Automobili Turismo e Sport
| Automobili Turismo e Sport | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
ATS (Automobili Turismo e Sport) foi un equipo e construtor Italiano de coches de carreiras que operou entre 1963 e 1965, formada logo da famosa " Revolución de Palacio" de Ferrari.
A compañía foi creada por Carlo Chiti e Giotto Bizzarrini, entre outros, coa intención de ser un competidor directo de Ferrari, tanto na pista como na rúa. Chiti e Bizzarrini construíron, co patrocinio da Scuderia Serenissima do Conde Giovanni Volpi, un coche deportivo e un coche de Fórmula 1.

O auto deportivo foi o ATS 2500 GT, un pequeno cupé desenvolvido por Chiti e Bizzarrini cunha carrozaría construída por Allemano. O motor era un V8 de 2´5 L montaxe central deseñado por Chiti, capaz de alcanzar 245 cabalos de forza (180 kW) e unha aceleración de 257 km / h.. Supostamente só foron construídos 12 coches, dos que poucos existen na actualidade. A parte de ser un dos primeiros coches deportivos con motor central o 2500 GT nunca gañou fama ou popularidade, pero converteuse máis adiante no Alfa Romeo Tipo 33.
O coche de F1 foi o Tipo 100, cun potente motor V8 de 1.5 L, o chasis era unha copia virtual do obsoleto Ferrari 156. Os pilotos Phil Hill e Giancarlo Baghetti, tamén fuxindo de Ferrari durante un período de axitación política, asinaron para pilotar o novo coche, pero logo dunha pobre tempada de Fórmula Un en 1963 Chiti viuse obrigado a pechar a porta da escudaría. Máis tarde o ATS sería utilizado no proxecto de F1 de Derrington-Francis encabezado polo ex xefe de mecánicos de Rob Walker, Alf Francis.
Posteriormente o Conde Volpi patrocinou á marca Serenissima que utilizou moita tecnoloxía similar á ATS. Bruce McLaren utilizou un motor Serenissima durante uns poucos grandes premios en 1966.
Logo da desaparición de ATS, Bizzarrini trasladouse a Lamborghini antes de construír os seus propios coches como Bizzarrini, mentres Chiti fundou Autodelta, que traballaría estreitamente con Alfa Romeo nas seguintes décadas .
En 2012, 50 anos despois, ATS comezou a construír 2 novos coches: ATS sport 1000 e 2500 GT.
Resultados completos na Fórmula 1
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Puntos | Pos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1963 | ATS 100 | ATS V8 | D | MON | BEL | NED | FRA | RU | ALE | ITA | USA | MEX | RSA | 0 | 18º | |
| Ret | Ret | 11 | Ret | Ret | ||||||||||||
| Ret | Ret | 15 | Ret | Ret |