]
Podio
Primeiro Emerson Fittipaldi McLaren-Ford
Segundo Carlos Pace Brabham-Ford
Terceiro Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford

O Gran Premio do Reino Unido de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 19 de xullo de 1975 no circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra. Foi a décima carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1975.

Foi o 30º de Gran Premio do Reino Unido, desde que se disputou por primeira vez en 1926 e a 17ª vez que a carreira celebrouse en Silverstone. A carreira celebrouse sobre 56 das 67 voltas programadas para completar unha de distancia de carreira de 264 quilómetros.

Os resultados víronse alterados por unha forte tormenta de sarabia na volta 53, o que provocou que tres dos catro primeiros coches (Jody Scheckter, James Hunt e Mark Donohue), fixeran aquaplaning e sufriran un accidente na mesma curva, poñendo fin anticipado á carreira, e significativas ausencias no podio. Outra serie de coches estrelouse na mesma curva, incluíndo a Wilson Fittipaldi, Jochen Mass e John Watson Os resultados finais da carreira foron os da volta seguinte a da volta na que a maioría dos coches estreláronse, dando ó brasileiro Emerson Fittipaldi, que fora o líder da carreira antes da tormenta, a vitoria cunha volta de vantaxe no seu McLaren M23. Carlos Pace, quen foi un dos accidentados no seu Brabham BT44B clasificouse en segunda posición con outro dos accidentados, o piloto do Tyrrell 007, Jody Scheckter terceiro clasificado.

A vitoria foi a décimo cuarta e última vitoria da carreira de Fittipaldi, que incluía dous campionatos do mundo. Aínda que seguiría correndo na Fórmula Un ata 1980. O triunfo tamén levou a Fittpaldi a pasar a Carlos Reutemann no segundo lugar no campionato, 14 puntos por detrás de Lauda.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

Instalouse unha nova chicane na curva Woodcote, a pesar das queixas dos puristas, pero cos argumentos de que era necesaria en interese da seguridade. Tom Pryce logrou a súa primeira pole position na carreira do seu país, mentres que Ferrari clasificou na segunda fila, con James Hunt languidecendo na quinta fila.

Graham Hill anunciou o súa retirada como piloto logo de 17 tempadas e 176 carreiras para concentrarse no seu equipo Embassy Hill.

Para a saída foi utilizado un sistema de luces por primeira vez nun Gran Premio, en substitución da bandeira nacional tradicional, Carlos Pace liderou por diante de Pryce.

Logo da tormenta de sarabia, só cinco coches quedaban na pista. O RAC declarou a carreira finalizada oficialmente na volta 56. Ferrari, cos seus dous coches atascados na volta 54 protestou a clasificación, pero o RAC desestimou estas protestas e tres días máis tarde, confirmáronse os resultados provisionais.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 56 1:22:05.0 7 9
2 8 Carlos Pace Brabham-Ford 55 Accidente 2 6
3 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 55 Accidente 6 4
4 24 James Hunt Hesketh-Ford 55 Accidente 9 3
5 28 Mark Donohue March-Ford 55 Accidente 15 2
6 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 55 + 1 volta 5 1
7 2 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 55 Accidente 10
8 12 Austria Niki Lauda Ferrari 54 + 2 voltas 3
9 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 54 Accidente 17
10 22 Australia Alan Jones Hill-Ford 54 + 2 voltas 28
11 18 John Watson Surtees-Ford 54 Accidente 18
12 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 54 + 2 voltas 12
13 11 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 54 + 2 voltas 4
14 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 53 Accidente 11
15 23 Tony Brise Hill-Ford 53 Accidente 13
16 15 Brian Henton Lotus-Ford 53 Accidente 21
17 32 John Nicholson Lyncar-Ford 51 Accidente 26
18 19 Dave Morgan Surtees-Ford 50 Accidente 23
19 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 50 Accidente 24
Ret 10 Alemaña Hans Joachim Stuck March-Ford 45 Accidente 14
Ret 6 Jim Crawford Lotus-Ford 28 Accidente 25
Ret 16 Tom Pryce Shadow-Ford 20 Accidente 1
Ret 29 Italia Lella Lombardi March-Ford 18 Motor 22
Ret 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 7 Motor 16
Ret 21 Francia Jacques Laffite Williams-Ford 5 Caixa de cambios 19
Ret 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 4 Motor 8
NSC 31 Países Baixos Roelof Wunderink Ensign-Ford
NSC 35 Hiroshi Fushida Maki-Ford

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1975
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1975
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1975
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1974
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1976

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 88. ISBN 0-85429-380-9. 
  2. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 90. ISBN 0-85429-380-9. 

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]