Embassy Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hill
Embassy Hill
Nome completo Embassy Hill
Bandeira
Baseada en Reino Unido
Tempadas en activo 3 (1973 - 1975)
Número de pilotos Graham Hill
Tony Brise
Australia Alan Jones
Alemaña Rolf Stommelen
Debut Gran Premio de España de 1973
Carreiras 41
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1975

Embassy Hill foi un efémero equipo fundado polo dúas veces campión do mundo de Fórmula Un Graham Hill, que competiu como construtor co seu propio chasis na tempada de Fórmula 1 de 1975. O equipo debutou en 1973 e tivo un éxito limitado en tres tempadas de carreiras, pero todo foi truncado pola morte de Graham Hill e o persoal directivo do equipo nun accidente de aviación nunha avioneta no inverno antes da tempada de 1976. O equipo foi patrocinado pola marca de tabaco Imperial Tobacco Embassy e correu baixo varios nomes durante este tempo.

Historia[editar | editar a fonte]

Embassy Racing With Graham Hill foi creado cando Graham Hill decidiu abandonar o seu anterior equipo, Brabham, descontento co ambiente alí existente. Anunciou a finais de 1972 que estaba creando o seu propio equipo, en calidade de propietario e piloto.

Graham Hill
Hill Shadow DN1 de 1973 na demostración de 2008 no Goodwood Festival of Speed.

Logo de asegurarse o patrocinio de Embassy, Hill comezou a correr co seu equipo cos coches comprados a Shadow. As cousas non foron ben ese ano: O mellor resultado do equipo foi noveno en Zolder, sendo o último entre os 9 coches que acabaron (o ex campión do mundo tamén comezou 23º dos 23 coches que comezaron a carreira).

Os chasis de 1974 foron comprados a Lola, ata que en 1975 o equipo debutou o seu propio chasis, o modelo GH1 deseñado por Andy Smallman (que baseouse en gran medida no deseño do coche de Lola do ano anterior).[1]

Desafortunadamente, o debut do GH1 no Gran Premio de España de 1975[2] viuse empañado pola rotura do alerón traseiro de Rolf Stommelen, que lanzou o coche do alemán contra á multitude e matou catro persoas.

Stommelen resultou ferido no accidente e non regresou á competición ata a segunda metade da tempada.

Logo de non conseguir a clasificación no Gran Premio de Mónaco de 1975, unha carreira que gañara cinco veces, Hill deixou de pilotar, deixando as tarefas de pilotaxe para Tony Brise. Brise, considerado unha estrela en ascenso,[3] logrou o sexto lugar no Gran Premio de Suecia de 1975 e a sexta posición no Gran Premio de Italia de 1975.

Alan Jones fíxose cargo do segundo coche na maioría das carreira nas que Stommelen estivo de baixa, o australiano logrou o quinto lugar no Gran Premio de Alemaña de 1975.

François Migault e Vern Schuppan foron tamén pilotos do segundo Hill dese ano. Stommelen regresou máis tarde ese ano.

Fin do equipo[editar | editar a fonte]

Na noite do 29 de novembro de 1975 Graham Hill estaba pilotando unha avioneta Piper Aztec desde Francia a Londres. Os seus pasaxeiros eran o director do equipo Ray Brimble, o piloto do equipo Tony Brise, o deseñador Andy Smallman e os mecánicos Terry Richards e Tony Alcock. Regresaban do Circuíto Paul Ricard onde estiveran probando o coche GH2 que estaban preparando para 1976. Eles debían aterrar no aeródromo de Elstree antes de ir a Londres para asistir a unha festa. Pouco antes de 22:00 a avioneta chocou contra unhas árbores á beira dun campo de golf en Arkley debido á espesa néboa. No choque e explosión que seguiu morreron todos os pasaxeiros.[4][5] Só quedaron vivos o adestrador suplente do equipo e dous mecánicos, polo que era imposible continuar.[6][7]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor(es) Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Puntos Pos.
1973 Shadow
DN1
Ford V8 G ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA - -
Graham Hill Ret 9 Ret Ret 10 Ret NC 13 Ret 14 16 13
1974 Lola
T370
Ford V8 F ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA - -
Graham Hill Ret 11 12 Ret 8 7 6 Ret 13 13 9 12 8 14 8
Guy Edwards 11 Ret NSC 12 8 7 Ret 15 NTS NSC
Alemaña Rolf Stommelen Ret Ret 11 12
Peter Gethin Ret
1975 Lola
T370
T371
Hill
GH1
Ford V8 G ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA 3 11º
Graham Hill 10 12 NSC NSC
Tony Brise Ret 6 7 7 15 Ret 15 Ret Ret
Alemaña Rolf Stommelen 13 14 7 Ret 16 Ret
Francia François Migault NC Ret
Australia Vern Schuppan Ret
Australia Alan Jones 13 16 10 5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. GrandPrix.com, GP Encyclopedia - Embassy Hill Racing
  2. "THE CHAMPIONS / More than Mister Monaco: Graham Hill – all-rounder extraordinary". Autosport. Consultado o 2008-06-21. 
  3. Tremayne, David (August 2006). The Lost Generation. Haynes Publishing. ISBN 1-84425-205-1. 
  4. BBC, This day in history-- 1975: Graham Hill killed in air crash.
  5. Graham Hill, 46, Retired Racer, In Fatal Crash Piloting His Plane. UPI News Service, 1 de decembro de 1975 New York Times archive
  6. "Motor racing legend Graham Hill killed in a plane crash". The Guardian (London: Guardian Newspapers). 2 December 2008. Consultado o 24 October 2011. 
  7. Bardon, P. "Report on the accident at Arkley Golf Course". AAIB Formal Reports. Air Accidents Investigations Branch. Consultado o 24 October 2011. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]