Saltar ao contido

Portal:Fórmula 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
editar   

Portal da Fórmula 1

Carreira de Fórmula 1
Carreira de Fórmula 1

A Fórmula 1, referida ás veces na escrita como F1, é un deporte automobilístico en que compiten pilotos profesionais en monoprazas pertencentes a diferentes escuderías en distintos circuítos preparados especialmente co obxectivo de chegar primeiro á liña de meta. O "fórmula" do nome refírese a unha serie de normas e regulacións que tódalas escuderías deben cumprir, mentres que o "1" é porque é a categoría máis alta das competicións de monoprazas, feito que vén respaldado por tratarse do deporte máis caro do mundo e por utilizárense os coches máis rápidos (a miúdo corren a máis de 300 km/h) e potentes (poden acadar cerca de 20000 revolucións por minuto).

(Máis...)


editar   

Artigo salientado

O Gran Premio de San Marino de 1994 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 1 de maio de 1994 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari en Imola, Italia. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1994.

Os sucesos ocurridos nesta carreira significaron un importante punto de inflexión tanto na tempada de 1994, como no desenvolvemento da Fórmula Un, sobre todo no que respecta á seguridade.

O fin de semana viuse empañado pola morte de piloto austríaco Roland Ratzenberger e o do triplo campión do mundo Ayrton Senna en distintos accidentes. Noutros incidentes resultaron feridos o piloto Rubens Barrichello e varios mecánicos e espectadores.

(Máis...)


editar   

Fotografía salientada


editar   

Clasificacións

Piloto Escudería Puntos
Oscar Piastri McLaren 346
Lando Norris McLaren 332
Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT 306
Escudería Puntos
McLaren 678
Mercedes 341
Ferrari 334
Clasificacións finais do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2025 Vexa 2025 para un resumo completo da tempada e formula1.com para a clasificación e estatísticas completas.


editar   

Sabías que...


editar   

Novas de Fórmula 1


(arquivo)
2025

No Gran Premio de Italia de 2025 Max Verstappen (Red Bull) conseguiu a pole position coa volta máis rápida da historia da Fórmula Un a unha velocidade media de 264,681 km/h, superando un récord que ostentaba Lewis Hamilton da edición de 2020.


editar   

Vindeiro evento


editar   

Categorías


editar   

Wikiproxectos