Saltar ao contido

Bugatti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bugatti

Editar o valor en Wikidata
Fundación1909
MatrizVolkswagen
LocalizaciónMolsheim, Alsacia, Francia
FundadorEttore Bugatti
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
Na rede
https://www.bugatti.com/
Facebook: bugatti Twitter: Bugatti Instagram: bugatti LinkedIn: bugatti-automobiles-s-a-s Youtube: UC2qmmoQdJXLmre794U6zjXw Pinterest: bugatti Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bugatti é unha marca de automóbiles superdeportivos e de luxo, fundada en 1909 na entón cidade alemá de Molsheim, Alsacia (agora en territorio francés) polo italiano Ettore Bugatti. Hoxe en día pertence ao grupo alemán Volkswagen.

Na súa primeira etapa, os coches Bugatti eran coñecidos pola beleza do seu deseño (Ettore Bugatti era dunha familia de artistas e considerábase á vez un artista e construtor) e polas súas moitas vitorias. A morte de Ettore Bugatti en 1947 resultou ser o final da marca, e a morte do seu fillo Jean Bugatti en 1939 asegurou que non había un sucesor para dirixir a fábrica. Non se fixeron máis de 8.000 coches. A compañía loitou financieiramente, e lanzou un último modelo na década de 1950, antes de ser finalmente adquirida polo seu negocio de pezas de avión na década de 1960.

Dende os anos 1980 a marca foi xestionada pola empresa Bugatti Automobili SpA, que adquiriu tamén Lotus, ata que despois de ser comprada en 1998 polo Grupo Volkswagen, constituiuse en empresa de capital francés no ano 2000 coa denominación de Bugatti Automobiles SAS, con base en Molsheim.

Etapa Ettore Bugatti

[editar | editar a fonte]
Ettore Bugatti en 1932.

O fundador Ettore Bugatti naceu en Milán, Italia, e a empresa de automóbiles que leva o seu nome foi fundada en 1909 en Molsheim que se atopa na rexión de Alsacia que formaba parte do Imperio Alemán ata 1919. A compañía era coñecida tanto polo nivel de detalle da enxeñería dos seus automóbiles, como pola forma artística na que foron executados os deseños, dada a natureza artística da familia de Ettore (o seu pai, Carlo Bugatti (1856-1940), foi un importante deseñador Art Nouveau de mobles e de xoias).

A primeira guerra mundial e as súas secuelas

[editar | editar a fonte]
Bugatti Tipo 13 Brescia Sport-Racing, 1922.

Durante a guerra Ettore Bugatti foi enviado, inicialmente a Milán e máis tarde a París, pero en canto concluíron as hostilidades volveu á súa fábrica de Molsheim.[1] Menos de catro meses despois de que o Tratado de Versalles formalizara a transferencia de Alsacia de Alemaña a Francia, Bugatti conseguiu, no último minuto, un stand no 15. Salón do Automóbil de París en outubro de 1919.[1] Expuxo tres coches lixeiros, todos eles baseábanse moito nos seus equivalentes de antes da guerra, e cada un estaba equipado co mesmo árbore de levas en cabeza de 4 cilindros e 1.368 cc con catro válvulas por cilindro.[1] O máis pequeno dos tres era un "Tipo 13" cunha carrozaría de carreiras (construída polo propio Bugatti) e usando un chasis cunha distancia entre eixes de 2 000 mm (78,7 in).<ref. name=Automobilia1920/> Os outros eran un "Tipo 22" e un "Tipo 23" cunha distancia entre eixes de 2250 e 2400 mm. respectivamente.[1]

Éxitos nas carreiras

[editar | editar a fonte]
Bugatti Tipo 35B

A compañía tamén tivo un grande éxito a principios dos Gran Premio de automobilismo, gañando o primeiro Gran Premio de Mónaco en 1929 nun Bugatti tipo 35B. O éxito da compañía culminou co piloto Jean-Pierre Wimille gañando as 24 Horas de Le Mans dúas veces (en 1937, con Robert Benoist e 1939 con Pierre Veyron).

Os Bugatti máis famosos foron o Type 35 Grand Prix, o Type 41 "Royale", o Type 57 "Atlantic" e o deportivo Tipo 55.

Os coches Bugatti tiveron un grande éxito nas carreiras. O pequeno Bugatti Type 10 logrou as catro primeiras posicións na súa primeira carreira. O Bugatti Type 35 de 1924 é probablemente o coche de carreiras máis exitoso de todos os tempos, con máis de 2.000 vitorias. O Tipo 35 foi desenvolvido por Bugatti co mestre enxeñeiro e piloto de carreiras Jean Chassagne, que tamén o conduciu no primeiro Gran Premio do coche en Lión en 1924.[2] Bugatti logrou á vitoria na Targa Florio durante cinco anos consecutivos desde 1925 ata 1929. Louis Chiron, celebrou a maioría dos podios dos automóbiles Bugatti, e no rexurdimento moderno da marca Bugatti Automobiles SAS nomearon o seu concept car de 1999 Bugatti 18/3 Chiron na súa honra. Pero foi o seu último éxito na competición de Le Mans a que é máis recordada Jean-Pierre Wimille e Pierre Veyron gañaron a carreira de 1939 cun só coche e escasos recursos.

Bugatti Railcar

Carreiras de avións

[editar | editar a fonte]
Avión de carreiras Bugatti 100P.

Na década de 1930, Ettore Bugatti involucrouse na creación dun avión de carreiras, coa esperanza de vencer aos alemáns na Deutsch de la Meurthe prize. Este sería o Bugatti 100P,[3][4] que nunca voou. Foi deseñado polo enxeñeiro belga Louis de Monge que xa utilizara motores Bugatti Brescia no seu "Tipo 7.5".

Ettore Bugatti tamén deseñou un exitoso vagón motorizado, o Autorail.[5]

Traxedia familiar

[editar | editar a fonte]

A morte do fillo de Ettore Bugatti, Jean Bugatti, o 11 de agosto de 1939 marcou un punto de inflexión na fortuna da compañía. Jean morreu mentres probaba un coche de carreiras Tipo 57 corpo de tanque cerca da fábrica de Molsheim.

Bugatti Type 73A

Logo da II Guerra Mundial

[editar | editar a fonte]

Logo da segunda guerra mundial a fábrica de Molsheim estaba en ruínas e a compañía perdeu o control da propiedade. Durante a guerra, Bugatti planeou unha nova fábrica en Levallois, un suburbio do noroeste de París. Logo da guerra, Bugatti deseñou e planeou construír unha serie de novos coches, incluíndo o Tipo 73 de rúa e o Tipo 73C un coche de competición dun só asento, pero foron construídos só cinco coches do Tipo 73.

A construción dun coche de 375 cc sobrealimentado detívose cando Ettore Bugatti morreu o 21 de agosto de 1947. Trala morte de Ettore Bugatti, o negocio reduciuse aínda máis e fixo a súa última aparición como marca comercial no Salón do Automóbil de París en outubro de 1952.[6]

Logo dunha longa decadencia, Bugatti deixou de operar en 1952.

Motor Bugatti Tipo 49 (Musée de la Chartreuse, Molsheim)

Modelos máis importantes

[editar | editar a fonte]
Tipo Data Unidades Motor Notas Foto
Type 2 1900–1901 1 3050 cm³ I4
Type 5 1903 2 12867 cm³ I4 Árbore de levas OHV
Type 10 1908 1 1131 cm³ I4 OHC; foi segundo no Gran Premio de Francia de 1911
Type 13 1910–1914 435 1368 cm³ I4 OHC-Catro válvulas; postos 1º, 2º, 3º e 4º no Gran Premio de Brescia de 1921
Type 15 1910 1327 cm³ I4 OHC-Dúas válvulas, catro prazas
Type 17 1910 1327 cm³ I4 OHC-Dúas válvulas, catro prazas
Type 18 1912–1914 6 ou 7 5030 cm³ I4 Tres válvulas
Type 19 1911 1 855 cm³ I4 T-head; Prototipo do Lion-Peugeot BP1 resp. Peugeot BB ("Bebe") (3095 Expl.) Abb.: Peugeot BB.
Type 20 1911 6 1500 cm³ I4 T-head; Prototipo para Lion-Peugeot; non fabricouse en serie
Type 22 1913–1914 1368 cm³ I4 Motor de catro válvulas SOHC como o Brescia
Type 23 1913–1914 1368 cm³ I4 Versión de dúas válvulas do motor Brescia
Type 28 1921 1 2995 cm³ I8 OHC-Tres válvulas; prototipo de luxo de coche de turismo
Type 29 1922–1926 7 1991 cm³ I8 OHC-Motor de tres válvulas, 60 CV (45 kW), segundo no Grand Prix ACF de 1922. O Tipo 29 foi noveno en 1923 na Indy 500 co Príncipe de Cystria.
Type 30 1922–1926 ca. 600 1991 cm³ I8 Turismos e coches deportivos con motor baseado no Tipo 29
Type 32 1923 5 1991 cm³ I8 Motor do tipo 29 máis avanzado; carrozaría Tank; en 1923 foi terceiro no Gran Premio ACF en Tours
Type 34 1923 Estudo 14732 cm³ Bugatti con motor de aviación
Type 35 1924–1930 96 1991 cm³ I8 Desenvolvemento do motor do tipo 29. 90 hp (67 kW), revolucións máx. 6000 rpm
Type 35 A 1926 1991 cm³ I8 „Tecla“; OHC-Tres válvulas; Motor Type 30, rodas de radio de fábrica
Type 35 B 1924–1930 38 2262 cm³ I8 Motor Type 35 con turbocompresor, 135 PS (101 kW); gañou o Gran Premio de Francia de 1929
Type 35 Targa Florio 1924–1930 13 2262 cm³ I8 Type 35 B modificado; 100 PS (75 kW); para a Targa Florio de 1925 a 1929
Type 35 C 1924–1930 1991 cm³ I8 Motor con compresor Roots, 125 cabalos de forza, velocidade máxima 205 km/h, gañou o Gran Premio de Francia en 1928 e 1930
Type 35 T 1927 2262 cm³ I8 OHC tres válvulas; modelo Targa
Type 36 1925 1493 cm³ I8 Type-29 versión curta
Type 37 1926–1930 212 1496 cm³ I4 Novo motor OHC de tres válvulas, 60 PS (45 kW)
Type 37 A 1928-1930 67 1496 cm³ I4 Como o Tipo 37, pero con compresor Roots, tres válvulas OHC, coche de Gran Premio, de dúas prazas.
Type 38 1926–1927 Preto de 100 1991 cm³ I8 Motor Type-29
Type 38 A 1927 1991 cm³ I8 OHC tres válvulas; automóbil de turismo; Motor como o Type 30 e 35 A
Type 39 1926 ca. 20 1493 cm³ I8 OHC tres válvulas, compresor Roots; coche de Gran Premio; Chasis como o Type 35
Type 39 A 1926–1929 1493 cm³ I8 Motor Type-36, compresor Roots, 120 PS (89 kW); gañou o Gran Premio de Francia en 1926
Type 40 1926–1930 ca. 800 1496 cm³ I4 Motor Type-37
Type 40 A 1930 1627 cm³ I4 OHC 12 válvulas; turismo, bloque motor Type 49
Type 41 1927–1933 6 12736 cm³ I8 OHC tres válvulas; 300 PS (224 kW); Royale
Type 43 1927–1931 preto de 170 2262 cm³ I8 Motor Type-35 B con compresor Roots, 120 PS (89 kW)
Type 43 A 1928 2261 cm³ I8 OHC tres válvulas; deportivo de dúas prazas con motor Type 35 B
Type 44 1927–1931 1.095 2992 cm³ I8 OHC tres válvulas; sedán, sobre 1000 unidades
Type 45 1929–1930 1 3801 cm³ U16 1+1 Árbore de levas de tres válvulas, motor en V
Type 46 1929–1936 400 5359 cm³ I8 Novo motor SOHC de tres válvulas, 140 PS (104 kW)
Type 46 S 1930 5359 cm³ I8 OHC tres válvulas; turismo deportivo de luxo
Type 47 1930 2986 cm³ I6 OHC de 48 válvulas, coche de carreiras de fábrica, similar ó tipo 45
Type 49 1930–1934 470 3257 cm³ I8 Motor Type-44
Type 50 1930–1934 Preto de 100 4972 cm³ I8 Novo DOHC Motor de catro válvulas, 225 PS (168 kW); Turismo
Type 50 B 1937–1939 4972 cm³ I8 470 PS (350 kW) Motor Type-50; deportivo
Type 50 T 1937–1939 4972 cm³ I8 200 PS (150 kW) Motor Type-50; Cupé
Type 51 1931–1935 40 2262 cm³ I8 DOHC dúas válvulas, motor con compresor Roots; gañou o Gran Premio de Francia de 1931
Type 51 A 1931 1493 cm³ I8 DOHC dúas válvulas; coche de Gran Premio; como o Type 39 A
Type 51 C 1931 1991 cm³ I8 DOHC dúas válvulas; coche de Gran Premio; como o Type 35 C; tipo escaso
Type 52 1926 - 1930 Preto de 100 Motor eléctrico de 12 voltios Miniatura do T 35; 20 km/h
Type 53 1931–1932 2 ou 3 4972 cm³ I8 Motor Type-50, 300 PS (224 kW); con Tracción nas catro rodas para carreiras de montaña
Type 54 1931 4972 cm³ I8 DOHC dúas válvula; automóbil de carreiras; motor desenvolvido a partir do Tipo 50
Type 54 GP 1932–1934 4 ou 5 4972 cm³ I8 Motor Type-50, 300 PS (224 kW)
Type 55 1932–1935 38 2262 cm³ I8 Motor Type-51, 130 PS (97 kW)
Type 56 1931 3 Motor eléctrico 36 voltios "Phaeton Biplace"; scooter con 1´2 PS (100-Ah baterías de 6 voltios en serie(?)) para pilotar pola fábrica
Type 57 1933–1939 Preto de 725 3257 cm³ I8 2× OHC-Motor monobloque, 135 PS (101 kW); turismo
Type 57 C 1937–1940 3257 cm³ I8 "Tank"; 160 PS (119 kW); como o Type 57 pero con compresor; gañou as 24 horas de Le Mans de 1939
Type 57 G 1936–1939 4743 cm³ I8 "Tank"; gañou o Gran Premio de Francia de 1936 e 1937
Type 57 S 1936–1938 17 3257 cm³ I8 175 PS (130 kW); Atalante
Type 57 S/45 1936–1939 4743 cm³ I8
Type 57 SC 1937–1938 3257 cm³ I8 200 PS (150 kW); Atlantic
Type 59 1934–1936 6 ou 7 3257 cm³ I8 250 PS (186 kW) compresor Roots
Type 64 1939 4 4432 cm³ I8 DOHC dúas válvulas; prototipo; caixa de cambios Cotal; freos hidráulicos
Type 68 1946 369 cm³ I4 OHC de catro válvulas, prototipo de coche pequeno
Type 73 1943–1947 2 1488 cm³ I4 DOHC tres válvulas
Type 73 A 1947 1488 cm³ I4 OHC tres válvulas; prototipo de turismo deportivo
Type 73 C 1947 1488 cm³ I4 DOHC catro válvulas; prototipo de carreiras (Monopraza)
Type 101 1951 5 + 1 Prototipo 3257 cm³ I8 135 PS (101 kW); turismo moderno
Type 101 C 1951 3257 cm³ I8 DOHC Dúas válvulas, compresor versión 101, 188 hp, 5200 rpm
Type 101 CX 1966
Type 251 1955–1956 2 2486 cm³ I8 DOHC - Nº 01 de 02
Type 251 1955–1956 2 2486 cm³ I8 DOHC - Nº 02 de 02
Type 252 1956-1962 1 Prototipo 1490 cm³ Prototipo; 4-cilindros; 1´5-Litros; deportivo
Explicación: I4 catro cilindros en liña, e I8 oito cilindros en liña.
Prototipos Coches de carreiras Coches de rúa

Resultados nas carreiras

[editar | editar a fonte]
Ano Carreira Piloto Coche
1921 Voiturettes Grand Prix Ernest Friderich
1925 Targa Florio Bartolomeo Costantini Type 35
1926 Gran Premio de Francia Jules Goux Type 39 A
Gran Premio de Italia Louis Charavel
Gran Premio de España Bartolomeo Costantini
Targa Florio Bartolomeo Costantini Type 35 T
1927 Targa Florio Emilio Materassi Type 35 C
1928 Gran Premio de Francia William Grover-Williams Type 35 C
Gran Premio de Italia Louis Chiron
Gran Premio de España Louis Chiron
Targa Florio Albert Divo Type 35 B
1929 Gran Premio de Francia William Grover-Williams Type 35 B
Gran Premio de Alemaña Louis Chiron
Gran Premio de España Louis Chiron
Gran Premio de Mónaco William Grover-Williams
Targa Florio Albert Divo Type 35 C
1930 Gran Premio de Bélxica Louis Chiron
Gran Premio de Checoslovaquia Heinrich-Joachim von Morgen e Hermann zu Leiningen
Gran Premio de Francia Philippe Étancelin Type 35 C
Gran Premio de Mónaco René Dreyfus
1931 Gran Premio de Bélxica William Grover-Williams e Caberto Conelli
Gran Premio de Checoslovaquia Louis Chiron
Gran Premio de Francia Louis Chiron e Achille Varzi Type 51
Gran Premio de Mónaco Louis Chiron
1932 Gran Premio de Checoslovaquia Louis Chiron
1933 Gran Premio de Checoslovaquia Louis Chiron
Gran Premio de Mónaco Achille Varzi
1934 Gran Premio de Bélxica René Dreyfus
1936 Gran Premio de Francia Jean-Pierre Wimille e Raymond Sommer Type 57 G
1937 24 Horas de Le Mans Jean-Pierre Wimille e Robert Benoist Type 57 G
1939 24 Horas de Le Mans Jean-Pierre Wimille e Pierre Veyron Type 57 C

1956 Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave)

Ano Chasis Motor(es) Rodas Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 Puntos Pos.
1956 Bugatti Type 251 Bugatti 8 en liña D ARG MON 500 BEL FRA RU ALE ITA 0* -*
Maurice Trintignant Ret
  • O primeiro Campionato de Construtores non foi disputado ata 1958.
Bugatti Type 251

Notables achados na era moderna

[editar | editar a fonte]

Os familiares do Dr. Harold Carr atoparon un raro Bugatti Tipo 57S Atalante de 1937 ao catalogar as pertenzas do médico logo da súa morte en 2009. O Tipo 57S do Dr. Carr é notable porque foi orixinalmente propiedade do piloto de carreiras británico Earl Howe. Dado que unha gran parte do equipo orixinal do vehículo estaba intacto, pódese restaurar sen depender das pezas de recambio.[8]

O 10 de xullo de 2009, un Bugatti Brescia Tipo 22 de 1925, que permanecera no fondo de Lago Maggiore na fronteira entre Suíza e Italia durante 75 anos foi recuperado do lago. O Museo Mullin en Oxnard, California comprouno nunha poxa por 351.343 dólares nunha venda en Bonham Retromobile de París en 2010.

Intentos de reactivación

[editar | editar a fonte]

A compañía intentou un regreso baixo a dirección de Roland Bugatti a mediados dos anos 1950 co Tipo 251 de carreiras con motor central. Deseñado coa axuda de Gioacchino Colombo, o coche non puido cumprir coas expectativas e os intentos da compañía na produción de automóbiles detívose.

Na década de 1960, Virgil Exner deseñou un Bugatti como parte dos seu proxecto de " Revival Cars". Unha versión de demostración deste coche foi construída en realidade por Ghia usando o último chasis Bugatti Type 101, e presentouse no Salón do Automóbil de Turín de 1965. Financieiramente non era viable, e Exner dirixiu a súa atención ao renacemento da Stutz.

Bugatti seguiu fabricando pezas de avións e foi vendida a Hispano-Suiza, tamén un ex fabricante de automóbiles que volveuse provedor de avións, en 1963. Snecma fíxose cargo de Hispano-Suiza en 1968. Logo da adquisición de Messier, Snecma fusionou Messier e Bugatti en Messier-Bugatti en 1977.

Intentos modernos

[editar | editar a fonte]

Bugatti Automobili SpA 1987-1995

[editar | editar a fonte]
Bugatti EB110 (1996)
Bugatti EB110 (1996)

O empresario italiano Romano Artioli adquiriu a marca Bugatti en 1987, e fundou Bugatti Automobili SpA. Bugatti encargou ao arquitecto Giampaolo Benedini deseñar a fábrica, que foi construída en Campogalliano, Italia.

En 1989 os plans para o novo renacemento de Bugatti foron presentados por Paolo Stanzani e Marcello Gandini, os deseñadores do Lamborghini Miura e do Lamborghini Countach. Bugatti chama ao seu primeiro vehículo de produción Bugatti EB110 GT. O Bugatti EB110 é anunciado como o coche deportivo tecnicamente máis avanzado xamais producido.

O famoso deseñador de coches de carreiras Mauro Forghieri serviu como director técnico de Bugatti desde 1992 ata 1994.

O 27 de agosto de 1993, a través da súa sociedade de carteira, ACBN Holdings SA de Luxemburgo, Romano Artioli compra Lotus Cars a General Motors. Bugatti fixo plans para sacar as accións da compañía nas bolsas internacionais.

Bugatti presenta un prototipo chamado o EB112 en 1993.

Quizais o propietario máis famoso dun Bugatti EB110 foi o sete veces campión do mundo de Fórmula Un o piloto Michael Schumacher, quen comprou un EB110 en 1994. Schumacher vendeu o seu EB110, que fora reparado logo dun grave accidente en 1994, a Modena Motorsport, un taller que prepara automóbiles de carreiras e servizo Ferrari en Alemaña.

No momento que o EB110 chegou ao mercado, as economías de América do Norte e Europa estaban en recesión. A mala situación económica levou á compañía ó fracaso e as operacións cesaron en setembro de 1995. Un modelo específico para o mercado dos Estados Unidos chamado "Bugatti América" estaba en proxecto, cando a empresa deixou de operar.

Os liquidadores de Bugatti venderon Lotus Cars a Proton unha empresa de Malaisia. A firma alemá Dauer Racing adquiriu a licenza do EB110 e o stock de pezas restante en 1997 co fin de producir cinco vehículos máis do EB110 SS. Estas cinco versións SS do EB110 refináronse grandemente por Dauer. A fábrica de Campogalliano foi vendida a unha empresa de fabricación de mobles, que posteriormente quebrou, deixando o edificio desocupado.[9] Dauer deixou de producir automóbiles en 2011, Toscana-Motors GmbH de Alemaña comprou as accións restantes de Dauer.

Bugatti Automobiles S.A.S. 1998-presente

[editar | editar a fonte]
Bugatti Veyron 16.4
Artigo principal: Automóbiles Bugatti.

Volkswagen adquiriu a marca Bugatti en 1998.

Bugatti Automobiles S.A.S. encargou a Giorgetto Giugiaro de ItalDesign producir o primeiro prototipo de Bugatti, o EB118, un cupé que debutou no Salón do Automóbil de París de 1998. O concepto EB118 ofreceu un 408-quilowatt (555 PS; 547 bhp), cun motor W-18. Logo do seu debut en París, o EB118 concepto móstrase de novo en 1999 no Salón do Automóbil de Xenebra e no Salón do Automóbil de Tokyo.

Bugatti presentou os seus seguintes conceptos, o EB 218 no Salón do Automóbil de Xenebra de 1999 e o 18/3 Chiron no Salón do Automóbil de Frankfurt de 1999 (IAA).

Bugatti Automobiles S.A.S. comezou a ensamblar o seu primeiro vehículo de produción regular, o Bugatti Veyron 16.4 (o 1001 BHP un Automóbil superdeportivo con motor de 8 litros W-16 con catro turbocompresores) en setembro de 2005 na fabrica de Bugatti en Molsheim.[10][11]

Tipo tempo de construción Número producido Posición de montaxe do motor Tipo de motor Observacións Imaxe
EB 118 1998 polo menos 1 Motor central dianteiro W18 Estudo, 414 kW (555 CV), motor W18 de 6,25 l, tracción integral permanente
EB 218 1999 polo menos 1 Motor central dianteiro W18 Sedán (estudo), 414 kW (555 CV), motor W18 de 6,25 l, tracción integral permanente
18.3 Chiron 1999 1 Motor central W18 Estudo, 414 kW (555 CV), motor W18 de 6,25 l, tracción integral permanente
Veyron 16.4 2005-2015 450 Motor central W16 [12] Primeiro modelo de serie baixo xestión VW, 736 kW

En 2010 a versión S superou ao Veyron "normal" con 882 kW e 431 km / h

16C Galibier 2009 1 Motor central dianteiro W16 Estudo con motivo do 100 aniversario da marca [13][14]
Vision Gran Turismo 2015 1 Motor central W16 Estudo desenvolvido en colaboración con Gran Turismo[15]
Chiron desde 2016 previsto: 500 Motor central W16 Sucesor do Veyron, que leva o nome do piloto de carreiras Louis Chiron [16], 1103 kW
Divo desde 2018 previsto: 40 Motor central W16 Variante baseada no Chiron, deseñado para unha maior aceleración lateral, que leva o nome do piloto de carreiras Albert Divo, 1103 kW
La Voiture Noire 2019 1 Motor central W16 Peza única como homenaxe ao Bugatti Type 57 SC Atlantic polo 110 aniversario da marca, 1103 kW
Centodieci 2019 10 Motor central W16 Modelo baseado no Chiron, limitado a dez exemplares. Inspirado no Bugatti EB110 construído entre 1991 e 1995.
Bolide 2020 1 Motor central W16 Estudo que mostra un modelo deseñado para unha construción lixeira.

Liña temporal

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Automobilia". Toutes les voitures françaises 1920 (Salon [Oct] 1919) (Paris: Histoire & collections). Nr. 31: 63. 2004. 
  2. L'Automobiliste, 1971 P. 7
  3. "Bugatti Model 100 at the EAA Museum". Consultado o 2009-01-28. 
  4. "Bugatti Aircraft Association – 100P Airplane". Bugattiaircraft.com. Consultado o 2010-12-31. 
  5. "Streamlined Auto-Rail Car Used in France" Popular Mechanics, December 1934. Books.google.com. Consultado o 2011-11-09. 
  6. "Automobilia". Toutes les voitures françaises 1953 (salon Paris oct 1952) (Paris: Histoire & collections). Nr. 14: Pages 6 & 10. 2000. 
  7. Georgano, G.N. Cars: Early and Vintage, 1886–1930. (Londres: Grange-Universal, 1985)
  8. "1937 Bugatti Atalante Supercar, One of 17, Found in English Garage, Associated Press, January 2, 2009". Huffingtonpost.com. 2009-01-02. Consultado o 2011-05-27. 
  9. Copyright. Est febreiro de 2003. "Bugatti on TradeTwentyfourSeven website". Trade-247.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 2010-12-31. 
  10. "Bugatti: 1,001 horsepower, $1.24 million". CNN. 2005-09-16. Consultado o 2012-07-28. 
  11. "Manufacturing the Veyron". Bugatti Automobiles S.A.S. 2011-11-30. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 2012-07-28. 
  12. Dobre forma de V (non é un motor W real)
  13. Handelsblatt - Thomas Lang: Bugatti Galibier: Chega o sedán de luxo, o 13 de xaneiro de 2013 Arquivado 27 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
  14. Non obstante, actualmente (a partir de 2015), o desenvolvemento deixouse en favor do Quirón. Segundo Dürheimer, este modelo aínda é interesante
  15. "Weltpremiere auf der IAA 2015: „Das ist für die Fans“ Bugatti enthüllt Show Car seines Vision Gran Turismo-Projekts". bugatti.com (en alemán). 14 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2015. Consultado o 09 de xaneiro de 2022.  accedido o 20 de xaneiro de 2016
  16. "Der neue Bugatti heißt Chiron – Weltpremiere in Genf 2016". bugatti.com. 30 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]