Ao chegar a derradeira carreira da tempada, Fangio tiña unha vantaxe de oito puntos sobre Collins e Jean Behra, que pilotaba un Maserati. O único xeito de perder o título era non terminar, e que Collins ou Behra gañaran, cunha volta rápida. Fangio e Behra se retiraron, e con Musso non disposto a compartir o seu coche con Fangio, Collins tivo unha gran oportunidade de gañar o seu primeiro título. Pero Collins, nun acto notable de deportividade, cedeu o seu propio coche a Fangio para que o arxentino terminara segundo na carreira e gañara o seu terceiro título consecutivo.
Os puntos do campionato eran entregados ás 5 primeiras posicións (8, 6, 4, 3, 2). Ademais dábase 1 punto extra pola volta máis rápida. Para o campionato do mundo só contaban os mellores cinco resultados das oito carreiras. É preciso ter en conta que nos coches compartidos os puntos dividíanse en partes iguais entre os pilotos, sen importar cantas voltas dera cada condutor ao volante.
Piloto de probas dos venres (PP) (desde 2003 en diante)
En branco
Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)
* Volta rápida (1 punto)
† Posición compartida entre os condutores do mesmo auto
Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.