Scirocco-Powell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Scirocco
Scirocco BRM SP-1
Nome completo Scirocco-Powell
Bandeira Reino Unido Reino Unido
Baseada en Inglaterra
Tempadas en activo 2 (1963-1964)
Número de pilotos Flag of the United Kingdom.svg Ian Burgess
Flag of the United States.svg Tony Settember
Bélxica André Pilette
Debut Gran Premio de Bélxica de 1963
Carreiras 7 (5 saídas)
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1964

Scirocco foi un construtor de Fórmula 1 do Reino Unido. Participou en 7 grandes premios, cun total de 9 coches.

Historia[editar | editar a fonte]

A finais de 1961, o estadounidense Hugh Powell comprou o equipo Emeryson, un equipo británico activo desde os anos 30. Logo de disputar un par de carreiras en 1962 co cadro de Emeryson ficharon a Tony Settember e John Campbell-Jones, en 1963, o equipo foi renomeado Scirocco-Powell e comezaron o proxecto dun novo coche, equipado con motores BRM.

O Scirocco estreouse no segundo Gran Premio da tempada, en Bélxica, cun monopraza pilotado por Settember. O piloto estadounidense saíu na décimo novena posición, pero na última fase da carreira tivo un accidente e o coche resultou seriamente danado, de todos os xeitos clasificouse oitavo. O equipo saltouse o Gran Premio de Holanda, Participou en Francia cun monopraza pilotado por Settember, e no Gran Premio de Gran Bretaña cun segundo coche para Ian Burgess.

Os resultados, eran escasos, coa excepción dun segundo posto de Settember no Gran Premio de Austria , carreira non válida para o Campionato do Mundo, nesta ocasión, aínda que Settember quedou a cinco voltas do vencedor Jack Brabham.

A falta de resultados levou a Powell a vender o equipo. En 1964 o coche de Burgess foi comprado polo piloto belga André Pilette, que xa correra unhas cantas carreiras para Emeryson. Pilette participou nalgunhas carreiras, válidas para o campionato, pero non logrou resultados notables e ao final da tempada Scirocco finalmente desapareceu das pistas.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Puntos Pos.
1963 Scirocco Racing Cars Scirocco-Powell SP BRM B MON
BEL
NED
FRA
GBR
ALE
ITA
USA
MEX
RSA
0 NC
Flag of the United Kingdom.svg Ian Burgess WD WD Ret Ret WD
Flag of the United States.svg Tony Settember Ret Ret Ret Ret NSC
1964 Equipe Scirocco Belge Scirocco-Powell SP Coventry Climax D MON
NED
BEL
FRA
GBR
ALE
AUT
ITA
USA
MEX
0 NC
Bélxica André Pilette Ret NSC

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]